viernes, 19 de diciembre de 2014

VISITA DE PAPÁ NOEL

O venres tivemos unha visita moi especial:Papá Noel.
Contounos un conto moi bonito que fala da importancia de desfrutar estando coa nosa familia e non darlle tanto valor ás cousas materiais.Despois, entregámoslle as nosas cartas pero tivemos que darnos moita présa porque tiña que marchar para estar con outros rapaces.

DESPEDIDA DA PROFE IRENE

O venres 19 de decembro foi un día ledo e á vez triste.Estábamos moi content@s porque tiñamos vacacións pero tamén tristes porque despedíamos á profe Irene.
Fixémoslle un agasallo e ela tamén nos regalou o conto "El pincel mágico" .
Despois sacamos unha foto cos nosos disfraces de artista.
Moitas grazas Irene por todo e un bico enorme.

CARTA AOS REIS MAGOS

Hoxe fixemos a carta para os Reis Magos.Estábamos moi nervios@s porque non sabíamos que pedir e puxemos moitas cousas.Agora só queda esperar e ver se nos traen todo o que pedimos.

CGAI

O mércores 17 fomos ao CGAI.Vimos a peli " O bosque animado".
Foi un pouco longa pero gustounos moito.

martes, 16 de diciembre de 2014

VOTACIÓN DO PROXECTO DE CENTRO

O luns 15 de decembro tivemos que votar o proxecto de centro.
Había que elexir entre dous temas:China e a luz.
O gañador foi China.

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DE ARTE

Para rematar o  proxecto de arte, fixemos unha exposición cos nosos traballos  para que os puidesen ver as nosas familias e o resto do cole.
Aprendimos moitísimo e disfrutamos aínda máis facéndoos.
Moitas grazas á profe Irene por todo o que nos ensinou.


DECORACIÓN DO NOSO CORREDOR

Para celebrar que se achegaba o Nadal decoramos a nosa clase e o corredor.Moitas grazas ás familias polas árbores tan bonitas que trouxeron.

ADORNOS PARA AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL

Tamén fixemos adornos para poñer nas árbores que temos nas nosas casas: unhas campás e uns anxos coas nosas caras.
Que bonitos quedaron!

FAMILIAS ARTISTAS

Unha actividade moi divertida consistiu en pegar as fotos dos membros da nosa familia nun cadro como se formásemos parte del.
Quedaron xeniais  e moi graciosos!

jueves, 11 de diciembre de 2014

6ª ACT. ARTE:FIXEMOS ESCULTURAS

E coma xa somos  uns expertos artistas , convertémonos en escultores.
Fixemos unha escultura coma as de Miró con cores vivas.
Quedaron moi bonitas! 

MURAL DE NADAL

Os gatiños fixemos un mural para celebrar que xa se achega o Nadal.Puxemos especial empeño porque queremos que lle guste a Papá Noel e así ter moitos agasallos.
Bo Nadal!
 

5ª ACT. ARTE:OS NOSOS NOMES EN VIDRIEIRA

Unha actividade moi laboriosa consistiu en pintar os nosos nomes coma se fosen vidrieiras.Pintamos con rotulador e era moi complicado porque eran anacos moi pequenos .
Quedaron preciosos e son dignos de enmarcar, polo que seguro terán un sitio na nosa habitación.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

MERENDA DE OUTONO

 O martes 9 de xaneiro tivemos unha merenda de outono.Foi a maneira de rematar as actividades que estábamos a facer sobre o ooutono.
Tróuxemos distintas froitas desta época do ano:mango, pomelo, mandarina, plátano, piña, uvas brancas e negras e granada.
Algúns non sabíamos que as uvas podían ser brancas ou negras, nin probáramos nunca algunha das froitas.
Aprendemos que hai froitas moi ácidas e outras máis doces.
Probamos de todo e gustounos especialmente o mango e a piña. 

jueves, 4 de diciembre de 2014

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Para explicar o significado da Constitución empregamos contos ou debuxos coñecidos polos nen@s.

CARAPUCHIÑA VERMELLA non ía á escola pero ten dereito á EDUCACIÓN.
 
AO  SOLDADIÑO DE CHUMBO FALTÁBALLE UNHA PERNA PERO TEN DEREITO Á SANIDADE.
                                              

 
A HANSEL Y GRETEL ABANDONÁRONOS NUN BOSQUE PERO TEÑEN DEREITO A UNHA FAMILIA.
                             
 
AOS TRES PORQUIÑOS, O LOBO DERRIBOULLES A SÚA CASA PERO TEÑEN DEREITO A UNHA VIVENDA.

O PARRULIÑO FEO NON TEN AMIGOS POR SER DISTINTO PERO TEN DEREITO Á IGUALDADE , Á AMIZADE E A QUE O QUEIRAN TAL E COMO É.
                                   

 
OS REIS MAGOS SON DIFERENTES PERO QUERÉMOLOS A TODOS POR IGUAL.
                 
                                                    

miércoles, 3 de diciembre de 2014

MÚSICA NO COLE

O mércores 26 de outubro tivemos no cole unha sorpresa:Luis o pai de Mateo,un osiño ,Alex o pai de Xoel ,un coelliño e Luisa unha amiga tocaron para nós varios instrumentos: a frauta, a gaita e a batería.Quedamos abraiados mirando para eles e algúns puidemos tocalos.

martes, 2 de diciembre de 2014

PRESENTACIÓN POWERPOINT DO PROXECTO DE ARTE

·3ª ACTIV. ARTE: UN MURAL DE MONET

Outra actividade de arte consistiu en facer un mural dun cadro de Monet empregando a técnica do puntillismo que é pintar mediante puntos.
Foi un pouco complicado porque tiñamos que facer os puntiños moi xuntos para que quedara ben pero o resultado é impresionante.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

4ª ACT. ARTE:ANDY WARHOL

Outra actividade de arte consistiu en pintar o noso retrato coma o facía Andy Warhol con colores moi brillantes.
Agora xa sabemos que este artista naceu en USA e que lle gustaba pintar a persoas famosas coma Marilyn Monroe.
O resultado foi impresionante!

lunes, 24 de noviembre de 2014

2ª ACT. ARTE:FACEMOS OS NOSOS TRAXES DE ARTISTA

A segunda actividade do proxecto de arte consistiu en facer os nosos traxes de artistas.Quedaron preciosos e imos estar guapísim@s con eles!

viernes, 14 de noviembre de 2014

QUE RICAS AS CASTAÑAS!

E así rematou a celebración desta festa tan tradicional.

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Aínda que o non puidemos saír ao patio a come-las castañas porque chovía,pasámolo moi ben cantando as cancións que aprendemos e comendo as castañas na clase coma se estivesemos en familia.
Despois xogamos a encestar castañas.Qué divertido!

COROA DO MAGOSTO

Tamén fixemos unha coroa para celebrar esta festa tan enxebre.
Que guap@s estábamos!

PORTA-CASTAÑAS

Os gatiños decoramos a nosa caixa para as castañas con motivos relacionados co magosto:pintamos unha castaña , un ourizo e a folla do castiñeiro.Que bonitos quedaron!

MURAL DO MAGOSTO

Os gatiños fixemos un mural para celebrar que chegaba a festa do magosto.Traballamos moito pero que guapa que nos quedou a nosa castañeira!

miércoles, 12 de noviembre de 2014

1ª ACTIV. DO PROXECTO DE ARTE: QUÉ É A ARTE?

A primeira actividade sobre o proxecto de arte consistiu en escoitar o conto que a profe Irene nos contou que se titulaba" A arte".
Despois, tivemos que debuxar o que para nós era a arte.Houbo respostas de todo tipo:ser creativo, debuxar o que me gusta... 
Fixemos uns debuxos moi bonitos e diferentes.
 

viernes, 7 de noviembre de 2014

TEATRO NO FÓRUM

O xoves 6 de novembro fomos ao Fórum ver a obra de teatro "El jardín".
Trata dunha semente que aínda que é plantada nun terreo malo consegue florecer e dar lugar a un xardín.
Gustounos moito porque as actrices eran moi graciosas.
 

jueves, 30 de octubre de 2014

FELIZ SAMAÍN


POSTRE DE MEDO

E como en toda festa non podía faltar o postre:galletas e chuches do samaín.Que ricas estaban!

VISITOUNOS A SANTA COMPAÑA

Tivemos unha visita moi terrorífica:A Santa Compaña.Non nos asustamos tanto coma o ano pasado e ademais nos explicaron que son nen@s disfrazad@s.
Observámolos moi atent@s e caladiñ@s.



PINTAMOS A CARA

Tamén pintamos a cara para converternos en gatos negros e agora xa sabemos que é un animal que soe acompañar ás bruxas e ademais é un símbolo de mala sorte.
Mirade qué guapos!.

31 DE OUTUBRO:DÍA DO ENSINO


EDUCAR…
 
Educar es lo mismo
que poner motor a una barca…
hay que medir, pesar, equilibrar…
… y poner todo en marcha.
Para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia
concentrada.
 
Pero es consolador soñar
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes,
hacia islas lejanas.
 
Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera
enarbolada.
(Gabriel Celaya)

miércoles, 29 de octubre de 2014

HALLOWEEN SONG:SPOOKY, SPOOKY


AS NOSAS CABAZAS

Polo Samaín ademais levamos as nosas cabazas ao cole.
Que bonitas nos quedaron e canto traballamos coas nosas familias.
Ademais,decoramos a clase e o corredor para crear así un ambiente de medo.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.

MURAL DO SAMAÍN

Os gatiños fixemos un mural sobre o samaín.Pintamos morcegos,arañas,vampiros, cabazas...e aínda que é unha festa de medo a nós gústanos moito.
Quedounos moi terrorífico!

CANCIÓN DOS ESQUELETOS

viernes, 10 de octubre de 2014

AS NOSAS CREACIÓNS

Xa chegou unha nova estación: o outono.Estivemos falando sobre as cores do outono: verde, amarela, marrón , laranxa e vermellla.Sabemos que nesta época do ano as follas caen e o campo aparece cuberto desas cores.
Despois fixemos os nosos debuxos sobre o outono.
Que bonitos nos quedaron!


jueves, 11 de septiembre de 2014

NOVO CURSO

Os gatiños xa estamos de volta no cole.Medramos moito e xa tiñamos ganas de volver ver aos amigos.
Ademais, este ano na clase temos un novo compañeiro Ethan, e para darlle a benvida  fixémoslle un debuxo.
Esperamos que estés moi ledo cos gatiños.
Tamén estará con nós ata decembro a profe Irene e teremos a axuda de Laura , a coidadora de Noemí.

lunes, 23 de junio de 2014

FELICES VACACIÓNS

Deséxovos que teñades un bo veran e disfrutedes dun merecido descanso.
Un bico enorme para tod@s @s gatiñ@s.
Vémonos en setembro.
 

viernes, 20 de junio de 2014

FESTA DAS POMPAS

O venres 20 de xuño coma era o derradeiro día de cole, tivemos a festa das pompas.Como fomos moi bos, levamos de agasallo o pompeiro para casa.
Que ben o pasamos! .

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O mércores 18 tivemos o festival de fin de curso.
Fixémolo xenial.
Moitas grazas ás familias por acompañarnos e pola vosa colaboración.
Aquí vos deixo as fotos.De todas maneiras,levades un cd con todas as fotos do festival.
Ademais levades  un dvd cos vídeos.
Dende logo,está claro que nós o fixemos moitísimo mellor que España.
  

domingo, 8 de junio de 2014

EXCURSIÓN A GANDARÍO

O xoves 5 de xuño fomos de excursión a Gandarío coas familias.
Pasámolo moi ben, xogando a buscar a Cascarota, co paracaídas, coas saltarinas, facendo pulseiras de flores,etc.
Ademais comemos todos xuntos e para rematar cada clase fixo unha foto de recordo.
Moitas grazas ás familias por colaborar nos xogos e facer que este día fose tan divertido.Sen dúbida , lembrarémolo con moito cariño.

jueves, 22 de mayo de 2014

OBRA DE TEATRO "CARAPUCHIÑA DE CORES" (ALUMN@S DE 2º)

Hoxe fomos ver a obra de teatro con monicreques "Carapuchiña de cores" dos nenos e nenas de 2º.
 Aínda que a historia foi distinta á que coñecemos,gustounos moito.
Parabéns aos alumn@s de 2º e as súas profes Encarna e Anlle.
 

OBRA DE TEATRO DOS PITIÑOS "RATO MOI ALTO, RATO MOI BAIXO"

O mércores fomos ver a obra de teatro "Rato moi alto, rato moi baixo" representada pol@s pitiñ@s.
Gustounos moito e fixérono xenial!.
Parabéns a clase dos pitiños e a súa profe Carmen.
 

lunes, 19 de mayo de 2014

CELEBRACIÓN CONXUNTA DAS LETRAS GALEGAS

Tamén tivemos unha festa cos nenos e nenas de Primaria.
Os rapaces de 6º leron un poema de Xosé María Díaz Castro e algúns datos da súa biografía.
Despois, bailamos unha muiñeira.

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS EN INFANTIL

Todos os nenos e nenas de infantil celebramos o Día das Letras Galegas cunha festa.
Primeiro, os nenos de 5 anos contáronnos algunhas cousas de Xosé María Díaz Castro.Despois, sopraron as velas dunha tarta que tiña o número 151 porque hai 151 anos que se publicou o libro "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.
Os gatiños xa coñecemos a Rosalía porque foi a escritora que escribiu "Adiós ríos, adiós fontes" que ademais aparece no vídeo de Amancio Prada.
E para rematar, comimos a tarta que era de chuches!

PINTAMOS A BANDEIRA DE GALICIA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas pintamos a bandeira de Galicia. No medio, había unha foto de Xosé María Díaz Castro, o escritor homenaxeado este ano.

viernes, 16 de mayo de 2014

FELIZ DÍA DA FAMILIA

Para agasallar as nosas familias, decoramos unha pedra que tiña un debuxo cun motivo prehistórico que nos debuxou o artista Eduardo Hermida.
Puxemos moito empeño e quedaron preciosas as nosas pedras prehistóricas!
Moitas grazas a Eduardo pola súa axuda.
 

jueves, 15 de mayo de 2014

CANTIGAS DA TERRA

O mércores no cole actuou o grupo "Cantigas da Terra".
Tocaban varios instrumentos coma o bombo, a pandeireta...
Puidemos cantar e tamén bailar unha muiñeira!
 

martes, 13 de mayo de 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Tamén estivemos traballando coas aactividades que elaborou o seminario do CEIP Galán.
Aquí vos deixo o enlace.
ENLACE

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

No cole estamos a escoitar a canción de "Adiós ríos, adiós fontes" de Amancio Prada.
Aínda que é un pouco complicada para nós, algo nos vai quedando.

LEVAMOS AS NOSAS LEITUGAS PARA CASA

O luns levamos as nosas leitugas para casa.
Canto medraron grazas aos nosos coidados!.Seguro que farán unha ensalada boísima.

viernes, 9 de mayo de 2014

XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ

O martes fomos aos Xardíns de Méndez Núñez.
Alí, aprendimos o importante que é coidar a "Nai Natureza".
Hai que respectar o xardín , non pisalo, regar as plantas...

jueves, 8 de mayo de 2014

MURAL DA PRIMAVERA

Os gatiños fixemos un mural da primavera.Queríamos celebrar que xa vai vir o bo tempo.

