jueves, 17 de diciembre de 2015

VISITOUNOS O CARTEIRO REAL

Hoxe tivemos unha visita moi especial,pois veu ao cole o Carteiro Real.
Primeiro escribimos a carta.Algúns pedimos moitísimas cousas, outros algunhas menos "porque xa lle pedimos tamén a Papá Noel" pero todos a fixemos con moita ilusión.
Despois, entregámoslla ao Carteiro Real que nos dixo que llas faría chegar aos Reis Magos.
Estábamos entusiasmad@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario