viernes, 18 de marzo de 2016

CONTOS DE KALANDRAKA

O xoves tivemos unha sesión de contacontos coa editorial kalandraka.Encantounos porque teñen unha maneira moi divertida de contar os contos acompañados de música.
Recoméndovos calquera destes contos son moi bos e algúns recibiron premios polas súas ilustracións.

jueves, 17 de marzo de 2016

LECTURA DUN CONTO CON LINGUAXE DE SIGNOS

Onte tivemos unha actividade moi especial.A profe Juana leunos o conto "Cierra los ojos" e Natalia unha profe que traballa con xordos facía os xestos propios da linguaxe de signos.
A verdade é que nos sorprendeu moitísimo e estivemos moi atent@s.
Grazas a este tipo de linguaxe as nenas e nenos xordos pódense comunicar.

miércoles, 9 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar o Día daMuller Traballadora vimos o vídeo do conto "Una feliz catástrofe".Despois, falamos e reflexionamos sobre o importante que é axudar na casa.
Chegamos á conclusión de que as mamás traballan moitísimo porque  fan a comidan nos coidan cando estamos enfermos...
Acordamos que cando chegaramos a casa ,felicitaríamos moi efusivamente as nosas mamás.
                                        

martes, 8 de marzo de 2016

TEATRO NO FÓRUM

O venres fomos ao Fórum ver a obra de teatro  "Xoga".
Nela a través da danza e a expresión corporal ían presentando as partes do corpo.
Gustounos moito!

lunes, 7 de marzo de 2016

DESPEDIDA DE LETICIA

O 29 de febreiro despedimos a profe Leticia que estivo con nós o mes de febreiro.
Moitas grazas profe Leti pola túa axuda.