viernes, 28 de octubre de 2016

AGASALLO NO SAMAÍN

Para celebrar esta festa fixemos moitas cousas:escoitamos cancións(Hoxe celebramos o Samaín, Incy Wincy araña...), contáronos contos (Corre , corre cabaciña que nos encantou),etc.
Ademais, fixéronnos un agasallo: a mama de Zoe tróuxonos o libro que acaba de publicar "O noso Samaín" no que sae a nosa compañeira.
Moitas grazas Loretta  por este precioso conto que nos axudou a entender un pouco mellor o significado desta festa.


AS NOSAS CABAZAS

Para celebrar o Samaín, pedimos as familias que colaborasen traendo unhas cabazas.
Quedaron moi bonitas!
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 26 de octubre de 2016

INCY WINCY ARAÑA

No Samaín tamén aprendemos que podemos disfrazarnos de araña pero non nos dan medo porque algunhas son moi simpáticas coma Incy Wincy.

martes, 25 de octubre de 2016

MURAL DO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, fixemos un mural.Estampamos as nosas mans facendo que eran pantasmas e despois puxemos as nosas caras.Que guap@s!
Agora xa sabemos que no Samaín hai que disfrazarse de cousas que dan medo: bruxa, araña, pantasma...

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 14 de octubre de 2016

CANTOS PROFES!

Pouco a pouco durante este mes de outubro fomos coñecendo outros profes.Ademais de Sonsoles, a profe de psicomotricidade temos a César que nos da inglés(que nos trae a Cookie un gatiño moi divertido), Angélica , a profe de música, Chus ,a profe de relixión...

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 4 de octubre de 2016

PSICOMOTRICIDADE

No mes de setembro fomos coñecendo os espazos que hai no cole e tamén os distintos profes.Xa sabemos que Sonsoles é a nosa profe de psicomotricidade e que con ela imos ao ximnasio,
Encantounos facer carreiras, os xogos pero especialmente o túnel de cores.
Qué divertido!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 3 de octubre de 2016

CARAS FELICES

Unha actividade que nos gustou moito dos primeiros días de cole foi a de debuxar unha cara feliz. Encantounos porque cando as profes inflaban os globos, ás veces estoupaban e parecía unha festa.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow