O martes 26 de abril fomos ao MAC.É unha das visitas que máis nos gustan porque aprendemos cousas moi interesantes.
Este ano a visita estaba relacionada cos retratos e coas distintas maneiras de facelos:poden ser fotos,vídeos, pintados con pincel ou con cámaras e ordenadores.Encantounos especialmente esta última actividade en que nunha pantalla misturaban a cabeza dun nen@ co corpo doutr@.Tamén quedamos moi impresionados cunha escultura a tamaño real.Nos daba ata medo porque pensábamos que era unha persoa e que se ía levantar.
Pasámolo xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario