O xoves 16 fomos a Canido e vimos as súas Meninas.
É un barrio de Ferrol que está decorado con Meninas feitas por distintos artistas.
É impresionante!
Ademais contamos cun guía de luxo Eduardo Hermida que foi un dos impulsores desta idea.
Explicounos todo o proxecto e ata nos amosou a súa casa , o seu estudio e as súas obras.
Díxonos que a primeira semana de setembro se reúnen en Canido distintos artistas(fotógrafos, pintores...) e percorren as rúas amosando a súa arte.
Recoméndovos a todas as familias que poidades que o visitedes porque é digno de ver.
Moitas grazas a Eduardo, dende aquí mandámosche un bico enorme.
No hay comentarios:
Publicar un comentario