O xoves 5 de febreiro fomos ao MAC.Alí puidemos ver cousas impresionantes: cómo coa luz ultravioleta vemos obxectos e brillan na escuridade coma por exemplo un tatuaxe que nos fixeron.
Tamén vimos que algúns artistas fan obras de arte moi variadas:unha escultura dunha proteína e de virus vistos cun microscopio, cadros feitos con fíos,etc.
Despois, fixemos puzles máxicos que só se ven cando lle poñemos a luz ultravioleta e debuxamos o noso propio virus.
Para rematar vimos unha dramatización de cómo acabar cos virus que nos encantou.
Pasámolo xenial e aprendimos moitísimas cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario