O venres 22 de xaneiro fomos aos bombeiros.
Alí , Ricardo ,un dos bombeiros, explicounos cómo traballan.
Díxonos que o número ao que hai que chamar se hai un incendio é o 080.
Estivemos na sala onde se reúnen, na cociña, no ximnasio...
Ricardo díxonos que se reparten o traballo e que cada un ten unha función:limpar os camións , comprobar que todo o material está ordenado.Amosounos os materiais cos que trabllan: mangueira, machada...Tamén vimos extintores coma os que hai nos edificios.
Para poder realizar o seu traballo, levan unha roupa especial que pesa 32 Kilos!
Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi poder entrar na cabina do camión e probarnos o casco.
Viñemos encantados da visita.
Moitas grazas a Ricardo que nos explicou todo tan ben e foi moi simpático.
martes, 26 de enero de 2016
miércoles, 20 de enero de 2016
O NOSO DISFRACE
Este ano imos disfrazad@s dun cadro de Mondrain porque como xa sabedes ten que estar relacionado co proxecto de centro, que este ano é: "Que pintamos".
Escollimos este cadro porque o temos na sala de xogos e @s nen@s coñéceno.
O modelo é éste.
Recoméndovos que merquedes a bolsa canto antes porque son as que empregan todos os colexios no entroido e pódense esgotar.

CANCIÓN DO DÍA DA PAZ
Para celebrar o Dia da Paz estamos a realizar varias actividades .
Unha delas é aprender a canción de Diego Torres "Color esperanza".
Encántanos e a mensaxe é preciosa.
Unha delas é aprender a canción de Diego Torres "Color esperanza".
Encántanos e a mensaxe é preciosa.
viernes, 15 de enero de 2016
OBRADOIRO DE COCIÑA:TRUFAS DE CHOCOLATE
O xoves estivemos facendo un obradoiro de cociña coa profe de P.T para aprender a cociñar "Trufas de chocolate".
Foi moi divertido.Fomos botando os distintos ingredientes: os biscoitos, o cacao, o zume de laranxa ... e despois removíamos todo.
Logo , fixemos boliñas coa masa e as metémolas no azucre e nos fideos de chocolate.Seguro que están deliciosas!
Hoxe, levámolas para casa!
Como xa tedes a receita, podedes animarvos a facela.

viernes, 8 de enero de 2016
AGASALLOS DOS REIS AOS GATIÑOS
Cando chegamos das vacacións de Nadal tiñamos unha sorpresa na clase.Os Reis Magos nos deixaron dúas cousas:unha roda para Noemí que fai ruído e un bingo.
Estivemos xogando e gustounos moito.Ademais, temos que estar moi atent@s para buscar os números.Poñíamos nervios@s porque tod@s queríamos gañar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)