Na clase temos un recanto adicado ás matemáticas e en concreto ás sumas e restas.
Se tedes tempo, aconséllovos que fagades un na casa porque @s nen@s aprenden e se divirten e é moi sinxelo de facer.
Primeiro, facemos unha árbore .
Despois, necesitamos números e os signos de sumar , restar e o igual e mazás de dúas cores verdes e vermellas.
Agora xa teño todo o que preciso para poder xogar.
Poño por exemplos dúas mazás vermellas na árbore.Coloco o 2 no tronco e o signo + para sumar e - para restar.Despois poño tres mazás verdes e coloco o 3 no tronco e o signo = .
Por último, conto todas as mazás verdes e vermellas e xa teño o resultado e coloco o 5 no tronco.
É así de sinxelo pero moi didáctico!
viernes, 29 de abril de 2016
RECITADO D@S ALUMN@S DE 2º ESO DO OTERO PEDRAYO
O xoves 28 de abril viñeron ao cole , os rapaces do Otero Pedrayo e recitaron poesías de Manuel María, o autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
Fixérono moi ben e ademais regaláronnos un retrato do homenaxeado e a bandeira de Galicia.
Moitas grazas a tod@s.
Fixérono moi ben e ademais regaláronnos un retrato do homenaxeado e a bandeira de Galicia.
Moitas grazas a tod@s.
jueves, 28 de abril de 2016
MAC
O martes 26 de abril fomos ao MAC.É unha das visitas que máis nos gustan porque aprendemos cousas moi interesantes.
Este ano a visita estaba relacionada cos retratos e coas distintas maneiras de facelos:poden ser fotos,vídeos, pintados con pincel ou con cámaras e ordenadores.Encantounos especialmente esta última actividade en que nunha pantalla misturaban a cabeza dun nen@ co corpo doutr@.Tamén quedamos moi impresionados cunha escultura a tamaño real.Nos daba ata medo porque pensábamos que era unha persoa e que se ía levantar.
Pasámolo xenial!

lunes, 25 de abril de 2016
DÍA DO LIBRO
Para celebrar o Día do Libro,fixemos varias actividades:Primeiro, os nenos de 5ºA viñeron contarnos algunhas cousas da obra de Cervantes " Don Quijote de la Mancha".
Cantamos todos xuntos a canción que nos encanta.
Cantamos todos xuntos a canción que nos encanta.
Tamén fixemos debuxos do que máis nos gustara e un marcapáxinas.
Que importante é ler para descubrir cousas novas! martes, 19 de abril de 2016
CASA DAS CIENCIAS
O venres 15 de abril fomos á Casa das Ciencias.Alí primeiro tivemos unha sesión de planetario na que quedamos abraiados mirando para as escenas e debuxos que se proxectaban na cúpula.
Aprendemos moito sobre os planetas.
Despois, puidemos experimentar coa ciencia : fixemos pompas de xabrón, xogos de equilibrio, vimos os pitiños ...
Foi unha saída moi divertida pero tamén moi didáctica porque aprendemos moitas cousas.

CONTO DOS ALUMNOS DE 6º
O mércores 13 Xián e Mario ,dous alumnos de 6,º viñeron contarnos o conto de "Víctor Pedete" que trata dun can que é un pouco porco.
Fíxonos moita gracia e estivemos moi atent@s.Ademais regaláronnos un mural precioso.
Moitas grazas a Xián e Mario.
Fíxonos moita gracia e estivemos moi atent@s.Ademais regaláronnos un mural precioso.
Moitas grazas a Xián e Mario.
miércoles, 13 de abril de 2016
PINTAMOS OS NOSOS BISONTES DE ALTAMIRA
Coma aprendimos moito sobre as covas de Altamira, decidimos pintar os nosos propios bisontes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)