viernes, 18 de diciembre de 2015

FELICITACIÓN DOS GATIÑOS

Esre ano, os gatiños preparamos unha felicitación moi especial.
Era unha sorpresa moi  para as nosas familias.
Cantamos a panxoliña " Vuerla, vuela" que é preciosa pola mensaxe que transmite.
Todos entendimos que o verdadeiro espírito do Nadal é poder estar coas persoas que qaueremos, que ninguén esté só nesta época do ano e que non haxa fame nin guerras no mundo
Esperamos que vos gustase.



Felicitación from marilin garcia on Vimeo.

BO NADAL

Os gatiños  queremos desexarvos un  BO  NADAL.

jueves, 17 de diciembre de 2015

VISITOUNOS O CARTEIRO REAL

Hoxe tivemos unha visita moi especial,pois veu ao cole o Carteiro Real.
Primeiro escribimos a carta.Algúns pedimos moitísimas cousas, outros algunhas menos "porque xa lle pedimos tamén a Papá Noel" pero todos a fixemos con moita ilusión.
Despois, entregámoslla ao Carteiro Real que nos dixo que llas faría chegar aos Reis Magos.
Estábamos entusiasmad@s!

POSTAL DE NADAL

Para felicitar as festas, fixemos unha postal de Nadal. Traballamos moito pero quedounos preciosa.
BO  NADAL

miércoles, 16 de diciembre de 2015

CARTEL DE NADAL

Polo Nadal, tamén fixemos o noso cartel de Nadal desexándolle un
 "Feliz ano"  a todas as familias.
Como estivemos traballando sobre kandinsky, decorámolo con círculos. Despois, puxemos as nosas fotos.
Que bonito!

lunes, 14 de diciembre de 2015

VOTACIÓN DO PROXECTO DE CENTRO

O venres tivemos a votación do proxecto de centro.
Había que elexir entre dous: De tradición / Que pintamos aquí?
O resultado foi:
-De tradición: 156
-Que pintamos aquí? 293
Nós fomos votar e ata levamos o noso carnet da biblioteca para aqmosarllo á mesa electoral.


sábado, 12 de diciembre de 2015

MUSEO DE BELAS ARTES

O mércores 9 de decembro fomos ao museo de Belas Artes.
Alí vimos distintos cadros:de época con princesas e raíñas que levaban perrucas,de paisaxes realistas, un de Luis Seoane titulado "As mariscadoras" no que ata puidemos escoitar o ruído das ondas do mar e tocar as cunchas que colle a xente que se adica a mariscar.
Nesta sala , chamounos moito a atención unha serea que estaba alí por un cadro dunha mariña de Urbano Lugrís.
Tamén vimos cadros de personaxes mitolóxicos coma Hércules e unha escultura de madeira de Francisco Leiro dun xigante.
Nós estábamos buscando cadros de Kandinsky pero a guía xa nos dixo que non había ningún.Que mágoa!
Para rematar, pintamos a Mariana de Austria.
A verdade é que nos encantou a visita e soubemos contestar a moitas preguntas que nos facía a guía grazas aos coñecementos de arte que fomos aprendendo.

jueves, 10 de diciembre de 2015

PANXOLIÑA DE NADAL

Este ano estamos a aprender esta panxoliña.É moi bonita e gústanos especialmente a mensaxe.

jueves, 3 de diciembre de 2015

ADORNOS DA ÁRBORE

Como xa se achega o Nadal , adornamos a clase con motivos navideños.Pintamos os adornos para a nosa árbore de Nadal.
¡Agora está moito máis bonita!