viernes, 22 de junio de 2018

BO VERÁN

E así rematou este ano no que fomos os medianos de infantil e compartimos moitísimas cousas tal e como reflexa o noso diario.
Por certo, como non houbo acordo unánime , mandeino en branco e negro.De todas formas, no pen tedes o arquivo en cor por se alguén o quere imprimir.
Dicirvos que foi un auténtico pracer compartir estes dous anos con vós, darvos as grazas por todo e un bico enorme para tod@s @s gatiñ@s.
                           BO  VERÁN
                              


FESTA DAS POMPAS

O derradeiro día de clase tivemos a festa das pompas.
Pasámolo xenial!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

FESTIVAL

O martes 19 tivemos o festival de infantil.Interpretamos tres cancións:Glu, Glu, Glu, Baby Shark e a banda sonora de Ariel.
Fixémolo xenial e estivemos arroupad@s polas nosas familias.
Eu estou super orgullosa d@s nos@s pequen@s artistas.
Moitas grazas á familia de Sara pola estupenda reportaxe fotográfica.







María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 20 de junio de 2018

LEMOS DO GANCHETE

Outra das actividade que máis nos gustaron foi "Ler do ganchete".
Primeiro coñecemos as nosas parellas de lectura que foron @s alumn@s de 5º e despois saímos a ler ao patio.
Encántanos facer actividades cos maiores.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

RECITADO DE POESÍAS E OBRA DE TEATRO

Nesta últimas semanas de cole, @s alumn@s de primaria levaron a cabo varias actividades coma recitar poesías ou representar unha obra de teatro.Gustáronnos moito.
Parabéns polas súas actuacións.


María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

EXCURSIÓN A GANDARÍO

O luns 11 de xuño tivemos a excursión a Gandarío.Pasámolo moi ben a pesar de que non tivemos moi bo tempo.
Foi unha xornada de convivencia onde desfrutamos pequen@s e maiores.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 8 de junio de 2018

MAR DE PLÁSTICO EN MARÍA PITA

O martes 29 fomos a María Pita.Foi a actividade final dentro do proxecto "Mar de plástico".
Alí, puidemos desfrutar xogando coas samosas e inchables que fixemos coas bolsas e ata escribimos neles.
Foi moi divertido!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

LAGOA DE EIRÍS

Dentro do programa ambientañ "Vexo , vexo" fixemos unha saída que nos encantou.
Primeiro tivemos un taller audiovisual na clase onde nos explicaron todos os animais que había na lagoa de Eirís  e o luns 28 puidemos velos in situ.
Estabamos emocionad@s vendo os pardais, merlos... pero os que máis nos gustaron foron os patos.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 28 de mayo de 2018

TALLER SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO

Polas Letras Galegas, fixemos un taller moi interesante sobre a autora homenaxeada.
Laura, leunos uns poemas de María Victoria Moreno.Nós tiñamos que debuxar cos ollos pechados.
Despois, volveunos ler pero debuxamos xa cos ollos abertos.
Foi moi divertido!
Moitas grazas a Laura que colabora con nós en moitísimas actividades.
María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 25 de mayo de 2018

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Todos os nenos e nenas de infantil celebramos xuntos a Día das Letras Galegas.
Os maiores, as tartarugas e os osiños, foron os encargados de explicarnos qué se celebra ese día e contáronnos algunhas cousas da autora homenaxeada deste ano:María Victoria Moreno.
Ademias, un neno de primaria tocou a pandeireta.
Despois, para festexar este día, comemos a tarta de chuches.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 22 de mayo de 2018

MÚSICA TRADICIONAL:GRUPO MAGHÚA

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas, tivemos a visita sorpresa do grupo de música tradicional Maghúa, xa que o pai de Xela unha nena da clase de pitiños é un dos seus compoñentes.Chamounos moito a atención que non só tocaban con pandeiretas senón tamén con sachos ...
María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 21 de mayo de 2018

OBRADOIRO DE CONSUMO

O día 16 de maio tivemos un obradoiro de consumo.Nel, explicáronnos a importancia de comer froitas e verduras.
Despois, fixemos varios xogos moi divertidos.
Foi unha maneira divertida de aprender hábitos saudables de alimentación.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

CANCIÓN : PEIXIÑOS DO MAR


DÍA DA FAMILIA

Para celebrar o Día da Familia fixémoslles un agasallo.Pintamos o mar xa que o proxecto deste ano é "Son do mar" e despois escribimos "Quérovos "e pegamos uns peixiños  ao lado da nosa foto de mergulladores.
Quedounos moi bonito!
María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 4 de mayo de 2018

CONTO EN LINGUAXE DE SIGNOS:

O venres tivemos unha visita  sorpresa:viñeron da Federación de Xordos contarnos dous contos:"O Grúfalo" e "Choco encuentra un a mamá" .
A verdade é que nos encantou  e aprendemos que hai moitas maneiras de comunicarse e non só está a linguaxe verbal.
Moitas grazas por compartir con nós esta experiencia.



                                          

MAR DE PLÁSTICO

Os nenos e nenas de infantil xa empezamos a traballar no proxecto de "Mar de plástico".
Tivemos a sorte de contar coa axuda dos rapaces de 5º de primaria e  da Universidade da Coruña .
Empezamos recortando as bolsas e pegándoas con celo para facer as "mantas".Despois, haberá que unilas para facer a estrutura.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 25 de abril de 2018

RUTAS URBANAS: MARÍA PITA

O luns 23 de abril fomos a María Pita dentro do programa Rutas Urbanas.Alí , explicáronnos que os coruñeses loitaron cos ingleses capitaneados por Sir Drake.
Nós representamos esa batalla pero as nosas armas eran de papel.Tamén vimos a estatua adicada a María Pita , que foi unha muller moi valente.
Ademais, entramos no concello e vimos a Hércules nunha vidrieira.
Encantounos e aprendemos moito da historia de Coruña.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 24 de abril de 2018

CONCERTO:"PEQUENO CIRCO AMBULANTE"

O venres todos @s nen@s de infantil fomos ao Palacio da Ópera para desfrutar do concerto "Pequeno circo ambulante".
Nel, escoitamos as melodías típicas do circo acompañadas de pallasos, malabaristas ,etc.
Encantounos!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 18 de abril de 2018

MAGO REBO

O venres o papá de Kiara , unha coelliña, veu ao cole e fíxonos algúns trucos de maxia.
A verdade é que nos encantaron e desfrutamos moito.
Moitas grazas Mago Rebo por facernos pasar un rato tan divertido.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 17 de abril de 2018

EDUCASAÚDE:SESIÓN SOCIAL

Tivemos a sesión psicolóxica de educasaúde.
Falamos das distintas emocións:ledicia,tristura...
Despois, contáronnos o conto "El pez arco iris" e regaláronnos unha escama.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 6 de abril de 2018

AGASALLO DA FAMILIA DE SARA

Con motivo do cumpreanos de Sara, a súa familia agasallounos coa lectura dun conto que a Sara lle gusta moito "Peligro".
Trata dun raposo que fai cousas que non debemos facer nunca:xogar co lume, coa electricidade...

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

PASCUA

Para celebrar a chegada da Pascua, fixemos unha coroa cun pitiño e ovos.
Estábamos desexando comer o noso ovo de chocolate!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 4 de abril de 2018

TEATRO:DANZA DA CHOIVA

Os gatiños fomos ver a obra de teatro "Danza da choiva " no Fórum.
Foi moi divertida e explicáronnos os problemas que ocasiona o cambio climático que provoca que chova nalgúns sitios e noutros non.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 3 de abril de 2018

EDUCASAÚDE:SESIÓN PSICOLÓXICA

 Os gatiños tivemos a sesión psicolóxica de educasaúde.Consistiu en explicarnos que non debemos identificar as cores co sexo das persoas:os nenos poden vestir de rosa e as nenas de azul.
Iso mesmo pasa coas profesións:as mulleres poden ser bombeiras , policías...e os homes poden realizar traballos domésticos.
Para rematar, contáronnos o conto"Por cuatro esquinitas de nada" que nós xa coñecíamos e que nos encanta.



María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 15 de marzo de 2018

EDUCASAÚDE:SESIÓN MÉDICA

O mércores tivemos a sesión médica do programa "Educasaúde".
 Nela explicáronnos que temos que lavar os dentes tres veces ao día
e non comer moitas chuches porque producen caries.
Despois, contáronnos un conto que trataba da importancia de almorzar ben.


María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 7 de marzo de 2018

martes, 27 de febrero de 2018

TRABALLO SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

Para Conmemorar o Día de Rosalía debuxamos o seu retrato.
A verdade é que o fixemos moi ben porque era unha tarefa moi difícil.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 23 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro.
Para conmemorar ese día estamos a traballar con estes vídeos.

                                   

viernes, 16 de febrero de 2018

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O venres 9 celebramos o entroido.Fomos disfrazad@s de cangrexos.
Non puidemos saír en comparsa polo tempo, pero saímos a desfilar polo patio.
Divertímonos moito!
María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 5 de febrero de 2018

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz, saímos todos ao patio.Primeiro, lemos as mensaxes de paz.A dos gatiños era " Xogar xuntos".
Despois, cantamos a canción "Paz, paz,paz " de Juanes.
Logo, uns compañeir@s de primaria deleitáronnos cuns bailes e para rematar, tod@s xunt@s bailamos dúas danzas.
Pasámolo moi ben!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 2 de febrero de 2018

MURAL DA PAZ

Para  celebrar o Día da Paz, fixemos un mural.Pintamos uns peixes que tiñan palabras relacionadas coa paz.
Quedounos moi bonito!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 26 de enero de 2018

O NOSO DISFRACE:CANGREXO


Este ano todos os nenos e nenas de infantil imos disfrazad@s de cangrexos.
Aquí vos deixo algunhas fotos do modelo que temos en infantil:parte de diante, de atrás, detalle dos ollos, das pinzas(pola parte de atrás teñen que levar dous paíños para que aguante) e nos laterais o disfrace únese con velcro.
MOI IMPORTANTE: o disfrace ten que estar adaptado ao nen@.
   DIANTE                                                   
                                          













DETRÁS
DETALLES OLLOS, PINZAS, LATERAIS 



CURTO:"EL OTRO PAR"

Tamén vimos a curtometraxe exipcia "El otro par" que está baseado nunha anécdota que lle aconteceu a Gandhi.
É precioso.Os gatiños desfrutamos moito véndoo.


CANCIÓN DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz estamos a levar a cabo varias actividades como aprender esta canción de Juanes.

martes, 9 de enero de 2018

AGASALLO DOS REIS AOS GATIÑOS

Á volta das vacacións tivemos unha sorpresa:os Reis Magos deixáronnos uns agasallos: unhas letras magnéticas, uns selos de letras, un  xogo de estampar e un xogo de plastilina.
A verdade é que o merecíamos porque  portámonos xenial!
María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow