viernes, 4 de octubre de 2013

O NOSO PRIMEIRO DÍA

Neste día tan especial estivemos acompañados polas nosas mamás ou papás.
Estábamos un pouco nerviosos porque xa empezábamos a nosa etapa  como alumnos e alumnas de Educación Infantil no cole dos maiores. 
Para festexalo, fixemos unha actividade moi emotiva que consistiu en  estampar a nosa man e a man da persoa que nos acompañou. Sen dúbida, lembraremos ese momento durante moito tempo. Moitas grazas ás nosas familias por facer tan agradable o noso primeiro día de cole. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario