Para celebrar o Día da Paz tiñamos que facer un papaventos cunha frase relacionada con ese día tan bonito.
O lema dos gatiños foi " Somos distintos pero iguais" porque xa sabemos que no mundo hai distintas razas e culturas pero todos temos os mesmos dereitos.
O venres por fin puidemos saír a festexar este día.
Cada clase foi lendo o seu lema e Hugo foi o representante dos gatiños.
Despois unhas nenas de 3º viñeron bailar unha danza chinesa.
Fixérono xenial!
E así rematou a celebración do Día da Paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario