miércoles, 17 de febrero de 2016

MOCHILA VIAXEIRA

Este venres comezamos coa mochila viaxeira.
É unha actividade que realiza a biblioteca do colexio e na que tres nen@s levarán unha mochila con libros a casa os venres para disfrutar coa súa familia.Deben traela o xoves para que o venres seguinte a poida levar outra familia.
Fixemos un sorteo e os primeiros en levala foron:Hugo, Sabela e Carlota.

martes, 16 de febrero de 2016

SAN VALENTÍN

Para agasallar as nosas familias polo San Valentín, fixemos un pequeno cadro.Fixémolo con moito esmero e quedounos moi bonito.

lunes, 15 de febrero de 2016

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Para celebrar o entroido, demos unha volta polo barrio.
Despois, desfilamos no patio do cole para que os nos@s compañeir@s e familias visen o noso disfrace.
E para rematar a festa, houbo música.

viernes, 5 de febrero de 2016

AGASALLO DA FAMILIA DE HUGO

O xoves 4 de febreiro era o cumpreanos de Hugo. A súa familia agasallounos cun biscoito e o seu papá e a súa irmá viñeron lernos un conto.
A verdade é que nos encantou e estivemos moi atent@s.
Moitas grazas ao papá de Hugo e a Sara.

jueves, 4 de febrero de 2016

martes, 2 de febrero de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

No Día da Paz,saímos todo o colexio ao patio.
Cada nen@ leu o lema que correspondía a súa clase.
Despois, os alumn@s de primaria bailaron unhas danzas.

lunes, 1 de febrero de 2016

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz fixemos varias actividades:
Cada clase tiña que elaborar un cartel cun lema.O dos gatiños era:"Comparto os xoguetes".
Cada nen@ escribimos unha palabra relacionada coa Paz que despois colocamos na pomba que había na entrada de infantil.Algunhas das palabras eran:amor, acariciar, no peleas, comprensiòn, etc.
Ademais, fixemos un colar para levar o venres 29.