Hoxe gustaríame compartir con todos vós o corto "Cuerdas" feito por un pai dun neno de parálise cerebral.
Espero que vos emocione tanto coma a nós que se nos escapou algunha bágoa.
PRECIOSO!
miércoles, 29 de abril de 2015
lunes, 27 de abril de 2015
VISITOUNOS LUANA
O 23 de abril, celebramos o Día do Libro.Neste día , recibimos dous agasallos:Cascarilla entregounos o noso carnet da biblioteca e visitounos Luana.
Luana é unha amiga de Cascarilla que veu contarnos o conto " Y la luna sonrió ".
Quedamos abraiados mirando para ela!
Ademais regalounos unha estrela.
Moitas grazas Luana.Desexamos que volvas outro día.

VIMOS OS VERMES DE SEDA
Dentro do proxecto de China, aprendimos que os chineses foron os primeiros en fabricar roupa de seda.Este material, que está tan valorado ,obtense dos vermes de seda.
Vimos un vídeo da transformación dos vermes en bolboretas, fixemos unha ficha sobre o tema e para rematar vimos os vermes na clase .Tróuxonolos Laura.
Encantounos poder velos,observar cómo se movían e comían as follas.

viernes, 24 de abril de 2015
VIMOS PEZAS DE PORCELANA CHINESA
Laura, a coidadora de Noemí, tróuxonos unhas pezas de auténtica cerámica chinesa.
Eran unhas cuncas preciosas que tiñan debuxos relacionados con China.
O que máis nos chamou a atención foi o pouco que pesaban e iso era debido a súa finura.
Ata podíamos ver a cara dunha nena chinesa no fondo da cunca!
Tamén nos trouxo uns cadros das estacións moi curiosos. Estaban feitos de fíos!.
Moitas grazas Laura.

miércoles, 22 de abril de 2015
RUTAS URBANAS: Mª PITA
O martes fomos a Mª Pita dentro do programa de " Rutas Urbanas".
Alí , puidemos entrar ao Concello e recibimos unha carta do capitán Drake que foi o pirata que atacou á Coruña . Non o conseguiu grazas a nosa heroína María Pita e a todos os coruñeses que loitaron nesa batalla.
Tamén nos contaron a lenda de Hércules e o xigante Gerión que din está soterrado debaixo da Torre de Hércules.
E ata tivemos a nosa batalla, iso sí, con bólas de papel.
Foi unha saída moi didáctica e divertida.
Canto sabemos agora da historia da Coruña!

CONCERTO DIDÁCTICO:JAZZ LITTLE BAND
O xoves fomos a un concerto didáctico da " Jazz Little Band ".
O tema do programa era " Jazz animados " e o que facía era unir a música cos debuxos animados interpretando as bandas sonoras de películas moi coñecidas coma "Os Picapedra" , " Os Aristogatos", "O libro da selva...

jueves, 16 de abril de 2015
OBRADOIRO: XOGAR SEN XOGUETES
O mércores tivemos un taller de consumo sobre cómo xogar sen xoguetes.
O taller serviunos para pensar que moitas veces temos moitos xoguetes pero non sabemos a qué xogar.
Aprendimos, que cunha simple manta ou cun papel, podemos deixar voar a imaxinación e inventar xogos moi divertidos.

lunes, 13 de abril de 2015
PLANTAMOS CEBOLAS
E para rematar coa nosa labor de labregos, plantamos cebolas e igual que fixemos coas leitugas e cos chícharos botamos o abono e despois a semente.Logo, regámolas e a esperar que medren.
viernes, 10 de abril de 2015
PLANTAMOS CHÍCHAROS
O martes fomos plantar chícharos.Botamos o abono e despois a semente dos chícharos.
Chamounos moito a atención o feito de que foran de cor rosa.
Se despois son verdes!.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)