martes, 30 de junio de 2015

CANCIÓN "CON VALOR" (MULÁN)

MVI 6525 from juan luis muñiz barreiro on Vimeo.

CUMPREANOS DOS GATIÑOS

Rematou este ano no que os gatiños medramos moito.Éramos os medianos de infantil.Todos estábamos desexando ter cinco anos.
Aquí vos deixo o momento de soprar as velas.
Encantábanos sentirnos reis e raíñas por un día.

martes, 23 de junio de 2015

CANCIÓN PARA BAÑAR LA LUNA

MVI 6521 from Maria muñiz barreiro on Vimeo.

FOTOS DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O xoves 18 de xuño tivemos  o festival de fin de curso.
Interpretamos 4 cancións relacionadas co proxecto de China: "canción para bañar la luna", "la chinita" e dúas da peli de Mulán que nos encantou: "Mi reflejo" e "Con valor".
Fixémolo xenial e aplaudíronnos moito.
Que artistas somos!
Moitas grazas ás familias por acompañarnos. 

viernes, 19 de junio de 2015

CADROS DE QI BAISHI

Como somos tan artistas decidimos facer os nosos cadros imitando a Qi Baishi.
Que bonitos nos quedaron!

martes, 16 de junio de 2015

ARTE:QI BAISHI

Nestes últimos días de cole estamos a facer actividades máis lúdicas porque xa estamos moi cansos.
Como nos gusta moito pintar, estivemos a ver algúns cadros de Qi Baishi, un pintor chino ao que comparan con Picasso pola beleza dos seus cadros.
Aquí vos deixo un enlace para saber máis cousas del.
ENLACE

CANCIÓN "CON VALOR"(MULÁN)


CANCIÓN " MI REFLEJO"(MULÁN)


CANCIÓN " LA CHINITA"


CANCIÓN PARA BAÑAR LA LUNA


XOGO CHINÉS:MIKADO

Un dos xogos chineses que máis sorprendeu aos gatiños foi o mikado.
É moi complicado aínda que nón intentábamos xogar.
Aquí vos deixo un enlace para saber máis cousas.
ENLACE

A RATIÑA PRESUMIDA

A derradeira obra de teatro que vimos foi "A ratiña presumida" interpretada polos alumnos de 2º A.
Encantounos e fixérono xenial.
Parabéns a súa profe Isabel e aos alumn@s que ademais foron gatiños e coelliños.

miércoles, 10 de junio de 2015

EXCURSIÓN A GANDARÍO

O venres tivemos a xornada de convivencia en Gandarío.
Foi un día para disfrutar nen@s e maiores.
Houbo moitos xogos: papiroflexia, globoflexia, maquillaxe...
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración o que propiciou que  tivéramos un día moi  divertido.

lunes, 1 de junio de 2015

MERENDA CHINESA

O venres tivemos unha merenda chinesa:comemos arroz tres delicias.
Vimos os ingredientes que ten:arroz, chícharos, tortilla francesa, cenoria, gambas....
Intentamos comelo coma se fosemos chineses pero é moi complicado.
Moitas grazas a Nora por prepararnos o arroz.
Estaba riquísimo!.