viernes, 26 de mayo de 2017

LEMOS DO GANCHETE

Unha das actividades que estamos a levar a cabo é saír ao patio acompañad@s dun neno maior para que nos lea un conto.
A nós tocounos cos nenos e nenas de 4º B.
A verdade é que é unha actividade que nos encanta e os nosos compañeiros de Primaria están conseguindo que desfrutemos coa  lectura.


María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 25 de mayo de 2017

OBRA DE TEATRO:"A COCIÑEIRA MARTIÑA"

Onte os nenose nenas de 2º de Primaria representaron a obra "A cociñeira Martiña".
Estivemos moi atent@s porque nos encantou.
Parabens a todos estes actores e actrices e as súas profes Anlle e Isabel.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 24 de mayo de 2017

PRESENTACIÓN DA VIAXE DA FAMILIA DE GUILLE

VOLTA AO MUNDO DA FAMILIA DE GUILLE

O luns tivemos unha visita moi especial:Marta y David, os pais de Guille, viñeron contarnos a súa experiencia de dar a volta ao mundo.
A verdade é que foi moi emocionante ver cantos países visitaron, qué cousas viron, os animais típicos de cada zona...
Gustounos moito e ademais aprendimos moitísimo.
Moitas grazas a Marta e David.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 23 de mayo de 2017

VIMOS UNHA AMBULANCIA

A semana pasada tivemos unha visita sorpresa:grazas a Gema , a mamá de Amina,puidemos ver cómo é unha ambulancia por dentro, os aparatos que leva, deitámonos na padiola e puidemos facer soar a sirena que nos encantou!
Moitas grazas  Gema

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 22 de mayo de 2017

ESPAÑA

-BARCELONA
  -VISITA VIRTUAL SAGRADA FAMILIA
  -VISITA VIRTUAL CASA BATLLÓ
  -VISITA VIRTUAL PARQUE GÜELL           
-MADRID
  -AUDIOGUIA INFANTIL MUSEO DEL PRADO
  -LAS MENINAS
  -VISITA VIRTUAL PARQUE DEL RETIRO
  --VISITA VIRTUAL PUERTA DEL SOL 
 -GALICIA
   -LA TORRE DE HÉRCULES
   - LA  CATEDRAL  DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

                                    
           
        



viernes, 19 de mayo de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 todos os nenos e nenas de infantil celebramos o día das Letras Galegas.
Os maiores , os pitiños e peixiños, explicáronnos algunhas cousas de Carlos Casares que é o autor homenaxeado deste ano.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

ASÍ VEMOS NÓS A CARLOS CASARES

Para celebrar o Día das Letras Galegas fixemos un debuxo de cómo víamos nós a Carlos Casares.
Quedaron moi bonitos!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 18 de mayo de 2017

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Para conmemorar o Día das Letras Galegas estivemos a escoitar a versión que Amancio Prada fai do vídeo de "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.
                             

DÍA DA FAMILIA

Para celebrar o Día da familia ,fixemos un traballo moi especial no que nos debuxamos a nós mesm@s e despois estampamos as nosas mans para darlle unha aperta enorme ás persoas que queremos.
Por suposto, o que máis nos gustou foi estampar as nosas mans.
Esperamos que vos gustase o noso agasallo!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow