viernes, 29 de mayo de 2015

TANGRAM

Outro xogo chinés é o tamgran.É moi apropiado para traballar a lóxica.
Conta de sete pezas chamadas "tans" coas que hai que facer figuras.
ENLACE
 

XOGO:DOMINÓ

O dominó é outro xogo chinés.
Aquí tedes exemplos para imprimir.
ENLACE

miércoles, 27 de mayo de 2015

AGASALLO DA FAMILIA DE MARÍA

O luns 25 con motivo do cumpreanos de María, o seu papá veunos contar un conto que lle gusta moito "Feliz Navidad Peppa".
Encantounos a sorpresa, especialmente a María que estaba moi emocionada.
Moitas grazas á familia de María!.

jueves, 21 de mayo de 2015

TEATRO:O NACEMENTO DO DRAGÓN

O mércores fomos ver unha obra de teatro dos alumn@s de 2º B con monicreques titulada "O nacemento do dragón".
Nela contáronnos cómo uns nen@s decidiron pensar qué pasaría se xuntamos varias partes do corpo de diferentes animais: as ás do paxaro, as escamas do peixe...
Isto daría lugar a un animal novo: o dragón que está presente en moitas celebracións en China.
Parabéns a tod@s polo ben que o fixeron :a súa profe Anlle e a tódolos nenos e nenas que ademais foron coelliños e gatiños.

miércoles, 20 de mayo de 2015

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS EN INFANTIL

En infantil para celebrar o Día das Letras Galegas reunímonos todos os nenos e nenas.
Os maiores, osiños e tartarugas, explicáronnos que é un día moi importante e que cada ano se adica a un autor. Neste caso a Xosé Filgueira Valverde.
Tamén celebramos que é o aniversario de" Cantares Gallegos"  que
hai 152 anos que se publicou.
Despois,comimos a tarta. Que rica!
Foi unha maneira moi doce de rematar a festa.

martes, 19 de mayo de 2015

ROMARÍA DE PALABRAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas no cole fixemos unha romaría de palabras.
Pedímoslles ás familias que trouxesen unha palabra en galego e puxémolas no noso corredor.
Ademais, cada clase tiña que escoller unha frase que expresase algo que lle gusta facer en galego.
A dos gatiños foi: GÚSTANOS CANTAR EN GALEGO.

lunes, 18 de mayo de 2015

A NOSA FLOR DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Xosé Figueira Valverde, pintamos unha flor co poema que aprendimos.
ESTE MES DE MAIO
É O MES DAS FLORES
EN QUE OS PAXARIÑOS
NOS MOSTRAN OS SEUS AMORES.

DÍA DA FAMILIA

Para celebrar o Día da familia pintamos o noso nome escrito en chinés.
Para iso, contamos coa colaboración do artista Eduardo Hermida que debuxou as letras chinesas para que nos as pintáramos.
Quedamos abraiados do rápido que o facía.
Moitas grazas Eduardo!


viernes, 15 de mayo de 2015

VÍDEO: EL CINTURÓN DE SEGURIDAD


VÍDEO: EL SEMÁFORO DE PEATONES


PARTICIPAMOS NO PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIAL

O xoves tivemos o curso de educación vial.Veu unha policía que se chamaba Silvia e explicounos as normas de circulación: que hai que cruzar polo paso de peóns ou cando o semáforo está en verde...
Despois puxémonos os chalecos reflectantes da policía e saímos a rúa.
Silvia íanos explicando o significado dos sinais. Cruzamos por pasos de peóns sen semáforo e con él.Silvia tamén nos dixo que os policías mandan máis cós semáforos e para demostrárnolo púxose na estrada e parou o tráfico.
O mellor foi que nós tamén o fixemos.Iso de levantar a man e que os coches parasen , encantounos.
Ao chegar ao cole tos@s queríamos ser policías!
Moitas grazas por todo Silvia.
 

TEATRO DE SOMBRAS

Outra das actividades do proxecto de China foi poder ver a representación do conto a qué sabe a lúa con sombras chinesas.
Fixérono cinco rapazas de prácticas da Universidade.
Moitas grazas !

martes, 12 de mayo de 2015

ACTIVIDADES EN LIÑA SOBRE AS LETRAS GALEGAS

+ APRENDE  E  XOGA

VISITA AO MONTE DE SAN PEDRO

O venres fomos ao Monte de San Pedro dentro do programa ambiental " Vexo, vexo".
Previamente, o xoves, explicáronnos cun conto qué animais podíamos ver e ata fixemos uns monicreques.
Na visita aprendimos moitas cousas.:que o toxo é a planta típica de Galicia e a súa flor amarela chámase chorima, cómo distinguir os parrulos macho e femia pola súa cor...
Ademais dixéronnos que para ser bos exploradores hai que ter os ollos ben abertos e ir moi caladiños para poder ver pegadas de animais ou poder oílos. Puidemos ver os excrementos dos coellos e ata as súas casas.
Tamén nos explicaron que antes alí había unha estación militar e  por iso, hai un canón e unha casa que era onde vivían os militares.
Disfrutamos moito coas vistas, dende alí pódese ver toda Coruña.
Ata nos deron un diploma de bos exploradores!