viernes, 29 de abril de 2016

RECANTO DAS MATE

Na clase temos un recanto adicado ás matemáticas e en concreto ás sumas e restas.
Se tedes tempo, aconséllovos que fagades un na casa porque @s nen@s aprenden e se divirten e é moi sinxelo de facer.
Primeiro, facemos unha árbore .
Despois, necesitamos números e os signos de sumar , restar e o igual e mazás de dúas cores verdes e vermellas.
Agora xa teño todo o que preciso para poder xogar.
Poño por exemplos  dúas mazás vermellas na árbore.Coloco o 2 no tronco e o signo + para sumar e - para restar.Despois poño tres mazás verdes e coloco o 3 no tronco e o signo = .
Por  último, conto todas as mazás verdes e vermellas e xa teño o resultado e coloco o 5 no tronco.
É así de sinxelo pero moi didáctico!

No hay comentarios:

Publicar un comentario