miércoles, 18 de noviembre de 2015

MUSICOLOR

Kandinsky xoga coa cor e coa música que para él é moi importante.
Na clase vilos este vídeo que nos fixo moita gracia.

MÚSICA DE WAGNER

Onte, os gatiños dentro do proxecto de kandinsky, escoitamos a mísica que lle gustaba escoitar mentres pintaba.

martes, 17 de noviembre de 2015

OBRADOIRO DE CONSUMO:CONSTRUÍR XOGUETES

O xoves 12 de novembro, tivemos un obradoiro de consumo no que tivemos que construír un boneco con material reciclado.
A actividade estivo moi ben e aprendemos que temos moitos xoguetes, pero ás veces, pasámolo mellor imaxinando e construíndo nós os nosos xoguetes.

lunes, 16 de noviembre de 2015

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Para rematar coa celebración do magosto, primeiro comemos as castañas que estaban moi ricas.
Despois, xogamos a distintos xogos:comecastañas, relevos con castaña e a castaña lixeira.Que ben o pasamos!. 

viernes, 13 de noviembre de 2015

COLAR DA CASTAÑA

No magosto, tamén fixemos un colar que tiña unha castaña e as cores típicas do outono: amarela, marrón, vermella...
Estábamos guapísim@s!

CONTO DA CASTAÑA

Para celebrar o magosto, fixemos un conto que fala dun vermiño que vive nunha castaña.
Que bonito nos quedou!

martes, 10 de noviembre de 2015

BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS

O venres 7 de novembro fomos á biblioteca Miguel González Garcés.Alí, Helena explicounos que podemos consultar os libros en papel pero tamén electrónicos a través de internet.
Amosounos distintos tipos de libros e despois vimos o conto da bruxa regañadentes que nos encanta.
Recoméndovos que preguntedes polas actividades dos sábados porque teñen algunhas moi boas.

2ª ACTIVIDADE KANDINSKY: FIXEMOS UN CADRO DE KANDINSKY

Como 2ª actividade do proxecto de Kandinsky, decidimos facer un dos seus cadros, o dos círculos concéntricos.
Recortamos un cadrado e despois puxemos os círculos de distinto tamaño enriba.Despois, asinamos coma artistas que somos.
É un dos típicos cadros de Kandinsky xa que lle gosta moito xogar coas formas xeométricas.

domingo, 1 de noviembre de 2015

FELIZ SAMAÍN

VISITOUNOS A SANTA COMPAÑA

Tamén nos visitou a Santa Compaña.
A verdade, é que aínda que hai moita xente que lle ten medo , nós non e a algúns ata nos fai gracia.Chegou e marchou axiña e nós queríamos que volvese.Iso será o ano que vén.

MAQUILLAXE TERRORÍFICA

Polo Samaín maquillámonos de vampiros e vampiresas. Encantounos a idea de ter ese aspecto tan monstruoso.