miércoles, 26 de junio de 2013

FESTA DE FIN DE CURSO

O día 21 de xuño, tivemos a festa de fin de curso.Nela , os nenos e nenas de Primaria bailaron as coreografías que tiñan preparadas e despois puidemos bailar e cantar.
Bo verán e vémonos en setembro.
UN BICO ENORME A TOD@S.

O NOSO RECANTO

Aquí os gatiños temos todo o material relacionado co proxecto do castelo.Moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración.
 

martes, 25 de junio de 2013

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

No festival de fin de curso, os gatiños e os coelliños bailamos tres cancións de Grease.Estábamos guapísim@s caracterizad@s coma John Travolta e Olivia Newton- John grazas á colaboración das familias .
Fixémolo xenial e divertímonos moito.
Xa somos verdadeir@s artistas!

miércoles, 19 de junio de 2013

GRADUACIÓN

Os gatiños e coelliños celebramos o acto da nosa graduación.
É un día moi especial porque significa que xa rematamos a etapa de Educación Infantil.
Cando regresemos ao cole en setembro xa seremos alumnos e alumnas de Primaria.
Neste momento tan emotivo, contamos coa presencia das nosas familias que estaban moi emocionadas e queremos agradecerlles a súa presencia.
Moitas grazas por todo.

sábado, 15 de junio de 2013

CASA DO QUEIXO

O 10 de xuño fomos de excursión á Casa do Queixo.
Alí , primeiro fixemos o noso propio queixo e vimos cómo é todo o proceso.
Despois vimos moitos animais: A avestruz Marcelina, unha pony que se chamaba Cuca, os tres porquiños Pim, Pam,Pum, cabras, vacas, galiñas... e ata puidemos acariciar a algúns.
Tamén tivemos un contacontos no que representaron o libro "A qué sabe a lúa".
Para rematar, xogamos todos xuntos e fixemos a foto de familia.
Sen dúbida,foi un fermoso día de convivencia .

miércoles, 5 de junio de 2013

O NOSO RECANTO

Aquí  temos  todas as cousas relacionadas co proxecto da auga.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.