sábado, 15 de junio de 2013

CASA DO QUEIXO

O 10 de xuño fomos de excursión á Casa do Queixo.
Alí , primeiro fixemos o noso propio queixo e vimos cómo é todo o proceso.
Despois vimos moitos animais: A avestruz Marcelina, unha pony que se chamaba Cuca, os tres porquiños Pim, Pam,Pum, cabras, vacas, galiñas... e ata puidemos acariciar a algúns.
Tamén tivemos un contacontos no que representaron o libro "A qué sabe a lúa".
Para rematar, xogamos todos xuntos e fixemos a foto de familia.
Sen dúbida,foi un fermoso día de convivencia .

No hay comentarios:

Publicar un comentario