sábado, 30 de noviembre de 2013

VÍDEO DE EDUCACIÓN VIAL(EDUCASAÚDE)

No programa educasaúde vimos estes debuxos animados que tratan da importancia de levar o cinto de seguridade, non usar o móbil mentres conducimos,etc.
 

viernes, 29 de noviembre de 2013

ALEX FUERA CHUCHES(CONTO EDUCA SAÚDE)

No programa educasaúde tamén nos contaron este conto no que un neno ao que lle encantan as chuches, entende que hai outras cousas máis ricas e saudables.

EL DESAYUNO MÁGICO(CONTO EDUCASAÚDE)

No programa educasaúde contáronnOS estes conto que trata dunha nena que non quería almorzar, pero que despois, entende que así non ten forza e dcide tomat todo o que lle poñen para almorzar:galletas,zume, cereais...

EDUCASAÚDE(SESIÓN MÉDICA)

Na primeira sesión de educa saúde faláronnos da importancia do almorzo.É moi importante para ter enerxía no cole.
Tamén nos dixeron que non debíamos comer moitas chuches porque son malas para os nosos dentes e porvocan caries.
É moito mellor comer froita que está boísima e ten moitas vitaminas.
Para rematar, vimos debuxos animados de Educación Vial no que aprendimos a importancia de levar o cinto de seguridade, non usar o móbil mentres se conduce,etc.

jueves, 28 de noviembre de 2013

CONTO DE PICASSO

A profe Sofía amosounos un conto que tiña un resumo da vida de Picasso.
Aprendemos moitas cousas: Que o nome de Picasso é Pablo,que os seus pais chámanse José Luis e María, que pintou o seu primeiro cadro cando tiña 8 anos, que veu vivir á Coruña cando tiña 10 anos,etc.
 

viernes, 22 de noviembre de 2013

CGAI (CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE)

Os gatiños e os coelliños fomos ver a película "As andanzas da pequena toupa" no CGAI.
Trata dunha toupa que vive experiencias divertidas en distintas situacións: no zoo, coa música, cun transmisor, de pintora , fotógrafa e coa estrela verde.
Portámonos moi ben e estivemos moi atent@s. 
ENLACE Á PÁXINA DO CGAI ENLACE ÁS ANDANZAS DA PEQUENA TOUPA
Krtecek - 7 por zdnovy

jueves, 21 de noviembre de 2013

CONTO "ÓLIVER Y SUS AUDÍFONOS"

Os gatiños e os coelliños tivemos unha visita moi especial.Visitounos a asociación coruñesa de promoción dos xordos.
Contáronnos un conto precioso:"Óliver y sus audífonos".
Aprendimos moitísimas cousas: qué é un audífono, para qué serve, qué é un implante coclear e agora xa sabemos que éstes aparatos axudan a facer a vida das persoas xordas máis doada. 

                    ENLACE   CONTO  ÓLIVER  Y  SUS  AUDÍFONOS

miércoles, 20 de noviembre de 2013

REMUÍÑO DE IDEAS E POWERPOINT SOBRE PICASSO

A profe Sofía preguntounos cousas sobre os pintores:se sabíamos o que era un cadro, con qué pintan os pintores...
Despois, os gatiños e coelliños vimos varios cadros de Picasso na pantalla dixital.

AGASALLO DOS PEIXIÑOS

Os peixiños fixéronnos un agasallo aos gatiños para darnos a benvida ao cole.Que debuxos tan bonitos nos fixeron!
Moitas grazas peixiños.

lunes, 18 de noviembre de 2013

A NOSA MASCOTA

Os gatiños temos unha mascota.É unha gatiña á que lle puxemos de nome Rosita e que por orde de lista levaremos a casa os venres.
Así , ademais de xogar con ela , aprendemos o importante que é coidar dos animais aínda que sexan de xoguete.