Os gatiños e os coelliños fomos visitar a casa na que Picasso viviu 5 anos cando estivo en Coruña.
Chamounos moito a atención a bañeira porque non tiña billa , a cama que era moi pequena , un carriño de bonecas moi antigo e ata puidemos sentarnos nos sofás do salón.
Vimos moitos cadros de Picasso e entre eles destacaba " La niña de los pies descalzos" un cadro dunha nena que Picasso coñeceu na praza de Lugo e que o levaba a todas as exposicións.Tamén había cadros de José Luis, o seu pai.
Despois, convertémonos en pintores e pintamos os nosos propios cadros e escoitamos un conto sobre a historia de Picasso e o que lle gustaba facer cando vivía na Coruña.
Foi unha saída moi divertida e serviunos para aprender aínda máis cousas de Picasso.
martes, 24 de diciembre de 2013
viernes, 20 de diciembre de 2013
FELICES FESTAS
Quero desexar unhas Felices Festas a todos os gatiños e gatiñas e as súas familias.
Espero que Papá Noel e os Reis Magos sexan xenerosos cos nosos gatiños que o teñen ben merecido polo moito que traballaron.
UN BICO A TOD@S
Espero que Papá Noel e os Reis Magos sexan xenerosos cos nosos gatiños que o teñen ben merecido polo moito que traballaron.
UN BICO A TOD@S
FESTIVAL DE NADAL
No festival de Nadal cantamos a canción "Era Rodolfo un reno".
Estábamos guapísim@s cos nosos cornos e o nariz pintado de vermello.Tamén despedimos ás profes de prácticas e entregámoslles un agasallo para agradecerlles o boas que foron con nós e o moito que aprendemos.
A profe Sofía regalounos un cadro precioso no que estamos tod@s os gatiños de pintores.
UN BICO ENORME PROFE SOFÍA E ESPERAMOS A TÚA VISITA.
VISITA DE PAPÁ NOEL
Taménescribimos a carta a Papá Noel, e como fomos moi bos veunos visitar.
Cantamos, bailamos e ao final sacamos a foto de familia.
Cantamos, bailamos e ao final sacamos a foto de familia.
CARTA AOS REIS MAGOS
Para escribir a carta aos Reis Magos contamos cunha axuda moi especial: os nenos e nenas de 5º B axudáronnos nesta labor tan importante.Moitísimas grazas a tod@s eles e a súa profe Juana.
jueves, 19 de diciembre de 2013
DECORACIÓN DO CORREDOR
Fixemos unha exposición de beléns e colgamos unhas bólas de Nadal para celebrar esta festa tan especial para nós.
Todo isto sería imposible sen a colaboración das familias.
Moitas grazas a tod@s.
Todo isto sería imposible sen a colaboración das familias.
Moitas grazas a tod@s.
miércoles, 18 de diciembre de 2013
MURAL DE NADAL
Os gatiños fixemos un mural para celebrar o Nadal.
Traballamos moito pero quedounos precioso.
Traballamos moito pero quedounos precioso.
lunes, 16 de diciembre de 2013
BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS
O xoves 12 de decembro, os gatiños e os coelliños fomos á bibioteca Miguel González Garcés.
Alí explicáronnos que hai distintos tipos de libros: para ver, escoitar, tocar,etc.
Tamén nos dixeron que para poder levar libros a casa precisamos un carnet.
Alí explicáronnos que hai distintos tipos de libros: para ver, escoitar, tocar,etc.
Tamén nos dixeron que para poder levar libros a casa precisamos un carnet.
SESIÓN PSICO-SOCIAL
Nesta sesión, aprendimos cales son as emocións:ledicia,tristura, sorpresa...e cando amosamos cada unha delas.
Despois, escoitamos o conto "Él pez Arco Iris" que trata do importante que é compartir cos demais para ser máis felices.
E para rematar,o pez Arco Iris regalounos unha escama brillante.
Despois, escoitamos o conto "Él pez Arco Iris" que trata do importante que é compartir cos demais para ser máis felices.
E para rematar,o pez Arco Iris regalounos unha escama brillante.
EDUCASAÚDE(SESIÓN PREVENTIVA)
Nesta sesión explicáronnos o importante que é comer moita froita e menos chuches co fin de evitar as caries.
Ademais é moi importante practicar algún deporte para estar sán.
Para rematar como nos portamos moi ben ,vimos dous capítulos de Peppa Pig:El día del deporte y el día de la fruta.
Ademais é moi importante practicar algún deporte para estar sán.
Para rematar como nos portamos moi ben ,vimos dous capítulos de Peppa Pig:El día del deporte y el día de la fruta.
FIXEMOS ESCULTURAS
E como xa éramos uns expertos artistas, decidimos probar a facer
esculturas.Que bonitas e artísticas nos quedaron!
esculturas.Que bonitas e artísticas nos quedaron!
sábado, 14 de diciembre de 2013
RECANTO DE PICASSO
Aquí, temos o material relacionado con este proxecto.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
jueves, 12 de diciembre de 2013
FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE(LA TRAMA DE PICASSO)
Na Fundación María José Jove hai unha exposición sobre Picasso que inclúe actividades e talleres para as familias.
Déixovos o enlace por se vos interesa:
ENLACE "LA TRAMA DE PICASSO(FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE).
Déixovos o enlace por se vos interesa:
ENLACE "LA TRAMA DE PICASSO(FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE).
miércoles, 11 de diciembre de 2013
MUSEO SOBRE PICASSO DOS GATIÑOS E DOS COELLIÑOS
Coas nosas obras de arte sobre Picasso, os gatiños e coelliños montamos un museo na entrada do cole para que todo o mundo puidese disfrutar admirando os nosos traballos.
Canto traballamos e que ben nos quedaron!
Canto traballamos e que ben nos quedaron!
FOMOS AO MERCADILLO
Fomos ao mercadillo que houbo no cole cos xoguetes que trouxemos para colaborar cos alumn@s de 6º.
Algúns mercamos algunhas cousas e estábamos moi ledos, outr@s non tanto porque non tiñamos cartos.
Algúns mercamos algunhas cousas e estábamos moi ledos, outr@s non tanto porque non tiñamos cartos.
martes, 10 de diciembre de 2013
PINTAMOS CON PALLIÑAS
Aprendimos que Picasso pintou cadros doutros pintores coma "As Meninas" de Velázquez ,que seguro que os gatiños do ano pasado lles soa moito. Mándolles un bico enorme e xa sei que lles vai moi ben en 1º.
Entón decidimos pintar a Infanta Margarita pero empregando unha técnica distinta que consistía en soprar por unha palliña.
Quedaron preciosas!
Entón decidimos pintar a Infanta Margarita pero empregando unha técnica distinta que consistía en soprar por unha palliña.
Quedaron preciosas!
jueves, 5 de diciembre de 2013
VISITA SORPRESA: O COELLO TUERCAS
Os gatiños tivemos unha visita sorpresa.Xoel, un coelliño trouxo a clase a Tuercas, un precioso coello
Alí, a familia de Xoel explicounos que lle gustaban moito as cenorias e que cando ten medo métese nunha especie de cova que ten na súa gaiola.Puidemos tocalo e era moi suave.
Moitas grazas aos coelliños e especialmente á familia de Xoel por invitarnos a coñecer a Tuercas.

CANCIÓN DO CORREDOR DOS PEIXIÑOS
Os peixiños cantáronnos a súa canción do corredor.
É unha canción moi apropiada para esta época do ano,pois é unha panxoliña titulada "Xa me tardan estes Magos".
CANCIÓN "XA ME TARDAN ESTES MAGOS"
É unha canción moi apropiada para esta época do ano,pois é unha panxoliña titulada "Xa me tardan estes Magos".
DÍA DA CONSTITUCIÓN
Para celebrar o Día da Constitución, os gatiños fixemos a seguinte actividade:
Primeiro, vimos dous capítulos de debuxos animados, un de Caillou e un de Peppa Pig.Despois, tivemos que elexir cal dos dous nos gustara máis e marcalo na nosa papeleta coma fan os adultos cando exercen o seu dereito ao voto.
O resultado foi:
-Caillou:15
-Peppa Pig:8

miércoles, 4 de diciembre de 2013
PINTAMOS CON PINCEL
No proxecto de Picasso, convertémonos en pintores e pintamos con pincel o bodegón "Peras y manzanas " de Picasso.
Fixemos auténticas obras de arte.
Fixemos auténticas obras de arte.
lunes, 2 de diciembre de 2013
VOTACIÓNS DO PROXECTO DE CENTRO
O venres todo o cole tivo que votar o proxecto de centro.
Había que elexir entre dous temas:prehistoria ou casas.
Nos gatiños , algúns votamos as casas pero a outros nos gustou máis a prehistoria.
Agora xa sabemos o que é unha papeleta, cómo se vota , qué é unha mesa electoral,etc.
Ao final e despois do reconto de votos, o resultado foi o seguinte:
Prehistoria:261
Casas:155

VISITA INESPERADA: A GATA LUNA
Os gatiños tivemos unha visita sorpresa.Diego, un amigo das profes Sofía e Andrea tróuxonos unha gatiña chamada Luna.
Tiña un ano e medio, contounos que ten a súa propia cama, que lle
gusta a carne e moitas cousasa máis.
Encantounos poder tocala e acariñala.Que suave!
Tiña un ano e medio, contounos que ten a súa propia cama, que lle
gusta a carne e moitas cousasa máis.
Encantounos poder tocala e acariñala.Que suave!
O NOSO RECANTO SOBRE O GATO
Aquí temos tódolos materiais relacionados co proxecto do gato.
Moitas grazas ás familias polas súas aportacións.
Moitas grazas ás familias polas súas aportacións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)