martes, 24 de diciembre de 2013

CASA DE PICASSO

Os gatiños e os coelliños fomos visitar a casa na que Picasso viviu 5 anos cando estivo en Coruña.
Chamounos moito a atención a bañeira porque non tiña billa , a cama que era moi pequena , un carriño de bonecas moi antigo e ata puidemos sentarnos nos sofás do salón.
Vimos moitos cadros de Picasso e entre eles destacaba " La niña de los pies descalzos" un cadro dunha nena que Picasso coñeceu na praza de Lugo e que o levaba a todas as exposicións.Tamén había cadros de José Luis, o seu pai.
Despois, convertémonos en pintores e pintamos os nosos propios cadros e escoitamos un conto sobre a historia de Picasso e o que lle gustaba facer cando vivía na Coruña.
Foi unha saída moi divertida e serviunos para aprender aínda máis cousas de Picasso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario