lunes, 27 de marzo de 2017

SAÍDA AO CENTRO DE DÍA HERA

O xoves 23 de marzo fomos ao centro de día Hera.
Foi unha actividade na que @s nen@s compartiron experiencias e actividades cos maiores.
Primeiro, falamos da natureza e das plantas e árbores que coñecíamos.
Despois nós cantamos a canción " somos como las flores " e os "abuelitos" como lles chamábamos os gatiños cantaron a canción "Vamos a contar mentiras".Foi moi bonito ver cómo nos observaban tan emocionad@s e logo aplaudíronnos moito.Nós tamén os felicitamos e lle aplaudimos.
Logo, disfrutamos con eles da merenda na que eles nos axudaron a abrir o zume, nos daban galletas e nós animábamolos a que tamén comesen.
E para rematar, axudáronnos a pintar un marcapáxinas.
Foi unha saída moi enriquecedora e emotiva porque conseguimos que os "abuelitos" se emocionasen e se sentisen útiles axudándonos e nós divertímonos moito escoitando as súas experiencias e desfrutamos  coas súas mostras de agarimo.



María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario