martes, 27 de febrero de 2018

TRABALLO SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

Para Conmemorar o Día de Rosalía debuxamos o seu retrato.
A verdade é que o fixemos moi ben porque era unha tarefa moi difícil.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 23 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro.
Para conmemorar ese día estamos a traballar con estes vídeos.

                                   

viernes, 16 de febrero de 2018

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O venres 9 celebramos o entroido.Fomos disfrazad@s de cangrexos.
Non puidemos saír en comparsa polo tempo, pero saímos a desfilar polo patio.
Divertímonos moito!
María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 5 de febrero de 2018

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz, saímos todos ao patio.Primeiro, lemos as mensaxes de paz.A dos gatiños era " Xogar xuntos".
Despois, cantamos a canción "Paz, paz,paz " de Juanes.
Logo, uns compañeir@s de primaria deleitáronnos cuns bailes e para rematar, tod@s xunt@s bailamos dúas danzas.
Pasámolo moi ben!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 2 de febrero de 2018

MURAL DA PAZ

Para  celebrar o Día da Paz, fixemos un mural.Pintamos uns peixes que tiñan palabras relacionadas coa paz.
Quedounos moi bonito!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow