O venres fomos ao Monte de San Pedro dentro do programa ambiental " Vexo, vexo".
Previamente, o xoves, explicáronnos cun conto qué animais podíamos ver e ata fixemos uns monicreques.
Na visita aprendimos moitas cousas.:que o toxo é a planta típica de Galicia e a súa flor amarela chámase chorima, cómo distinguir os parrulos macho e femia pola súa cor...
Ademais dixéronnos que para ser bos exploradores hai que ter os ollos ben abertos e ir moi caladiños para poder ver pegadas de animais ou poder oílos. Puidemos ver os excrementos dos coellos e ata as súas casas.
Tamén nos explicaron que antes alí había unha estación militar e por iso, hai un canón e unha casa que era onde vivían os militares.
Disfrutamos moito coas vistas, dende alí pódese ver toda Coruña.
Ata nos deron un diploma de bos exploradores!
No hay comentarios:
Publicar un comentario