martes, 26 de diciembre de 2017

CARTEIRO REAL

Ademais,  escribímoslle a carta aos Reis Magos. 
Despois como nos visitou o Carteiro Real, puidemos entregarlle as nosas cartas.
A verdade é que pedimos moitas cousas, pero como fomos moi bos ao mellor nos traen todas.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 21 de diciembre de 2017

POSTAL DE NADAL

Tamén fixemos unha postal para desexarlles ás nosas familias un
                                        BO NADAL

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

MURAL DE NADAL

Fixemos un mural de Nadal.Encántanos pintar e neste puxemos moito empeño porque queremos que Papá noel nos traia moitos agasallos.
Quedounos moi bonito!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 20 de diciembre de 2017

VOTACIÓN DO PROXECTO DE CENTRO

O venres 15 de decembro tivemos a votación do proxecto de centro.Había que escoller entre dous temas:
- De tradición
- Son do mar
A maioría dos gatiños votamos éste último e finalmente saiu gañador.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 19 de diciembre de 2017

PERSONAXES DO NADAL

Unha das actividades que fixemos no cole relacionadas co Nadal foi que as familias podían traer ao cole calquera personaxe que sexa @ encargad@ de repartir os agasallos aos nen@s.
De novo, as familias colaboraron nesta actividade amosando a súa creatividade.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

ÁRBORES DE NADAL

Unha das actividades que fixemos para celebrar o Nadal foi decorar cos alumn@s de 5º unha árbore.
A verdade é que o pasamos moi ben cos maiores e aprendemos moito deles.
Moitas grazas as súas titoras Ana e Juana e as nenas e nenos de 5º por axudarnos nesta tarefa.
Despois,colgamos as árbores e as bolas que decoramos coas nosas familias no corredor.
Quedounos moi nadaleño.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 15 de diciembre de 2017

VISITOUNOS A MAMÁ DE CARLA

O luns tivemos unha visita moi especial: veu ao cole a mamá de Carla e o seu irmán pequeno Mario.
No proxecto do bebé aprendemos que algúns bebés aliméntanse do leite materno, mentres outros toman o biberón.
A mamá de Carla explicounos moitas cousas dos coidados que precisan os bebés.
Despois, vimos cómo Mario tomaba a teta e sorprendeunos o tranquilo que quedou.
Moitas grazas á familia de Carla pola súa visita.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 12 de diciembre de 2017

BAÑO DO BEBÉ

Outra das actividades que máis nos gustaron foi bañar ao bebé.
Aprendemos moitas cousas:que a temperatura ideal é de 37º, que para comprobar se a auga está moi quente podemos meter o cóbado na bañeira ou ben cun termómetro.
Para bañalo usamos un xel de bebé e despois, secámolo con moito coidado e botámoslle unha crema ou polvos de talco.
Despois, puxémoslle o cueiro e vestímolo.
Somos uns papás e mamás moi agarimos@s!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

LIVE CINEMA NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE

O venres fomos a un Live cinema sobre o proxecto " Inseparables" na fundación Luis seoane.Acompañáronnos as nosas familias.
É  unha actividade que mestura música con proxección e performance.
Foi unha maneira distinta de ver o que se pode facer nun museo.
Encantáronnos as pantallas nas que se proxectaban os nosos debuxos.
Moitas grazas a tod@s @s artistas por facernos desfrutar tanto deste proxecto.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 11 de diciembre de 2017

ESCULTURAS SOBRE O PROXECTO DO BEBÉ

Relacionado co proxecto do bebé fixemos unhas esculturas de obxectos relacionados cos bebés:un carrusel para o berce, un cueiro, un biberón e un patuco.
Quedaron preciosas!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 5 de diciembre de 2017

TALLER :"EL PARTO ES NUESTRO"

Laura, que está nunha asociación que se chama "El parto es nuestro" veu facer un taller sobre o nacemento dos bebés.
Explicounos cómo ao principio, o feto é do tamaño dunha lentella e logo vai medrando.
Despois, en grupos fomos facendo de papás , mamás ou matronas.
Foi moi divertido.
Moitas grazas  a Laura.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 4 de diciembre de 2017

CGAI

O venres 24 de novembro fomos ao CGAI.
Alí, explicáronnos que teñen unha especie de neveiras onde conservan películas que teñen moitos anos.
Tamén nos dixeron que as películas que duran menos dunha hora chámanse curtos.
Vimos 5 curtos:"A contar ovejas", "La aventura de vestirse","La manopla","La sopa de piedras" e "La galleta sigue corriendo".
O señor bufo era o encargado de presentalos.
Encantáronnos!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

XOGO SIMBÓLICO:ÓVULOS E ESPERMATOZOIDES

No proxecto do bebé fixemos unha actividade que consistía nun xogo simbólico no que uns éramos óvulos e outros espermatozoides.
Despois, convertémonos en mamás e comprobamos o difícil que é moverse cun bebé na barriga.
Ao final , o bebé nace e no hospital lle poñen unha pulseira á mamá e ao bebé.
Foi unha actividade moi divertida.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow