miércoles, 29 de noviembre de 2017

CAIXA DO BEBÉ

Na clase, ademais de ter un recanto con moitísimas cousas que trouxeron as nosas familias, temos unha caixa sensorial do bebé.
Alí podemos ver e tocar moitas cousas que son necesarias para o coidado do bebé:peite, champú, crema...
Pero o que máis nos chamou a atención foi "o cordón umbilical" que en realidade era unha tripa de porco.Algúns atrevímonos a tocalo e a outros nos daba un pouco de noxo.
Tamén temos un boneco moi pequeniño nun bote e así,   supoñemos que éramos nós cando estabamos na barriga de mamá.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 17 de noviembre de 2017

VÍDEO " EN EL VIENTRE MATERNO"

Unha das primeiras actividades que fixemos dentro do proxecto do bebé foi ver o  vídeo "En el vientre materno".
Como é moi longo, vímolo en varios días pero encantounos e estivemos moi atent@s.

En el vientre materno. National Geographic from Dimensión Biologica on Vimeo.

martes, 14 de noviembre de 2017

VISITOUNOS UN CARTEIRO

O venres tivemos unha visita especial: Visitounos Alex, o papá de Luisa, unha coelliña.Explicounos en qué consiste o seu traballo e despois, puxemos un selo nun sobre no que aparecía a nosa dirección.Logo, metemos as cartas nunha urma para que Alex as levase.
En breve, vainos chegar unha carta ou ao mellor xa nos chegou..
Moitas grazas á familia de Luisa.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 10 de noviembre de 2017

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Tamén pintamos unha castaña para festexar esta festa tan tradicional  e facer así o colar do magosto.
Despois, comemos as castañas.
Que ricas!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

APARELLO DAS CASTAÑAS

O primeiro que fixemos para celebrar o Magosto foi decorar o noso aparello para as castañas.Estampamos a nosa man e despois,, pintámolo coas cores do outono.
Que bonito!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

MURAL DO MAGOSTO

Fixemos un mural do magosto con follas de outono e castañas.
Quedounos precioso!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 9 de noviembre de 2017

lunes, 6 de noviembre de 2017

VISITA DA SANTA COMPAÑA

O martes 31 despois do recreo visitounos a Santa Compaña.
Xuntámono todos moi xuntiños no medio da clase e non tivemos ningún medo porque xa sabemos que son os nen@s maiores de primaria disfrazad@s.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

AS NOSAS CABAZAS

Polo Samaín, tamén trouxemos cabazas ao cole.
Decorámoolas coa axuda das nosas familias.
Moitas grazas pola vosa colaboración.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

MURAL DO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, fixemos un mural, Pintamos árbores do outono, cabazas, unha pantasma...
Quedounos moi terrorífico!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow