jueves, 30 de junio de 2016

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O día 21 tivemos o festival de fin de curso.Os gatiños bailamos a canción "Madre Tierra" de Chayanne.
Fixémolo xenial porque somos verdadeiros artistas!

GRADUACIÓN

O día 20 tivemos a graduación de infantil.Celebramos que xa rematamos unha etapa a de educación infantil e que cando volvamos en setembro seremos nen@s de educación primaria.Foi un día moi emotivo e contamos coa presencia das nosas familias.

viernes, 17 de junio de 2016

MENINAS DE CANIDO

O xoves 16 fomos a Canido e vimos as súas Meninas.
É un barrio de Ferrol que está decorado con Meninas feitas por distintos artistas.
É impresionante!
Ademais contamos cun guía  de luxo Eduardo Hermida que foi un dos impulsores desta idea.
Explicounos todo o proxecto e ata nos amosou a súa casa ,  o seu estudio e as súas obras.
Díxonos que a primeira semana de setembro se reúnen en Canido distintos artistas(fotógrafos, pintores...) e percorren as rúas amosando a súa arte.
Recoméndovos a todas as familias que poidades que o visitedes porque é digno de ver.
Moitas grazas a Eduardo, dende aquí mandámosche un bico enorme.

lunes, 13 de junio de 2016

MURAL NO MURO DO COLEXIO

Unha das actividades que máis nos gustou do proxecto "Que pintamos hoxe" foi pintar no muro do colexio.
Encantounos e seguimos moi atent@s as explicacións de Eduardo Hermida.
Quedounos precioso!

EXCURSIÓN A GANDARÍO

O 3 de xuño fomos a Gandarío.Foi unha xornada de convivencia onde o pasamos moi ben nen@s , familias e mestras.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración para poder disfrutar dun día xenial.

jueves, 9 de junio de 2016

PLANTAMOS NA HORTA

Outra das actividades que máis nos gusta é plantar n a horta.
Plantamos lewitugas, cebolas e chícharos pero penso que non imos ter colleita .

LEMOS DO GANCHETE

Unha actividade que nos gustou moito foi " Lemos do ganchete" que consistía en que un nen@ de primaria nos lía un conto .A nós tocounos cos de 4º B.
Para agasallar aos nosos compañeiros de lectura, fixémoslles un debuxo.
Moitas grazas aos nenos de 4º B e a súa profe Begoña.