martes, 24 de febrero de 2015

ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

Durante esta semana estamos a traballar o poema de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes", para conmemorar desta forma o  aniversario do seu nacemento.
Aquí vos deixo a versión que estamos escoitando.

CELEBRACIÓN DO ANO NOVO CHINÉS

Para celebrar o ano novo chinés, vimos vestid@s de vermello que é a cor da felicidade e da boa sorte.Levamos a cabo unha das súas tradicións que consiste na entrega aos nen@s dun sobre vermello con diñeiro.Quedamos abraiados pero démonos conta de que o billete era falso.
Tamén comentamos outros rituais coma o de limpar a casa para desfacerse de toda a enerxía negativa acumulada durante o ano pasado.
Despois , coma en toda festa bailamos e cantamos.
BENVIDO O ANO DA CABRA!

jueves, 19 de febrero de 2015

ANO NOVO CHINÉS

O 19 de febreiro comeza o ano novo chinés.Este ano é o ano da cabra que non gusta moito aos chineses porque o consideran un signo dócil.
Os seus preferidos son o tigre , o cabalo e o dragón.
Aquí vos deixo un enlace para saber máis cousas do zodíaco chinés.
ENLACE

ENTROIDO

No entroido fomos de chineses e chinesas.
Estabamos moi guap@s maquillados e vestidos cos nosos traxes.
Foi unha mágoa que o tempo non nos acompañou e non puidemos facer o desfile.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.

viernes, 13 de febrero de 2015

POSTAL DE SAN VALENTÍN

Para felicitar as nosas familias polo San Valentín fixemos unha postal .
Puxemos moito empeño para que nos quedaran moi bonitas.

CONTO "LOS AMANTES MARIPOSA"

Para celebrar o San Valentín vimos o conto "Los amantes mariposa" que é unha lenda oriental sobre unha parella de namorados.
É un conto precioso tanto polo seu argumento como polas súas ilustracións  e  música.
                                  

martes, 10 de febrero de 2015

MAC

O xoves 5 de febreiro fomos ao MAC.Alí puidemos ver cousas impresionantes: cómo coa luz ultravioleta vemos obxectos  e brillan na escuridade coma por exemplo un tatuaxe que nos fixeron.
Tamén vimos que algúns artistas fan obras de arte moi variadas:unha escultura dunha proteína e de virus vistos cun microscopio, cadros feitos con fíos,etc.
Despois, fixemos puzles máxicos que só se ven cando lle poñemos a luz ultravioleta e debuxamos o noso propio virus. 
Para rematar vimos unha dramatización de cómo acabar cos virus que nos encantou.
Pasámolo xenial e aprendimos moitísimas cousas.

lunes, 9 de febrero de 2015

CELEBRACIÓN DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz tiñamos que facer un papaventos    cunha frase relacionada con ese día tan bonito.
O lema dos gatiños foi " Somos distintos pero iguais" porque xa sabemos que no mundo hai distintas razas e culturas pero todos temos os mesmos dereitos.
O venres por fin puidemos saír a festexar este día.
Cada clase foi lendo o seu lema e Hugo foi o representante dos gatiños.
Despois unhas nenas de 3º viñeron bailar unha danza chinesa.
Fixérono xenial!
 E así rematou a celebración do Día da Paz.

FIXEMOS UN VIRAVENTOS DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, fixemos coa profe Angélica e coa profe Chus un viraventos cun debuxo noso no que puxemos unha pombiña.
 

viernes, 6 de febrero de 2015

AGASALLO DA FAMILIA DE HUGO

O mércores 4 de febreiro con motivo do cumpreanos de Hugo , a súa familia fíxonos un agasallo que nos encantou: o papá de Hugo leunos un dos seus contos preferidos "Peligro" que nos ensina  por medio dun lobo moi curioso, qué cousas non debemos facer os nenos(xogar co lume, coa electricidade...).
Foi sen dúbida un conto moi divertido pero tamén didáctico.
Ademais tamén nos trouxeron un biscoito que estaba riquísimo.
Moitas grazas á familia de Hugo.