martes, 26 de enero de 2016

VISITA AOS BOMBEIROS

O venres 22 de xaneiro fomos aos bombeiros.
Alí , Ricardo ,un dos bombeiros, explicounos cómo traballan.
Díxonos que o número ao que hai que chamar se hai un incendio é o 080.
Estivemos na sala onde se reúnen, na cociña, no ximnasio...
Ricardo  díxonos que se reparten o traballo e que cada un ten unha función:limpar os camións , comprobar que todo o material está ordenado.Amosounos os materiais cos que trabllan: mangueira, machada...Tamén vimos extintores coma os que hai nos edificios.
Para poder realizar o seu traballo, levan unha roupa especial que pesa 32 Kilos!
Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi poder entrar na cabina do camión e probarnos o casco.
Viñemos encantados da visita.
Moitas grazas a Ricardo que nos explicou todo tan ben e foi moi simpático.

No hay comentarios:

Publicar un comentario