VISITOUNOS UNHA CESTEIRA

No cole tivemos unha visita moi especial:Amalia, a avoa de Thiago da clase das tartarugas explicounos cómo se fai un cesto.
Primeiro, hai que coller os vimbios, se son de distintas cores mellor, despois metelos nun aparello de madeira que ten vinte buratiños para ir trenzando os vimbios.
Agora xa sabemos algo máis da prehistoria porque aínda que ao principio facían utensilios de barro , despois empregaron o vimbio.
Moitas grazas a Amalia que ademais nos fixo os cestos que temos na sala de xogos.

jueves, 24 de abril de 2014

PLANTAMOS CHÍCHAROS

No noso horto, tamén plantamos chícharos.Xa somos moi expertos en plantar e xa sabemos que hai que tapar ben as sementes,despois regalas e a esperar...
 

miércoles, 23 de abril de 2014

XOGOS SOBRE DON QUIJOTE

CANCIÓN SANCHO-QUIJOTE


AGASALLO DE CASCARILLA

O día 23 de abril cando chegamos a clase e  atopamos un agasallo de Cascarilla.Puxémonos moi nervios@s e queríamos saber qué era.Abrímolo e vimos que eran unhas bolsas para levar á casa os libros da biblioteca.Moitas grazas Cascarilla!.
 

FIXEMOS UN MARCAPÁXINAS

O Día do Libro  celébrase o 23 de abril en recordo de Miguel de  Cervantes.Por iso, os gatiños fixemos varias actividades:escoitamos a canción Sancho-Quijote, fixemos un marcapáxinas...
 

viernes, 11 de abril de 2014

PASCUA

Na Pascua, fixemos traballos relacionados con esta celebración: decoramos un ovo , pintamos o noso pitiño...
 

jueves, 10 de abril de 2014

VIMOS UN NIÑO

A familia de Candela tróuxonos un niño  e dentro había dous ovos de estorniño.
Quedamos moi sorprendidos do ben feito que estaba e queríamos saber cando sairían os paxariños, pero sen  a calor da súa mamá é imposible.

 

CÓMO FACÍAN LUME NA PREHISTORIA

A mamá de Lucas, un osiño explicounos cómo facían lume os homes da prehistoria.
Frotaban moi forte dous paus e despois ,descubriron que se empregaban outras ferramentas lograban facelo máis rápido.
Ao final, lográmolo e ulía a fume.
Foi impresionante!

miércoles, 9 de abril de 2014

FUNDACIÓN BARRIÉ

O xoves 3 de abril fomos á Fundación Barrié ver a obra de teatro " De todo corazón ".
É unha representación na que ademais do decorado hai música a cargo dunha violinista e narra a historia dun pallaso e un paxaro que loitan por ter un corazón(un tuc tuc como se lle chama na obra).

lunes, 7 de abril de 2014

PLANTAMOS CEBOLAS

Despois de plantar leitugas, puxémonos a plantar cebolas.
Fixémolo moi ben porque xa sabemos moitas cousas: que hai que botar o abono, regar,etc.
 

lunes, 24 de marzo de 2014

MAC

O mércores fomos ao MAC.Alí , explicáronnos qué persoas traballan nun museo:a guía, a limpadora, o garda de seguridade. o restaurador...
Todas son moi importantes.
Acompañounos na visita Carmen e a súa filla Cornelia que era moi traste e facía cousas que estaban moi mal:corría cun carro, comía gusanitos e ata pintou unha escultura.
Os gatiños quedamos abraiados porque xa sabemos que iso non se pode facer.
Foi unha saída moi instructiva e divertida.
 

