martes, 26 de diciembre de 2017

CARTEIRO REAL

Ademais,  escribímoslle a carta aos Reis Magos. 
Despois como nos visitou o Carteiro Real, puidemos entregarlle as nosas cartas.
A verdade é que pedimos moitas cousas, pero como fomos moi bos ao mellor nos traen todas.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 21 de diciembre de 2017

POSTAL DE NADAL

Tamén fixemos unha postal para desexarlles ás nosas familias un
                                        BO NADAL

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

MURAL DE NADAL

Fixemos un mural de Nadal.Encántanos pintar e neste puxemos moito empeño porque queremos que Papá noel nos traia moitos agasallos.
Quedounos moi bonito!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 20 de diciembre de 2017

VOTACIÓN DO PROXECTO DE CENTRO

O venres 15 de decembro tivemos a votación do proxecto de centro.Había que escoller entre dous temas:
- De tradición
- Son do mar
A maioría dos gatiños votamos éste último e finalmente saiu gañador.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 19 de diciembre de 2017

PERSONAXES DO NADAL

Unha das actividades que fixemos no cole relacionadas co Nadal foi que as familias podían traer ao cole calquera personaxe que sexa @ encargad@ de repartir os agasallos aos nen@s.
De novo, as familias colaboraron nesta actividade amosando a súa creatividade.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

ÁRBORES DE NADAL

Unha das actividades que fixemos para celebrar o Nadal foi decorar cos alumn@s de 5º unha árbore.
A verdade é que o pasamos moi ben cos maiores e aprendemos moito deles.
Moitas grazas as súas titoras Ana e Juana e as nenas e nenos de 5º por axudarnos nesta tarefa.
Despois,colgamos as árbores e as bolas que decoramos coas nosas familias no corredor.
Quedounos moi nadaleño.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 15 de diciembre de 2017

VISITOUNOS A MAMÁ DE CARLA

O luns tivemos unha visita moi especial: veu ao cole a mamá de Carla e o seu irmán pequeno Mario.
No proxecto do bebé aprendemos que algúns bebés aliméntanse do leite materno, mentres outros toman o biberón.
A mamá de Carla explicounos moitas cousas dos coidados que precisan os bebés.
Despois, vimos cómo Mario tomaba a teta e sorprendeunos o tranquilo que quedou.
Moitas grazas á familia de Carla pola súa visita.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 12 de diciembre de 2017

BAÑO DO BEBÉ

Outra das actividades que máis nos gustaron foi bañar ao bebé.
Aprendemos moitas cousas:que a temperatura ideal é de 37º, que para comprobar se a auga está moi quente podemos meter o cóbado na bañeira ou ben cun termómetro.
Para bañalo usamos un xel de bebé e despois, secámolo con moito coidado e botámoslle unha crema ou polvos de talco.
Despois, puxémoslle o cueiro e vestímolo.
Somos uns papás e mamás moi agarimos@s!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

LIVE CINEMA NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE

O venres fomos a un Live cinema sobre o proxecto " Inseparables" na fundación Luis seoane.Acompañáronnos as nosas familias.
É  unha actividade que mestura música con proxección e performance.
Foi unha maneira distinta de ver o que se pode facer nun museo.
Encantáronnos as pantallas nas que se proxectaban os nosos debuxos.
Moitas grazas a tod@s @s artistas por facernos desfrutar tanto deste proxecto.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 11 de diciembre de 2017

ESCULTURAS SOBRE O PROXECTO DO BEBÉ

Relacionado co proxecto do bebé fixemos unhas esculturas de obxectos relacionados cos bebés:un carrusel para o berce, un cueiro, un biberón e un patuco.
Quedaron preciosas!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 5 de diciembre de 2017

TALLER :"EL PARTO ES NUESTRO"

Laura, que está nunha asociación que se chama "El parto es nuestro" veu facer un taller sobre o nacemento dos bebés.
Explicounos cómo ao principio, o feto é do tamaño dunha lentella e logo vai medrando.
Despois, en grupos fomos facendo de papás , mamás ou matronas.
Foi moi divertido.
Moitas grazas  a Laura.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 4 de diciembre de 2017

CGAI

O venres 24 de novembro fomos ao CGAI.
Alí, explicáronnos que teñen unha especie de neveiras onde conservan películas que teñen moitos anos.
Tamén nos dixeron que as películas que duran menos dunha hora chámanse curtos.
Vimos 5 curtos:"A contar ovejas", "La aventura de vestirse","La manopla","La sopa de piedras" e "La galleta sigue corriendo".
O señor bufo era o encargado de presentalos.
Encantáronnos!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

XOGO SIMBÓLICO:ÓVULOS E ESPERMATOZOIDES

No proxecto do bebé fixemos unha actividade que consistía nun xogo simbólico no que uns éramos óvulos e outros espermatozoides.
Despois, convertémonos en mamás e comprobamos o difícil que é moverse cun bebé na barriga.
Ao final , o bebé nace e no hospital lle poñen unha pulseira á mamá e ao bebé.
Foi unha actividade moi divertida.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 29 de noviembre de 2017

CAIXA DO BEBÉ

Na clase, ademais de ter un recanto con moitísimas cousas que trouxeron as nosas familias, temos unha caixa sensorial do bebé.
Alí podemos ver e tocar moitas cousas que son necesarias para o coidado do bebé:peite, champú, crema...
Pero o que máis nos chamou a atención foi "o cordón umbilical" que en realidade era unha tripa de porco.Algúns atrevímonos a tocalo e a outros nos daba un pouco de noxo.
Tamén temos un boneco moi pequeniño nun bote e así,   supoñemos que éramos nós cando estabamos na barriga de mamá.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 17 de noviembre de 2017

VÍDEO " EN EL VIENTRE MATERNO"

Unha das primeiras actividades que fixemos dentro do proxecto do bebé foi ver o  vídeo "En el vientre materno".
Como é moi longo, vímolo en varios días pero encantounos e estivemos moi atent@s.

En el vientre materno. National Geographic from Dimensión Biologica on Vimeo.

martes, 14 de noviembre de 2017

VISITOUNOS UN CARTEIRO

O venres tivemos unha visita especial: Visitounos Alex, o papá de Luisa, unha coelliña.Explicounos en qué consiste o seu traballo e despois, puxemos un selo nun sobre no que aparecía a nosa dirección.Logo, metemos as cartas nunha urma para que Alex as levase.
En breve, vainos chegar unha carta ou ao mellor xa nos chegou..
Moitas grazas á familia de Luisa.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 10 de noviembre de 2017

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Tamén pintamos unha castaña para festexar esta festa tan tradicional  e facer así o colar do magosto.
Despois, comemos as castañas.
Que ricas!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

APARELLO DAS CASTAÑAS

O primeiro que fixemos para celebrar o Magosto foi decorar o noso aparello para as castañas.Estampamos a nosa man e despois,, pintámolo coas cores do outono.
Que bonito!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

MURAL DO MAGOSTO

Fixemos un mural do magosto con follas de outono e castañas.
Quedounos precioso!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 9 de noviembre de 2017

lunes, 6 de noviembre de 2017

VISITA DA SANTA COMPAÑA

O martes 31 despois do recreo visitounos a Santa Compaña.
Xuntámono todos moi xuntiños no medio da clase e non tivemos ningún medo porque xa sabemos que son os nen@s maiores de primaria disfrazad@s.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

AS NOSAS CABAZAS

Polo Samaín, tamén trouxemos cabazas ao cole.
Decorámoolas coa axuda das nosas familias.
Moitas grazas pola vosa colaboración.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

MURAL DO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, fixemos un mural, Pintamos árbores do outono, cabazas, unha pantasma...
Quedounos moi terrorífico!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 16 de octubre de 2017

BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS

O luns 11 de outubro fomos á biblioteca Miguel González Garcés.
Alí, explicáronnos os distintos tipos de libros que hai: moi grandes, moi pequenos, desplegables e ata hai contos para nen@s cegos que poden lelos só con tocalos.Logo, puidemos ver distintos contos.
A continuación, contáronnos cinco contos que nos encantaron:"El pollito Pepe ", " Vamos a cazar un oso" , "El punto rojo", "A qué sabe a lúa " e " Gato Guille e os monstros".

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 4 de octubre de 2017

INICIO DE CURSO

Os gatiños xa estamos de volta ao cole.Agora, xa somos os medianos.
Disfrutamos moito do verán pero xa queríamos volver ver aos nos@s compañeir@s.
Empezamos este novo curso con ilusión e ganas de aprender.


lunes, 26 de junio de 2017

BO VERÁN


FESTA DAS POMPAS

O derradeiro día de cole tivemos a festa das pompas .Pasámolo moi ben e ata tiñamos unha máquina de facer pompas!
Despois, vimos as actuacións d@s nen@s de primaria.
María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

VÍDEOS DEL FESTIVAL



FESTIVAL DE EDUCACIÓN INFANTIL

O xoves 24 de xuño tivemos o festival de fin de curso de Educación Infantil.
Os gatiños e coelliños interpretamos dúas cancións da película "El Rey León".
Fixémolo xenial aínda que estábamos un pouco nervios@s.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

EXCURSIÓN A GANDARÍO

O luns 19 de xuño fomos de excursión a Gandario.
Foi unha xornada de convivencia onde nen@s, familias e profes pasamos unha xornada moi divertida compartinda xogos e o xantar.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e participación nas actividades.


María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 22 de junio de 2017

REINO UNIDO

-PALACIO DE BUCKINGHAM


 -BIG BEN

                 

   -LONDON EYE   
                               
                       

lunes, 5 de junio de 2017

RUTAS URBANAS

O xoves fomos ao parque de Santa Margarita dentro do programa de Rutas Urbanas.
Alí, coñecemos a "Cascanoces" o trasno que se encarga de manter limpo o parque.
Díxonos que tiñamos que axudalo a manter limpo o parque.
Nós axudámoslle moito recollendo as follas e colocándoas en cestas, reciclando o lixo que atopamos nos caldeiros correspondentes...
Tamén aprendimos moito sobre as sementes e como con sol e chuvia medran e convértense en plantas ou árbores.
Ademais , explicáronnos a roupa que temos que levar en cada estación.
Ao final, "Cascanoces" agradeceunos moito que o axudáramos e felicitounos por deixar o parque tan limpo.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 26 de mayo de 2017

LEMOS DO GANCHETE

Unha das actividades que estamos a levar a cabo é saír ao patio acompañad@s dun neno maior para que nos lea un conto.
A nós tocounos cos nenos e nenas de 4º B.
A verdade é que é unha actividade que nos encanta e os nosos compañeiros de Primaria están conseguindo que desfrutemos coa  lectura.


María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 25 de mayo de 2017

OBRA DE TEATRO:"A COCIÑEIRA MARTIÑA"

Onte os nenose nenas de 2º de Primaria representaron a obra "A cociñeira Martiña".
Estivemos moi atent@s porque nos encantou.
Parabens a todos estes actores e actrices e as súas profes Anlle e Isabel.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 24 de mayo de 2017

PRESENTACIÓN DA VIAXE DA FAMILIA DE GUILLE

VOLTA AO MUNDO DA FAMILIA DE GUILLE

O luns tivemos unha visita moi especial:Marta y David, os pais de Guille, viñeron contarnos a súa experiencia de dar a volta ao mundo.
A verdade é que foi moi emocionante ver cantos países visitaron, qué cousas viron, os animais típicos de cada zona...
Gustounos moito e ademais aprendimos moitísimo.
Moitas grazas a Marta e David.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 23 de mayo de 2017

VIMOS UNHA AMBULANCIA

A semana pasada tivemos unha visita sorpresa:grazas a Gema , a mamá de Amina,puidemos ver cómo é unha ambulancia por dentro, os aparatos que leva, deitámonos na padiola e puidemos facer soar a sirena que nos encantou!
Moitas grazas  Gema

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 22 de mayo de 2017

ESPAÑA

-BARCELONA
  -VISITA VIRTUAL SAGRADA FAMILIA
  -VISITA VIRTUAL CASA BATLLÓ
  -VISITA VIRTUAL PARQUE GÜELL           
-MADRID
  -AUDIOGUIA INFANTIL MUSEO DEL PRADO
  -LAS MENINAS
  -VISITA VIRTUAL PARQUE DEL RETIRO
  --VISITA VIRTUAL PUERTA DEL SOL 
 -GALICIA
   -LA TORRE DE HÉRCULES
   - LA  CATEDRAL  DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

                                    
           
        



viernes, 19 de mayo de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 todos os nenos e nenas de infantil celebramos o día das Letras Galegas.
Os maiores , os pitiños e peixiños, explicáronnos algunhas cousas de Carlos Casares que é o autor homenaxeado deste ano.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

ASÍ VEMOS NÓS A CARLOS CASARES

Para celebrar o Día das Letras Galegas fixemos un debuxo de cómo víamos nós a Carlos Casares.
Quedaron moi bonitos!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 18 de mayo de 2017

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Para conmemorar o Día das Letras Galegas estivemos a escoitar a versión que Amancio Prada fai do vídeo de "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.
                             

DÍA DA FAMILIA

Para celebrar o Día da familia ,fixemos un traballo moi especial no que nos debuxamos a nós mesm@s e despois estampamos as nosas mans para darlle unha aperta enorme ás persoas que queremos.
Por suposto, o que máis nos gustou foi estampar as nosas mans.
Esperamos que vos gustase o noso agasallo!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 27 de abril de 2017

MAGO REBO

o martes tivemos unha visita moi especial.O papá de Kiara,unha coelliña, veunos facer un espectáculo de maxia.
Encantounos e quedamos abraiad@s mirando para el e intentando averiguar cómo facía os trucos.
Moitas grazas mago Rebo!


María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 21 de abril de 2017

MEDIOS DE TRANSPORTE

Unha das primeiras cousas que temos que pensar cando viaxamos é que medios de transporte imos usar.
Os gatiños xa coñecemos moitos deles grazas a este vídeo que nos gustou moito.

miércoles, 19 de abril de 2017

PASCUA

Para celebrar que se acercaban as vacaciòns de Pascua, fixemos un colar.
Estábamos desexando que chegaran as vacacións para comer o noso ovo de chocolate,
Á volta, contamos todo o que fixemos e pasámolo moi ben indo á aldea, "aos parques  grandes de Coruña"...

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 5 de abril de 2017

AGASALLO DA FAMILIA DE SARA

O venres tivemos unha visita especial.A familia de Sara agasallounos polo seu cumpreanos  coa lectura do conto
 " Adivina cuánto te quiero".
Ademis, leuno o seu irmán Hugo que foi un gatiño.
Moitas grazas á familia de Sara por este precioso agasallo.


María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 30 de marzo de 2017

PASTEIS DE NATA

Dentro do proxecto " Con rumbo polo mundo" tamén puidemos desfrutar dun dos doces típicos da gastronomía portuguesa "Os pasteis de nata".
Estaban riquísimos!
Moitas grazas á familia de Guillermo por traelos e compartilos con nós.        

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 27 de marzo de 2017

SAÍDA AO CENTRO DE DÍA HERA

O xoves 23 de marzo fomos ao centro de día Hera.
Foi unha actividade na que @s nen@s compartiron experiencias e actividades cos maiores.
Primeiro, falamos da natureza e das plantas e árbores que coñecíamos.
Despois nós cantamos a canción " somos como las flores " e os "abuelitos" como lles chamábamos os gatiños cantaron a canción "Vamos a contar mentiras".Foi moi bonito ver cómo nos observaban tan emocionad@s e logo aplaudíronnos moito.Nós tamén os felicitamos e lle aplaudimos.
Logo, disfrutamos con eles da merenda na que eles nos axudaron a abrir o zume, nos daban galletas e nós animábamolos a que tamén comesen.
E para rematar, axudáronnos a pintar un marcapáxinas.
Foi unha saída moi enriquecedora e emotiva porque conseguimos que os "abuelitos" se emocionasen e se sentisen útiles axudándonos e nós divertímonos moito escoitando as súas experiencias e desfrutamos  coas súas mostras de agarimo.



María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 23 de marzo de 2017

PREPARAMOS A MALETA

Os gatiños xa estamos preparad@s para a nosa viaxe.
O primeiro que temos que facer é preparar a maleta.
Temos que ter en conta que hai que pensar se no sitio ao que imos vai frío ou calor porque a roupa é distinta.
Tamén temos que levar un neceser co cepillo de dentes, a pasta...
E non estaría de máis, levar algo para estar entretidos coma unhas ceras e papel para pintar.
Moitas grazas a familia de Sara pola súa colaboración e por traernos a maleta con todo o necesario para poder viaxar.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

CANCIÓN " LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS"

Unha das primeiras actividades que fixemos dentro do proxecto de centro foi escoitar a canción da serie " La vuelta al mundo en 80 días".
Ademais, estamos vendo os capítulos da serie e así podemos coñecer os sitios a onde viaxa Willy Fog.
Estamos a aprender moitas cousas e chamounos moito a atención que por exemplo na India usen o elefante como medio de transporte.

lunes, 13 de marzo de 2017

AGASALLO PARA AS NOSAS NAIS

Para celebrar o día da muller traballadora,pintamos unha flor para regalarlla as nosas nais e recoñecerlle así o moito que traballan e nos coidan.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 10 de marzo de 2017

O PAÍS DOS MANDÓNS

No día da muller traballadora, vimos o conto " O país dos mandóns" o que nos invita á reflexión e pensar que todos temos que colaborar na realización das tarefas.

jueves, 2 de marzo de 2017

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

No  Entroido, disfrazámonos de " Mundo".Demos unha volta polo barrio en comparsa  e despois no cole desfilamos para que os demais nen@s viran o noso disfrace.
Estivemos acompañad@s polas nosas familias.
Moitas grazas pola vosa colaboración e por axudar a pasar un día tan divertido.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 17 de febrero de 2017

DÍA DE SAN VALENTÍN

Para celebrar o día de San Valentín, pintamos un corazón para amosarlles as nosas familias canto as queremos.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 13 de febrero de 2017

O NOSO DISFRACE

Este ano, os nenos e nenas de infantil imos disfraza@s de mundo.
O modelo é éste:
                                          DIANTE

DETRÁS
Nós temos as plantillas dos continentes, as bolsas e o aironfix e teríades que pagar 3,50 euros ou se preferides podedes conseguilo pola vosa conta.

martes, 31 de enero de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ


Para celebrar o día da Paz, saímos tod@s ao patio.
Os nenos e nenas de primaria leron un manifesto sobre a Paz.
Logo, houbo dúas danzas e para rematar, tod@s cantamos a canción "Los niños queremos la paz".

María Muñiz Barreiro's Slidely by Slidely Slideshow

PALABRAS BONITAS

Para conmemorar este día tan bonito , despois de traballar co abecedario da Paz,decoramos os corazóns que conteñen algunhas destas palabras,
Quedaron moi bonitos! 
Con todos os corazóns formamos a palabra paz.

María Muñiz Barreiro's Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 20 de enero de 2017

VÍDEOS DA CLASE DE INGLÉS

Aquí vos deixo unha mostra dos vídeos que os gatiños usan na clase de inglés para que os poidades disfrutar na casa.
-VÍDEOS

                                        

                                 
                       

     



lunes, 9 de enero de 2017

AGASALLO DOS REIS AOS GATIÑOS

Así rematamos o primeiro trimestre cantando a canción de "Rudolph" e desexando que Papá Noel e os Reis Magos nos trouxeran moitas cousas.
Cando volvemos das vacacións de nadal,tiñamos dúas sorpresas: a primeira é que xa puidemos volver a nosa clase e a segunda foi un agasallo para os gatiños porque fomos moi bos , un libro ppara aprender as cores.