O mércores 9 de decembro fomos ao museo de Belas Artes.
Alí vimos distintos cadros:de época con princesas e raíñas que levaban perrucas,de paisaxes realistas, un de Luis Seoane titulado "As mariscadoras" no que ata puidemos escoitar o ruído das ondas do mar e tocar as cunchas que colle a xente que se adica a mariscar.
Nesta sala , chamounos moito a atención unha serea que estaba alí por un cadro dunha mariña de Urbano Lugrís.
Tamén vimos cadros de personaxes mitolóxicos coma Hércules e unha escultura de madeira de Francisco Leiro dun xigante.
Nós estábamos buscando cadros de Kandinsky pero a guía xa nos dixo que non había ningún.Que mágoa!
Para rematar, pintamos a Mariana de Austria.
A verdade é que nos encantou a visita e soubemos contestar a moitas preguntas que nos facía a guía grazas aos coñecementos de arte que fomos aprendendo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario