Visitounos a Santa Compaña.Quedamos impresionados mirando para ela e moi, moi caladiños.
Deunos un pouco de medo, pero non moito porque xa sabemos que non existe, igual que as bruxas , os monstros, as pantasmas,etc que so están nos contos.
E para rematar, maquilláronnos con motivos propios desta festa:unha cabaza e unha araña.
E así rematou o Samaín.
miércoles, 30 de octubre de 2013
MERENDA DE MEDO
Os gatiños e os coelliños tivemos unha merenda de medo.
O obxectivo era elaborar tumbas con comida.
Os ingredientes para elaboralas foron os seguintes:
-Sobaos
-Chocolate branco
-Fideos de chocolate
Primeiro, collemos os sobaos,Dentro metemos unha onza de chocolate branco a modo de lápida.Para rematar, botamos uns poucos fideos de chocolate e a comer!.
Se poñemos varios xuntos semella ser un cemiterio.
Estaban de morte!

AS NOSAS CABAZAS
Decoramos o noso corredor para que tivese un aspecto terrorífico con teas de araña ,globos...
Quedou moito máis bonito coas cabazas que trouxeron as familias.
Parabéns e moitas grazas pola vosa colaboración.
Quedou moito máis bonito coas cabazas que trouxeron as familias.
Parabéns e moitas grazas pola vosa colaboración.
FIXEMOS MORCEGOS
Os gatiños fixemos uns morcegos chulísimos.Primeiro, pintamos as dúas ás de negro, despois pintamos o corpo de laranxa, puxémoslle os ollos e xa están listos.Levámolos para casa para que os nosos pais visen canto traballamos e que bonitos quedaron.
VÍDEO DO SAMAÍN
Os gatiños cantamos as cancións que aprendimos para o Samaín.
Mirade que cantantes estamos feitos!
Mirade que cantantes estamos feitos!
P1060715 from Maria muñiz barreiro on Vimeo.
MURAL DO SAMAÍN
Fixemos un mural do Samaín.Pintamos todo de negro, despois estampamos a nosa man e por último puxemos a nosa foto.
Que pantasmas tan guapos somos!
Que pantasmas tan guapos somos!
sábado, 26 de octubre de 2013
HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN
Os gatiños tamén aprendimos o estribillo desta preciosa canción de Mamá Cabra e vimos o vídeo que un cole fixo con ela.
viernes, 25 de octubre de 2013
CORRE,CORRE CABACIÑA
Encantounos e despois vimos o vídeo e aprendimos o estribillo da canción.
INCY WINCY ARAÑA
O Samaín é unha festa de bruxas, pantasmas ,arañas...
Por iso, decidimos aprender esta canción aínda que non nos daba ningún medo e era moi graciosa.
martes, 15 de octubre de 2013
MURAL DE OUTONO
Os gatiños fixemos un mural do outono coas follas que trouxemos.
Aprendimos que as follas nesta época do ano caen e poden ser de distintas cores: amarelas, marróns...
Encantounos pintar coas témperas.Quedounos moi bonito !
Aprendimos que as follas nesta época do ano caen e poden ser de distintas cores: amarelas, marróns...
Encantounos pintar coas témperas.Quedounos moi bonito !
viernes, 4 de octubre de 2013
PINTAMOS OS NOSOS GATIÑOS
No cole temos moito compañeiros e compañeiras pero están noutras aulas, na das tartarugas, osiños,pitiños ,peixiños e coelliños.
Nós xa temos claro que somos gatiños e gatiñas e por iso,decidimos pintar os nosos propios gatiños.
Nós xa temos claro que somos gatiños e gatiñas e por iso,decidimos pintar os nosos propios gatiños.
FIXEMOS POMPAS NO PATIO
Outra actividade que nos encantou foi facer pompas de xabrón no patio.Disfrutamos moito correndo detrás delas para intentar atrapalas.
CARAS DIVERTIDAS
Os primeiros días de clase fixemos actividades moi divertidas como debuxar caras graciosas nuns globos.Quedamos abraiados e despois levámolos para casa para poder xogar con eles.
O NOSO PRIMEIRO DÍA
Estábamos un pouco nerviosos porque xa empezábamos a nosa etapa como alumnos e alumnas de Educación Infantil no cole dos maiores.
Para festexalo, fixemos unha actividade moi emotiva que consistiu en estampar a nosa man e a man da persoa que nos acompañou. Sen dúbida, lembraremos ese momento durante moito tempo. Moitas grazas ás nosas familias por facer tan agradable o noso primeiro día de cole.

jueves, 3 de octubre de 2013
BENVIDA AOS NOVOS GATIÑOS
Queremos dar a benvida aos novos gatiños e gatiñas.
Estou encantada de acompañarvos nesta nova etapa na que espero que aprendades moitísimas cousas pero tamén que disfrutedes e compartamos actividades, experiencias e sentimentos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)