viernes, 21 de marzo de 2014

PLANTAMOS LEITUGAS

O venres plantamos leitugas.Primeiro, hai que facer uns regos e despois uns buratiños que serán as casiñas das leitugas.
Logo, botámoslle o abono que é necesario para que as plantas medren ademais da auga e o sol.
Agora temos que ir regalas a miúdo.
Encantounos a actividade e xa estamos desexando volver! 

jueves, 20 de marzo de 2014

FOMOS VER O NOSO HORTO

O martes os gatiños e os coelliños fomos ver o noso horto por primeira vez.
Alí as profes Ruth e María explicáronnos que imos plantar leitugas,cebolas... no noso horto, que non podemos pisalo e que para que as plantas medren debemos coidalas e regalas.

martes, 18 de marzo de 2014

PREPARACIÓN DO TERREO

O luns 10  de marzo , catro familias axudáronnos a poder levar a cabo unha actividade que aos nen@s lles vai encantar:plantar no noso horto.
Para iso, fixeron a actividade máis dura do proceso:preparar a terra, sacar as herbas...
Traballaron moitísimo e ademais explicáronnos cómo temos que facer.
Moitas gracias a familia de Daniel, Sergio e Candela( gatiños) e Xoel (coelliños) pola súa colaboración.

IF YOU ARE HAPPY


viernes, 7 de marzo de 2014

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar este día,  escoitamos o conto " O libro dos porcos" no que nunha familia  só traballaba a mamá. Ésta, un día marchou cansa de tanto traballar.Ao final, o papá e os fillos comprenderon que tiñan que colaborar nas tarefas da casa e así, a mamá foi moi feliz.
Ademais, pintamos unhas bolboretas para agasallar ás mamás e comprometernos a axudarlles no que poidamos.

viernes, 28 de febrero de 2014

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Para celebrar o entroido, disfrazámonos de croniñóns e croniñonas.
Estábamos guapísim@s!
Fixemos un percorrido polo barrio e despois no cole , desfilamos por ciclos.
Pasámolo xenial!
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e por participar na celebración desta festa tan divertida.

MAQUILLAXE PREHISTÓRICA

Para celebrar o entroido, maquilláronnos con motivos prehistóricos.
Que guap@s!
 

SOMOS CRONIÑÓNS E CRONIÑONAS!

Este ano, imos de croniñóns e croniñonas.
Aquí vos deixo o vídeo deste precioso conto que inspirou o noso disfrace.

jueves, 27 de febrero de 2014

A NOSA MARACA PREHISTÓRICA

Para o entroido, os nenos e nenas de educación infantil fixemos unha maraca.Como estamos co tema da prehistoria fixémola con forma de óso.
Puxemos moito empeño en pintala, algúns pintamos tamén a cara,pelo e ata a roupa, pero non importa porque disfrutamos moitísimo.

miércoles, 26 de febrero de 2014

AGASALLO DA FAMILIA DE XOEL

Polo cumpre de Xoel, a súa familia quixo agasallar aos gatiños dunha maneira moi especial:contando o conto preferido de Xoel "Garavanciño".
Gustounos moito xa  que di que aínda que sexamos pequenos podemos facer moitas cousas.
Moitas grazas á mamá de Xoel por contarnos este precioso conto.

jueves, 20 de febrero de 2014

XOGOS DO ANTROIDO

A XOGAR!

MUSEO DE BELAS ARTES

O mércores 19 de febreiro fomos ao Museo de Belas Artes.Alí, vimos moitos cadros distintos:de animais, paisaxes...
Gustounos especialmente un de Luis Seoane " As mariscadoras" e un de Picasso no que aparece Dora, unha fotógrafa, que despois pintamos e levamos para casa.
Tamén nos chamou moito a atención unha escultura de madeira  de Francisco Leiro que era un xigante.Quedamos abraiados mirando para ela!
Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas sobre  arte.
 

ONG " MIRADAS AL MUNDO"

O luns 17 de xaneiro visitounos a "ONG Miradas al Mundo".
Vimos un vídeo no que nos explicaron cómo vivían os nenos en África.
Tamén vimos o pozo e a escola que fixeron grazas á colaboración do noso cole.
Aprendimos o importante que e a solidariedade e axudar a outros nenos.Por suposto, o cole seguirá axudando no que poidamos.

martes, 18 de febrero de 2014

TARXETA DE PAZ

Os gatinos fixemos unha postal para conmemorar o Día da Paz.
Estampamos a nosa man que converteuse nunha pomba, pintamos un corazón e por último puxemos a nosa foto.
Que bonita nos quedou! 

viernes, 14 de febrero de 2014

DÍA DE SAN VALENTÍN

Pâra celebrar o Día de San Valentín, pintamos un corazón para facer unha postal e dicirlles así as nosas familias canto as queremos.
 

viernes, 31 de enero de 2014

CELEBRACIÓN CONXUNTA DO DÍA DA PAZ

Este ano coma o Día da Paz coincide coa inauguración da biblioteca, decidimos unir paz e libros.
Cada clase tiña que apadriñar un libro. Os gatiños escollemos o libro de Elmer.Despois, e como di a canción "los libros son aviones de papel" fixemos un avión coa portada do noso libro.
Fomos á biblioteca identificar o noso avión e ver os dos demais.
Para rematar todo o cole cantou a canción "Los derechos humanos,tu mejor instrumento".
Oxalá algún día consigamos que se acabe a violencia  no mundo e todas as persoas poidamos vivir en paz.
 

jueves, 30 de enero de 2014

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Este ano na semana do Día da Paz inauguramos a nosa biblioteca.
Quixemos unir  paz  e libros porque sen dúbida éstes son un bo medio para conseguir un mundo mellor.
Cascarilla que é o trasno que vive na biblioteca  déixounola moi bonita e agora temos unha morea de libros preciosos.
Ese día, a profe Susana contounos un conto que tiña maxia coma todo o que arrodea a Cascarilla.
Grazas Cascarilla por todo o que estás a facer na nosa bibioteca.

MURAL DA PAZ

Este ano, decidimos facer unha actividade que fora significativa deste día e na que participase todo o alumnado de Infantil.
Ocorréusenos pegar fotos de todos os nenos e nenas sorrindo porque como dixo Santa Teresa de Calcuta:"La paz empieza con una sonrisa".
Podedes ver o mural na entrada de infantil.Quedou precioso!

COROA DA PAZ

Tamén fixemos unha coroa para o Día da Paz desexando que oxalá que no mundo se acabe a violencia.

MURAL DO INVERNO

Fixemos un mural do inverno porque xa sabemos que non estamos no outono.Aprendimos que nesta época do ano, nalgúns sitios neva e pódese facer bonecos de neve.

lunes, 27 de enero de 2014

CONTO : POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Déixovos este outro conto que  é moi sinxelo pero precioso.
Trata da igualdade  e de que ás veces, poñendo un pouco da nosa parte podemos axudar aos demais.
 

CONTO ELMER

Para celebrar o Día da Paz escoitamos o conto de  "Elmer" que é un conto precioso que fala da importancia de respectar aos demais aínda que sexan diferentes.
Elmer é un elefante de cores e iso é o que o fai especial.

viernes, 17 de enero de 2014

CANCIÓN " LOS DERECHOS HUMANOS.TU MEJOR INSTRUMENTO"

Ésta é a canción que imos cantar todo o cole o Día da Paz.
É bastante difícil para os pequenos, pero seguro que de tanto oíla , algo nos quedará.
                                     

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE A PREHISTORIA

Aquí vos deixo un enlace con información sobre a prehistoria para que poidades falar cos nen@s do tema.
ENLACE

jueves, 9 de enero de 2014

AGASALLO DOS REIS AOS GATIÑOS

Como fomos moi bos, os Reis Magos deixáronnos na clase un agasallo:un libro de Winnie the Pooh!.
Puxémonos moi content@s e xa queríamos saber de qué trataba:é un conto para aprender os números!.