O martes fomos a Mª Pita dentro do programa de " Rutas Urbanas".
Alí , puidemos entrar ao Concello e recibimos unha carta do capitán Drake que foi o pirata que atacou á Coruña . Non o conseguiu grazas a nosa heroína María Pita e a todos os coruñeses que loitaron nesa batalla.
Tamén nos contaron a lenda de Hércules e o xigante Gerión que din está soterrado debaixo da Torre de Hércules.
E ata tivemos a nosa batalla, iso sí, con bólas de papel.
Foi unha saída moi didáctica e divertida.
Canto sabemos agora da historia da Coruña!
No hay comentarios:
Publicar un comentario