miércoles, 25 de abril de 2018

RUTAS URBANAS: MARÍA PITA

O luns 23 de abril fomos a María Pita dentro do programa Rutas Urbanas.Alí , explicáronnos que os coruñeses loitaron cos ingleses capitaneados por Sir Drake.
Nós representamos esa batalla pero as nosas armas eran de papel.Tamén vimos a estatua adicada a María Pita , que foi unha muller moi valente.
Ademais, entramos no concello e vimos a Hércules nunha vidrieira.
Encantounos e aprendemos moito da historia de Coruña.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 24 de abril de 2018

CONCERTO:"PEQUENO CIRCO AMBULANTE"

O venres todos @s nen@s de infantil fomos ao Palacio da Ópera para desfrutar do concerto "Pequeno circo ambulante".
Nel, escoitamos as melodías típicas do circo acompañadas de pallasos, malabaristas ,etc.
Encantounos!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 18 de abril de 2018

MAGO REBO

O venres o papá de Kiara , unha coelliña, veu ao cole e fíxonos algúns trucos de maxia.
A verdade é que nos encantaron e desfrutamos moito.
Moitas grazas Mago Rebo por facernos pasar un rato tan divertido.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 17 de abril de 2018

EDUCASAÚDE:SESIÓN SOCIAL

Tivemos a sesión psicolóxica de educasaúde.
Falamos das distintas emocións:ledicia,tristura...
Despois, contáronnos o conto "El pez arco iris" e regaláronnos unha escama.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 6 de abril de 2018

AGASALLO DA FAMILIA DE SARA

Con motivo do cumpreanos de Sara, a súa familia agasallounos coa lectura dun conto que a Sara lle gusta moito "Peligro".
Trata dun raposo que fai cousas que non debemos facer nunca:xogar co lume, coa electricidade...

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

PASCUA

Para celebrar a chegada da Pascua, fixemos unha coroa cun pitiño e ovos.
Estábamos desexando comer o noso ovo de chocolate!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 4 de abril de 2018

TEATRO:DANZA DA CHOIVA

Os gatiños fomos ver a obra de teatro "Danza da choiva " no Fórum.
Foi moi divertida e explicáronnos os problemas que ocasiona o cambio climático que provoca que chova nalgúns sitios e noutros non.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 3 de abril de 2018

EDUCASAÚDE:SESIÓN PSICOLÓXICA

 Os gatiños tivemos a sesión psicolóxica de educasaúde.Consistiu en explicarnos que non debemos identificar as cores co sexo das persoas:os nenos poden vestir de rosa e as nenas de azul.
Iso mesmo pasa coas profesións:as mulleres poden ser bombeiras , policías...e os homes poden realizar traballos domésticos.
Para rematar, contáronnos o conto"Por cuatro esquinitas de nada" que nós xa coñecíamos e que nos encanta.



María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow