lunes, 30 de mayo de 2016

AGASALLO DA FAMILIA DE MARÍA

A semana pasada foi o cumpreanos de María.
Por ese motivo, O seu pai agasallounos coa lectura dun libro.
Gustounos moito e estivemos moi atent@s.
Moitas grazas á familia de María.

martes, 24 de mayo de 2016

CELEBRACIÓN CONXUNTA DAS LETRAS GALEGAS

E para rematar coa celebración das Letras Galegas , tivemos a celebración conxunta de todo o cole.
Recitaron poesías de Manuel María e tocaron coa pandeireta unha canción.
Despois, tiñamos que debuxar no patio cousas relacionadas con Manuel María ou con Galicia.Houbo de todo: a bandeira de Galicia, o sol , o caracol...

lunes, 23 de mayo de 2016

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O xoves 19 celebramos a día das Letras Galegas en infantil.Os coelliños e os gatiños como somos os maiores de infantil fomos os encargados de explicar algo da biografía de Manuel María e recitamos algúns versos dos seus poemas.
Ese día celébrase ademais o 153 anoversario de "Cantares Gallegos" o libro de Rosalía de Castro.
Fixémolo moi ben!
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Para rematar a festa, probamos a tarta de chuches que foi a maneira máis doce de celebrar as Letras Galegas.

jueves, 19 de mayo de 2016

TRABALLOS DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas tiñamos que escoller algún poema de Manuel María e ilustralo.
Nós escollimos o da lúa e o do sol.
Puxemos moito empeño e distribuímos o traballo: uns escribimos, outros pintamos...
Quedaron moi ben!
 

DÍA DA FAMILIA

Para celebrar o Día da Familia fixemos unha sorpresa relacionada co proxecto de centro " Que pintamos hoxe?".
Escollimos  o cadro "Os xirasois " de Van Gogh.
Quedaron preciosos!
 

viernes, 13 de mayo de 2016

ACTIVIDADES EN LIÑA

Aquí vos deixo algunhas actividades en liña sobre Manuel María.
Algunhas xa as fixemos na clase e aos nenos encántanlles!
ENLACE

BIOGRAFÍA DE MANUEL MARÍA

Aquí vos deixo un enlace onde podedes aprender algunhas cousas de Manuel María , o autor homenaxeado nas Letras Galegas.
Nós xa sabemos moitísimas cousas porque imos facer unha exposición para os nenos e nenas de infantil.

viernes, 6 de mayo de 2016

CGAI

O mércores 4 de maio fomos ao CGAI e vimos a película"  Kerity la casa de los cuentos".É realmente preciosa polo argumento, personaxes, decorados...
Aquí vos deixo o vídeo por se vos apetece vela.

FOTOS TEATRO CALVO SOTELO

O luns 2 de maio tivemos a nosa representación da nosa obra de teatr "Magia en las nubes" no Calvo Sotelo.
Estábamos guapísim@s vestid@s dos nosos personaxes e fixémolo xenial aínda que pasamos moitos nervios.
Moitos grazas ás familias pola vosa colaboración e especialmente á familia de Dani polas fotos e os vídeos.
Aquí vos deixo as fotos e o vídeo vos darei unha copia a cada familia.