domingo, 23 de diciembre de 2012

NADAL


-No Nadal fixemos moitas actividades:os adornos para a nosa árbore,un mural,unha postal, o noso propio Papá Noel...
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e polas estrelas tan bonitas do noso corredor.



-Visitounos Papá Noel e entregámoslle as nosas cartas.
-Tamén lle escribimos a carta aos Reis Magos e metémolas na caixa do correo real.
 


-No festival de Nadal,cantamos catro panxoliñas.Estábamos moi guapos tod@s vestidos iguais e co noso gorro de Papá Noel.
Fixémolo xenial e aplaudíronnos moito.


-Despedimos a profe Tania que nos fixo un agasallo precioso.
 Esperamos que nos veña visitar.QUERÉMOSTE TANIA!
E así rematou a nosa celebración do Nadal.

-Aquí tedes unha lista de libros relacionados co Nadal :
  -Érase una vez la Navidad
  -El secreto de Papá Noel
  -O Apalpador
  -Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis
  -La historia de los Reyes Magos
  -La magia de la Navidad
  -Querido Papá Noel
  -¡Feliz Navidad!
  -¡Ya llega la Navidad!
 
 

miércoles, 19 de diciembre de 2012

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Para celebrar o día da Constitución,vimos dous capítulos de debuxos animados:un de Peppa pig e outro de Caillou.Despois tivemos que votar o que máis nos gustou nun sitio afastado e sen dicir nada de a quen íamos votar porque o voto é secreto.
Gañou Peppa con 15 votos.
 

VOGAIS




jueves, 13 de diciembre de 2012

BIBLIOTECA DE DURÁN LORIGA

Os gatiños e os coelliños fomos á biblioteca de Durán Loriga.
Alí ,a escritora Dores Tembrás presentounos o seu novo libro de poesía "O peizoque Roque" que trata dun paporroibo ao que lle gusta comer palabras.

jueves, 29 de noviembre de 2012

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Os gatiños e coelliños fomos ao Museo de Belas Artes.Alí había
moitas obras de arte:cadros relacionados coa mitoloxía (Ícaro),
retratos(Mariana de Austria e a súa nai...),unha lámina das Meninas,etc.A Diego Mella puxéronlle unha perruca e as luvas dos personaxes de época.Estaba moi gracioso!
Gustounos moito unha obra de Sorolla na que aparecían uns bois enormes.
Aprendimos a identificar as ferramentas e materiais que empregan
os pintores(pinceis,acuarelas...).
Tamén nos encantou unha talla de madeira de Asorey que representaba a unha nena galega coas súas zocas.
Parámonos a admirar dúas obras preciosas:unha de Picasso que retrataba a unha amiga chamada Dora e unha mariña de Urbano Lugrís.
   
Para rematar a visita,convertémonos en artistas e pintamos o noso propio cadro do Duque de  Parma.   
                                                

viernes, 23 de noviembre de 2012

MENINAS

              AUDIOGUÍA  DAS  MENINAS
Os gatiños e os coelliños vimos a audioguía sobre as Meninas do
" Museo del Prado".Gustounos tanto que queremos compartir este
material coas familias.




        MENINAS DOS GATIÑOS E COELLIÑOS
Parabéns ás familias polas Meninas tan bonitas que trouxeron ao colexio.
Quedaron preciosas no noso corredor.Moitas grazas pola vosa colaboración.


        MURAL DA INFANTA MARGARITA
Os gatiños traballamos moito para facer o mural da Infanta Margarita.Quedounos moi bonito.


   
   RECANTO  DAS  MENINAS
Para levar a cabo o proxecto, na clase tiñamos material relacionado coas Meninas.Moitas cousas foron aportadas polas familias.

 

viernes, 16 de noviembre de 2012

MAGOSTO

Para celebrar o Magosto fixemos varias actividades:
-Un mural sobre o conto de Dona Castaña Pilonga



  -Decoramos o noso recipiente para as castañas

-Fixemos a nosa coroa do Magosto


-Comemos as castañas.Que ricas estaban!
-E bailamos todos xuntos no patio para rematar a festa.



 
 
 
    

miércoles, 31 de octubre de 2012

Samaín

No Samaín tamén fixemos varias cousas:
-Grilandas para o noso corredor.




  - Un mural cos debuxos de medo que pintamos.




- Trouxemos cabazas.Canto traballamos e que ben nos quedaron!



-Dous compañeiros( Javier e Rubén) trouxeron os seus disfraces de pantasma e esquelete.Gustáronnos moito  e estaban moi guapos.

-Visitounos a Santa Compaña.  Quedamos abraiados mirando para eles.




 
 
- As nosas mestras ( María e Tania) maquilláronnos con motivos do Samaín(cabaza,araña...).   
    
                                  
- E así rematou o día e tamén o Samaín.

                       
 Aquí tedes unha lista de libros de lectura de medo:
          - A bruxa regañadentes
          - Encender la noche
          - Quen lle ten medo á bruxa?
          - Os tres bandidos
          - Un  pesadelo no meu armario
          - Hay un oso en el cuarto oscuro
          - A min non me comas!
         
  
    

lunes, 29 de octubre de 2012

Outono

Os gatiños fixemos varias actividades relacionadas co outono:
 -Un mural(aí tedes o resultado final)

 -Unha exposición de froitos e follas de outono







  
 

Os gatiños xa estamos na clase de cinco anos


                      Falta a nosa compañeira Nerea que está maliña e esperamos que se recupere canto antes.