miércoles, 21 de diciembre de 2016

6ª ACT. ARTE:FOMOS AO PARQUE

Outra actividade do proxecto de arte foi ir ao parque que temos preto do cole.
A profe Loli amosounos un cadro de dúas señoras sentadas nun banco e nós puidemos comprobar o que podemos facer nun parque:xogar coas follas, sentarse nun banco...                

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

POSTAL DE NADAL

Fixemos unha postal para felicitar as nosas familias.
Quedounos moi bonita!
BO NADAL!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 20 de diciembre de 2016

ESCRIBIMOS A CARTA AOS REIS MAGOS

Hoxe, a primeira hora viñeron @s alumn@s de 6º a nosa clase para axudarlles a  escribir a carta aos Reis Magos.
Moitas grazas a tod@s @s nen@s por axudarnos e tamén a súa profe Juana.

María Muñiz Barreiro's Slidely by Slidely Slideshow

VISITA DO CARTEIRO REAL

Hoxe tivemos unha visita moi especial:visitounos o Carteiro Real.
Estábamos moi emocionad@s e dixémoslle que éramos moi bos.
Despois, deunos uns caramelos.
 agora a agrdar que nos traian todo o que pedimos!

María Muñiz Barreiro's Slidely by Slidely Slideshow

CANCIÓN DE NADAL

Para celebrar o Nadal, estivemos aprendendo a canción de Rudolph.
Ademais, vimos a película que nos encantou.
                              ENLACE PELÍCULA RUDOLPH

viernes, 16 de diciembre de 2016

VOTACIÓN DO PROXECTO DE CENTRO

O venres 9 de decembro tivemos a votación do proxecto de centro.
Había que escoller entre:
-Con rumbo polo mundo
-Miña casiña, meu lar
Os gatiños votamos case todos o segundo pero finalmente gañou "Con rumbo polo mundo".

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 9 de diciembre de 2016

MUSEO DE BELAS ARTES

 O mércores 7 de decembro fomos ao museo de Belas Artes.
Vimos cadros de Luis Seoane. o artista  que estamos a traballar no proxecto de arte e tamén de Urbano Lugrís.
Gustounos moito unha escultura xigante que bautizamos co nome de paxaropeixe porque parecíase a estes dous animais.
Despois fixemos o noso libro con pegatinas dos cadros que vimos e fixemos a nosa propia obra de arte.
Canto sabemos de arte!
María Muñiz Barreiro's Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 2 de diciembre de 2016

5ª ACTIV. ARTE:DEBUXAMOS CUNCHAS

E como aprendimos tanto das mariscadoras e as cunchas que apañan, decidimos debuxalas.Pintamos algunhas marróns, outras negras...
María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow