martes, 28 de mayo de 2013
viernes, 24 de mayo de 2013
miércoles, 22 de mayo de 2013
jueves, 16 de mayo de 2013
CELEBRACIÓN CONXUNTA
No cole, tivemos varias actividades para celebrar o Día das Letras Galegas.
O mércores vimos dúas obras de teatro:Polgariño e Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis.Gustáronnos moito!.
O xoves ademais da nosa festa, tivemos unha artista invitada: a gaiteira Susana Seivane.Pasámolo moi ben cantando e bailando.
Despois da súa actuación, Susana escribiunos unha dedicatoria.
E para rematar, Sara , a directora, leunos unha carta de Cascarilla na que nos dicía que tiña un agasallo para nós que nos entregou a profe Lidia.
E así acabou a nosa celebración das Letras Galegas.
FESTA DE EDUCACIÓN INFANTIL
Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos todos xuntos o Día das Letras Galegas.
Primeiro, os gatiños e os coelliños presentamos ao autor homenaxeado, Roberto Vidal Bolaño e falamos da súa vida e obra.
Logo, recitamos as tres primeiras estrofas de "Adiós ríos,adiós fontes" de Rosalía de Castro xa que hai 150 anos que se publicou o seu libro "Cantares Gallegos".
E para rematar,comemos unha tarta de chuches.Que boa estaba!
miércoles, 15 de mayo de 2013
DÍA DA FAMILIA
Os gatiños fixemos o agasallo para as nosas familias con moito esmero.Cando o rematamos, posamos moi fachendosos.
martes, 14 de mayo de 2013
LIBRO SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO
Os gatiños fixemos o noso propio libro sobre Roberto Vidal Bolaño,no que aparecían datos importantes da súa vida e obra.
viernes, 10 de mayo de 2013
martes, 7 de mayo de 2013
lunes, 6 de mayo de 2013
RUTAS URBANAS(XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ)
Nas rutas urbanas fomos aos xardíns de Méndez Núñez.Alí aprendemos unha morea de cousas sobre a cidade , de cómo eran antes os xardíns e qué edificios había.
Ademais no Palco da Música convertémonos en músicos.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito xogando.
viernes, 3 de mayo de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)