Esta semana fixemos unha actividade sobre o bebé que nos gustou moito: bañámolo.
Primeiro fomos comprobar cómo estaba a auga, botamos a quente e despois a fría. Usamos o termómetro e o cóbado para comprobar que a temperatura era a correcta.
Despois, puxemos unha toalla para que o bebé non resbale, botamos un pouquiño de xabrón e bañámolo con moito coidado.
Para rematar secámolo moi amodiño, puxémoslle o pañal e vestímolo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario