Os gatiños e os coelliños fomos visitar a casa na que Picasso viviu 5 anos cando estivo en Coruña.
Chamounos moito a atención a bañeira porque non tiña billa , a cama que era moi pequena , un carriño de bonecas moi antigo e ata puidemos sentarnos nos sofás do salón.
Vimos moitos cadros de Picasso e entre eles destacaba " La niña de los pies descalzos" un cadro dunha nena que Picasso coñeceu na praza de Lugo e que o levaba a todas as exposicións.Tamén había cadros de José Luis, o seu pai.
Despois, convertémonos en pintores e pintamos os nosos propios cadros e escoitamos un conto sobre a historia de Picasso e o que lle gustaba facer cando vivía na Coruña.
Foi unha saída moi divertida e serviunos para aprender aínda máis cousas de Picasso.
martes, 24 de diciembre de 2013
viernes, 20 de diciembre de 2013
FELICES FESTAS
Quero desexar unhas Felices Festas a todos os gatiños e gatiñas e as súas familias.
Espero que Papá Noel e os Reis Magos sexan xenerosos cos nosos gatiños que o teñen ben merecido polo moito que traballaron.
UN BICO A TOD@S
Espero que Papá Noel e os Reis Magos sexan xenerosos cos nosos gatiños que o teñen ben merecido polo moito que traballaron.
UN BICO A TOD@S
FESTIVAL DE NADAL
No festival de Nadal cantamos a canción "Era Rodolfo un reno".
Estábamos guapísim@s cos nosos cornos e o nariz pintado de vermello.Tamén despedimos ás profes de prácticas e entregámoslles un agasallo para agradecerlles o boas que foron con nós e o moito que aprendemos.
A profe Sofía regalounos un cadro precioso no que estamos tod@s os gatiños de pintores.
UN BICO ENORME PROFE SOFÍA E ESPERAMOS A TÚA VISITA.
VISITA DE PAPÁ NOEL
Taménescribimos a carta a Papá Noel, e como fomos moi bos veunos visitar.
Cantamos, bailamos e ao final sacamos a foto de familia.
Cantamos, bailamos e ao final sacamos a foto de familia.
CARTA AOS REIS MAGOS
Para escribir a carta aos Reis Magos contamos cunha axuda moi especial: os nenos e nenas de 5º B axudáronnos nesta labor tan importante.Moitísimas grazas a tod@s eles e a súa profe Juana.
jueves, 19 de diciembre de 2013
DECORACIÓN DO CORREDOR
Fixemos unha exposición de beléns e colgamos unhas bólas de Nadal para celebrar esta festa tan especial para nós.
Todo isto sería imposible sen a colaboración das familias.
Moitas grazas a tod@s.
Todo isto sería imposible sen a colaboración das familias.
Moitas grazas a tod@s.
miércoles, 18 de diciembre de 2013
MURAL DE NADAL
Os gatiños fixemos un mural para celebrar o Nadal.
Traballamos moito pero quedounos precioso.
Traballamos moito pero quedounos precioso.
lunes, 16 de diciembre de 2013
BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS
O xoves 12 de decembro, os gatiños e os coelliños fomos á bibioteca Miguel González Garcés.
Alí explicáronnos que hai distintos tipos de libros: para ver, escoitar, tocar,etc.
Tamén nos dixeron que para poder levar libros a casa precisamos un carnet.
Alí explicáronnos que hai distintos tipos de libros: para ver, escoitar, tocar,etc.
Tamén nos dixeron que para poder levar libros a casa precisamos un carnet.
SESIÓN PSICO-SOCIAL
Nesta sesión, aprendimos cales son as emocións:ledicia,tristura, sorpresa...e cando amosamos cada unha delas.
Despois, escoitamos o conto "Él pez Arco Iris" que trata do importante que é compartir cos demais para ser máis felices.
E para rematar,o pez Arco Iris regalounos unha escama brillante.
Despois, escoitamos o conto "Él pez Arco Iris" que trata do importante que é compartir cos demais para ser máis felices.
E para rematar,o pez Arco Iris regalounos unha escama brillante.
EDUCASAÚDE(SESIÓN PREVENTIVA)
Nesta sesión explicáronnos o importante que é comer moita froita e menos chuches co fin de evitar as caries.
Ademais é moi importante practicar algún deporte para estar sán.
Para rematar como nos portamos moi ben ,vimos dous capítulos de Peppa Pig:El día del deporte y el día de la fruta.
Ademais é moi importante practicar algún deporte para estar sán.
Para rematar como nos portamos moi ben ,vimos dous capítulos de Peppa Pig:El día del deporte y el día de la fruta.
FIXEMOS ESCULTURAS
E como xa éramos uns expertos artistas, decidimos probar a facer
esculturas.Que bonitas e artísticas nos quedaron!
esculturas.Que bonitas e artísticas nos quedaron!
sábado, 14 de diciembre de 2013
RECANTO DE PICASSO
Aquí, temos o material relacionado con este proxecto.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
jueves, 12 de diciembre de 2013
FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE(LA TRAMA DE PICASSO)
Na Fundación María José Jove hai unha exposición sobre Picasso que inclúe actividades e talleres para as familias.
Déixovos o enlace por se vos interesa:
ENLACE "LA TRAMA DE PICASSO(FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE).
Déixovos o enlace por se vos interesa:
ENLACE "LA TRAMA DE PICASSO(FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE).
miércoles, 11 de diciembre de 2013
MUSEO SOBRE PICASSO DOS GATIÑOS E DOS COELLIÑOS
Coas nosas obras de arte sobre Picasso, os gatiños e coelliños montamos un museo na entrada do cole para que todo o mundo puidese disfrutar admirando os nosos traballos.
Canto traballamos e que ben nos quedaron!
Canto traballamos e que ben nos quedaron!
FOMOS AO MERCADILLO
Fomos ao mercadillo que houbo no cole cos xoguetes que trouxemos para colaborar cos alumn@s de 6º.
Algúns mercamos algunhas cousas e estábamos moi ledos, outr@s non tanto porque non tiñamos cartos.
Algúns mercamos algunhas cousas e estábamos moi ledos, outr@s non tanto porque non tiñamos cartos.
martes, 10 de diciembre de 2013
PINTAMOS CON PALLIÑAS
Aprendimos que Picasso pintou cadros doutros pintores coma "As Meninas" de Velázquez ,que seguro que os gatiños do ano pasado lles soa moito. Mándolles un bico enorme e xa sei que lles vai moi ben en 1º.
Entón decidimos pintar a Infanta Margarita pero empregando unha técnica distinta que consistía en soprar por unha palliña.
Quedaron preciosas!
Entón decidimos pintar a Infanta Margarita pero empregando unha técnica distinta que consistía en soprar por unha palliña.
Quedaron preciosas!
jueves, 5 de diciembre de 2013
VISITA SORPRESA: O COELLO TUERCAS
Os gatiños tivemos unha visita sorpresa.Xoel, un coelliño trouxo a clase a Tuercas, un precioso coello
Alí, a familia de Xoel explicounos que lle gustaban moito as cenorias e que cando ten medo métese nunha especie de cova que ten na súa gaiola.Puidemos tocalo e era moi suave.
Moitas grazas aos coelliños e especialmente á familia de Xoel por invitarnos a coñecer a Tuercas.

CANCIÓN DO CORREDOR DOS PEIXIÑOS
Os peixiños cantáronnos a súa canción do corredor.
É unha canción moi apropiada para esta época do ano,pois é unha panxoliña titulada "Xa me tardan estes Magos".
CANCIÓN "XA ME TARDAN ESTES MAGOS"
É unha canción moi apropiada para esta época do ano,pois é unha panxoliña titulada "Xa me tardan estes Magos".
DÍA DA CONSTITUCIÓN
Para celebrar o Día da Constitución, os gatiños fixemos a seguinte actividade:
Primeiro, vimos dous capítulos de debuxos animados, un de Caillou e un de Peppa Pig.Despois, tivemos que elexir cal dos dous nos gustara máis e marcalo na nosa papeleta coma fan os adultos cando exercen o seu dereito ao voto.
O resultado foi:
-Caillou:15
-Peppa Pig:8

miércoles, 4 de diciembre de 2013
PINTAMOS CON PINCEL
No proxecto de Picasso, convertémonos en pintores e pintamos con pincel o bodegón "Peras y manzanas " de Picasso.
Fixemos auténticas obras de arte.
Fixemos auténticas obras de arte.
lunes, 2 de diciembre de 2013
VOTACIÓNS DO PROXECTO DE CENTRO
O venres todo o cole tivo que votar o proxecto de centro.
Había que elexir entre dous temas:prehistoria ou casas.
Nos gatiños , algúns votamos as casas pero a outros nos gustou máis a prehistoria.
Agora xa sabemos o que é unha papeleta, cómo se vota , qué é unha mesa electoral,etc.
Ao final e despois do reconto de votos, o resultado foi o seguinte:
Prehistoria:261
Casas:155

VISITA INESPERADA: A GATA LUNA
Os gatiños tivemos unha visita sorpresa.Diego, un amigo das profes Sofía e Andrea tróuxonos unha gatiña chamada Luna.
Tiña un ano e medio, contounos que ten a súa propia cama, que lle
gusta a carne e moitas cousasa máis.
Encantounos poder tocala e acariñala.Que suave!
Tiña un ano e medio, contounos que ten a súa propia cama, que lle
gusta a carne e moitas cousasa máis.
Encantounos poder tocala e acariñala.Que suave!
O NOSO RECANTO SOBRE O GATO
Aquí temos tódolos materiais relacionados co proxecto do gato.
Moitas grazas ás familias polas súas aportacións.
Moitas grazas ás familias polas súas aportacións.
sábado, 30 de noviembre de 2013
VÍDEO DE EDUCACIÓN VIAL(EDUCASAÚDE)
No programa educasaúde vimos estes debuxos animados que tratan da importancia de levar o cinto de seguridade, non usar o móbil mentres conducimos,etc.
viernes, 29 de noviembre de 2013
ALEX FUERA CHUCHES(CONTO EDUCA SAÚDE)
No programa educasaúde tamén nos contaron este conto no que un neno ao que lle encantan as chuches, entende que hai outras cousas máis ricas e saudables.
EL DESAYUNO MÁGICO(CONTO EDUCASAÚDE)
No programa educasaúde contáronnOS estes conto que trata dunha nena que non quería almorzar, pero que despois, entende que así non ten forza e dcide tomat todo o que lle poñen para almorzar:galletas,zume, cereais...
EDUCASAÚDE(SESIÓN MÉDICA)
Na primeira sesión de educa saúde faláronnos da importancia do almorzo.É moi importante para ter enerxía no cole.
Tamén nos dixeron que non debíamos comer moitas chuches porque son malas para os nosos dentes e porvocan caries.
É moito mellor comer froita que está boísima e ten moitas vitaminas.
Para rematar, vimos debuxos animados de Educación Vial no que aprendimos a importancia de levar o cinto de seguridade, non usar o móbil mentres se conduce,etc.

jueves, 28 de noviembre de 2013
CONTO DE PICASSO
A profe Sofía amosounos un conto que tiña un resumo da vida de Picasso.
Aprendemos moitas cousas: Que o nome de Picasso é Pablo,que os seus pais chámanse José Luis e María, que pintou o seu primeiro cadro cando tiña 8 anos, que veu vivir á Coruña cando tiña 10 anos,etc.
Aprendemos moitas cousas: Que o nome de Picasso é Pablo,que os seus pais chámanse José Luis e María, que pintou o seu primeiro cadro cando tiña 8 anos, que veu vivir á Coruña cando tiña 10 anos,etc.
viernes, 22 de noviembre de 2013
CGAI (CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE)
Os gatiños e os coelliños fomos ver a película "As andanzas da pequena toupa" no CGAI.
Trata dunha toupa que vive experiencias divertidas en distintas situacións: no zoo, coa música, cun transmisor, de pintora , fotógrafa e coa estrela verde.
Portámonos moi ben e estivemos moi atent@s.
ENLACE Á PÁXINA DO CGAI ENLACE ÁS ANDANZAS DA PEQUENA TOUPA
Krtecek - 7 por zdnovy

jueves, 21 de noviembre de 2013
CONTO "ÓLIVER Y SUS AUDÍFONOS"
Os gatiños e os coelliños tivemos unha visita moi especial.Visitounos a asociación coruñesa de promoción dos xordos.
Contáronnos un conto precioso:"Óliver y sus audífonos".
Aprendimos moitísimas cousas: qué é un audífono, para qué serve, qué é un implante coclear e agora xa sabemos que éstes aparatos axudan a facer a vida das persoas xordas máis doada.
ENLACE CONTO ÓLIVER Y SUS AUDÍFONOS
miércoles, 20 de noviembre de 2013
REMUÍÑO DE IDEAS E POWERPOINT SOBRE PICASSO
A profe Sofía preguntounos cousas sobre os pintores:se sabíamos o que era un cadro, con qué pintan os pintores...
Despois, os gatiños e coelliños vimos varios cadros de Picasso na pantalla dixital.
Despois, os gatiños e coelliños vimos varios cadros de Picasso na pantalla dixital.
AGASALLO DOS PEIXIÑOS
Os peixiños fixéronnos un agasallo aos gatiños para darnos a benvida ao cole.Que debuxos tan bonitos nos fixeron!
Moitas grazas peixiños.
Moitas grazas peixiños.
lunes, 18 de noviembre de 2013
A NOSA MASCOTA
Os gatiños temos unha mascota.É unha gatiña á que lle puxemos de nome Rosita e que por orde de lista levaremos a casa os venres.
Así , ademais de xogar con ela , aprendemos o importante que é coidar dos animais aínda que sexan de xoguete.
Así , ademais de xogar con ela , aprendemos o importante que é coidar dos animais aínda que sexan de xoguete.
viernes, 15 de noviembre de 2013
CELEBRACIÓN DO MAGOSTO
Para festexar o magosto ,primeiro comimos as castañas.Que ricas!
Despois, e coma en toda festa houbo música e disfrutamos bailando todos xuntos.
Despois, e coma en toda festa houbo música e disfrutamos bailando todos xuntos.
DECORAMOS O NOSO PORTA-CASTAÑAS
Outra actividade que nos encantou foi decorar o noso aparello para as castañas.Pintámolo coas cores do outono.Que bonito!
MURAL DO MAGOSTO
Os gatiños fixemos un mural para celebrar o magosto.
Que bonitas quedaron as nosas castañas!
Que bonitas quedaron as nosas castañas!
miércoles, 30 de octubre de 2013
VISITOUNOS A SANTA COMPAÑA
Visitounos a Santa Compaña.Quedamos impresionados mirando para ela e moi, moi caladiños.
Deunos un pouco de medo, pero non moito porque xa sabemos que non existe, igual que as bruxas , os monstros, as pantasmas,etc que so están nos contos.
E para rematar, maquilláronnos con motivos propios desta festa:unha cabaza e unha araña.
E así rematou o Samaín.

MERENDA DE MEDO
Os gatiños e os coelliños tivemos unha merenda de medo.
O obxectivo era elaborar tumbas con comida.
Os ingredientes para elaboralas foron os seguintes:
-Sobaos
-Chocolate branco
-Fideos de chocolate
Primeiro, collemos os sobaos,Dentro metemos unha onza de chocolate branco a modo de lápida.Para rematar, botamos uns poucos fideos de chocolate e a comer!.
Se poñemos varios xuntos semella ser un cemiterio.
Estaban de morte!

AS NOSAS CABAZAS
Decoramos o noso corredor para que tivese un aspecto terrorífico con teas de araña ,globos...
Quedou moito máis bonito coas cabazas que trouxeron as familias.
Parabéns e moitas grazas pola vosa colaboración.
Quedou moito máis bonito coas cabazas que trouxeron as familias.
Parabéns e moitas grazas pola vosa colaboración.
FIXEMOS MORCEGOS
Os gatiños fixemos uns morcegos chulísimos.Primeiro, pintamos as dúas ás de negro, despois pintamos o corpo de laranxa, puxémoslle os ollos e xa están listos.Levámolos para casa para que os nosos pais visen canto traballamos e que bonitos quedaron.
VÍDEO DO SAMAÍN
Os gatiños cantamos as cancións que aprendimos para o Samaín.
Mirade que cantantes estamos feitos!
Mirade que cantantes estamos feitos!
P1060715 from Maria muñiz barreiro on Vimeo.
MURAL DO SAMAÍN
Fixemos un mural do Samaín.Pintamos todo de negro, despois estampamos a nosa man e por último puxemos a nosa foto.
Que pantasmas tan guapos somos!
Que pantasmas tan guapos somos!
sábado, 26 de octubre de 2013
HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN
Os gatiños tamén aprendimos o estribillo desta preciosa canción de Mamá Cabra e vimos o vídeo que un cole fixo con ela.
viernes, 25 de octubre de 2013
CORRE,CORRE CABACIÑA
Encantounos e despois vimos o vídeo e aprendimos o estribillo da canción.
INCY WINCY ARAÑA
O Samaín é unha festa de bruxas, pantasmas ,arañas...
Por iso, decidimos aprender esta canción aínda que non nos daba ningún medo e era moi graciosa.
martes, 15 de octubre de 2013
MURAL DE OUTONO
Os gatiños fixemos un mural do outono coas follas que trouxemos.
Aprendimos que as follas nesta época do ano caen e poden ser de distintas cores: amarelas, marróns...
Encantounos pintar coas témperas.Quedounos moi bonito !
Aprendimos que as follas nesta época do ano caen e poden ser de distintas cores: amarelas, marróns...
Encantounos pintar coas témperas.Quedounos moi bonito !
viernes, 4 de octubre de 2013
PINTAMOS OS NOSOS GATIÑOS
No cole temos moito compañeiros e compañeiras pero están noutras aulas, na das tartarugas, osiños,pitiños ,peixiños e coelliños.
Nós xa temos claro que somos gatiños e gatiñas e por iso,decidimos pintar os nosos propios gatiños.
Nós xa temos claro que somos gatiños e gatiñas e por iso,decidimos pintar os nosos propios gatiños.
FIXEMOS POMPAS NO PATIO
Outra actividade que nos encantou foi facer pompas de xabrón no patio.Disfrutamos moito correndo detrás delas para intentar atrapalas.
CARAS DIVERTIDAS
Os primeiros días de clase fixemos actividades moi divertidas como debuxar caras graciosas nuns globos.Quedamos abraiados e despois levámolos para casa para poder xogar con eles.
O NOSO PRIMEIRO DÍA
Estábamos un pouco nerviosos porque xa empezábamos a nosa etapa como alumnos e alumnas de Educación Infantil no cole dos maiores.
Para festexalo, fixemos unha actividade moi emotiva que consistiu en estampar a nosa man e a man da persoa que nos acompañou. Sen dúbida, lembraremos ese momento durante moito tempo. Moitas grazas ás nosas familias por facer tan agradable o noso primeiro día de cole.

jueves, 3 de octubre de 2013
BENVIDA AOS NOVOS GATIÑOS
Queremos dar a benvida aos novos gatiños e gatiñas.
Estou encantada de acompañarvos nesta nova etapa na que espero que aprendades moitísimas cousas pero tamén que disfrutedes e compartamos actividades, experiencias e sentimentos.
jueves, 5 de septiembre de 2013
NOVO CURSO
Xa estamos de volta no blogue dos gatiños .
Os gatiños de 5 anos xa van para 1º, pero lembrade que tedes que vir visitarme como me prometéchedes.
Co inicio do curso, temos unha nova moi importante que contarvos:
As nosas Meninas van ser expostas nun certame que terá lugar en Ferrol a cargo de Eduardo Hermida.
O acto será o sábado en Canido onde haberá unha festa artística.
Aquí vos deixo o enlace onde tedes máis información.
MENINAS DE CANIDO
jueves, 27 de junio de 2013
miércoles, 26 de junio de 2013
FESTA DE FIN DE CURSO
O día 21 de xuño, tivemos a festa de fin de curso.Nela , os nenos e nenas de Primaria bailaron as coreografías que tiñan preparadas e despois puidemos bailar e cantar.
Bo verán e vémonos en setembro.
UN BICO ENORME A TOD@S.
Bo verán e vémonos en setembro.
UN BICO ENORME A TOD@S.
O NOSO RECANTO
Aquí os gatiños temos todo o material relacionado co proxecto do castelo.Moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración.
martes, 25 de junio de 2013
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
No festival de fin de curso, os gatiños e os coelliños bailamos tres cancións de Grease.Estábamos guapísim@s caracterizad@s coma John Travolta e Olivia Newton- John grazas á colaboración das familias .
Fixémolo xenial e divertímonos moito.
Xa somos verdadeir@s artistas!
viernes, 21 de junio de 2013
miércoles, 19 de junio de 2013
GRADUACIÓN
Os gatiños e coelliños celebramos o acto da nosa graduación.
É un día moi especial porque significa que xa rematamos a etapa de Educación Infantil.
Cando regresemos ao cole en setembro xa seremos alumnos e alumnas de Primaria.
Neste momento tan emotivo, contamos coa presencia das nosas familias que estaban moi emocionadas e queremos agradecerlles a súa presencia.
Moitas grazas por todo.
Moitas grazas por todo.
sábado, 15 de junio de 2013
CASA DO QUEIXO
O 10 de xuño fomos de excursión á Casa do Queixo.
Alí , primeiro fixemos o noso propio queixo e vimos cómo é todo o proceso.
Despois vimos moitos animais: A avestruz Marcelina, unha pony que se chamaba Cuca, os tres porquiños Pim, Pam,Pum, cabras, vacas, galiñas... e ata puidemos acariciar a algúns.
Tamén tivemos un contacontos no que representaron o libro "A qué sabe a lúa".
Para rematar, xogamos todos xuntos e fixemos a foto de familia.
Sen dúbida,foi un fermoso día de convivencia .
viernes, 14 de junio de 2013
viernes, 7 de junio de 2013
miércoles, 5 de junio de 2013
O NOSO RECANTO
Aquí temos todas as cousas relacionadas co proxecto da auga.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
martes, 28 de mayo de 2013
viernes, 24 de mayo de 2013
miércoles, 22 de mayo de 2013
jueves, 16 de mayo de 2013
CELEBRACIÓN CONXUNTA
No cole, tivemos varias actividades para celebrar o Día das Letras Galegas.
O mércores vimos dúas obras de teatro:Polgariño e Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis.Gustáronnos moito!.
O xoves ademais da nosa festa, tivemos unha artista invitada: a gaiteira Susana Seivane.Pasámolo moi ben cantando e bailando.
Despois da súa actuación, Susana escribiunos unha dedicatoria.
E para rematar, Sara , a directora, leunos unha carta de Cascarilla na que nos dicía que tiña un agasallo para nós que nos entregou a profe Lidia.
E así acabou a nosa celebración das Letras Galegas.
FESTA DE EDUCACIÓN INFANTIL
Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos todos xuntos o Día das Letras Galegas.
Primeiro, os gatiños e os coelliños presentamos ao autor homenaxeado, Roberto Vidal Bolaño e falamos da súa vida e obra.
Logo, recitamos as tres primeiras estrofas de "Adiós ríos,adiós fontes" de Rosalía de Castro xa que hai 150 anos que se publicou o seu libro "Cantares Gallegos".
E para rematar,comemos unha tarta de chuches.Que boa estaba!
miércoles, 15 de mayo de 2013
DÍA DA FAMILIA
Os gatiños fixemos o agasallo para as nosas familias con moito esmero.Cando o rematamos, posamos moi fachendosos.
martes, 14 de mayo de 2013
LIBRO SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO
Os gatiños fixemos o noso propio libro sobre Roberto Vidal Bolaño,no que aparecían datos importantes da súa vida e obra.
viernes, 10 de mayo de 2013
martes, 7 de mayo de 2013
lunes, 6 de mayo de 2013
RUTAS URBANAS(XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ)
Nas rutas urbanas fomos aos xardíns de Méndez Núñez.Alí aprendemos unha morea de cousas sobre a cidade , de cómo eran antes os xardíns e qué edificios había.
Ademais no Palco da Música convertémonos en músicos.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito xogando.
viernes, 3 de mayo de 2013
jueves, 25 de abril de 2013
DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o Día do Libro, os gatiños fixemos un marcapáxinas. Ademais vimos un capítulo dos debuxos animados de "Don Quijote de la Mancha" e despois debuxamos os personaxes.
lunes, 22 de abril de 2013
viernes, 19 de abril de 2013
CASTELO DE SAN ANTÓN
Os gatiños e os coelliños fomos ao Castelo de San Antón.
Vimos moitas cousas: xoias (aneis, torques..), armas ( pistolas, espadas,escudos,etc).
Ademais, tiñan unha barca feita de coiro e madeira e puidemos subir ao pozo dos desexos que nos encantou.
Impresionounos moito a casa do gobernador porque tiña dous murais preciosos :un de San Antón e outro de presos que estiveron alí.
Foi un día moi divertido e ademais aprendemos moitísimo sobre a historia da Coruña.
viernes, 22 de marzo de 2013
jueves, 21 de marzo de 2013
CONCERTO DIDÁCTICO
Os gatiños fomos a un concerto didáctico do grupo musical "Arcos Iris" titulado "Los colores de las cuerdas".Tocaban distintos instrumentos de corda(violín, viola, violonchelo e contrabaixo).
Aprendemos moitas cousas e ademais foi moi divertido xa que podíamos participar na actuación.
viernes, 15 de marzo de 2013
BIBLIOTECA MIIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS
Os gatiños fomos á biblioteca Miguel González Garcés.Alí había exposicións( por exemplo unha bicicleta que nos gustou moito) e libros de distinto tipo(para ler, para contar,de consulta ...).
Estaban a traballar a igualdade e amosáronnos libros relacionados con este tema.
jueves, 14 de marzo de 2013
viernes, 8 de marzo de 2013
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Para celebrar o Día da Muller Traballadora, os gatiños traballamos sobre o conto "Rosa caramelo", que é un libro de referencia para a coeducación e a igualdade.
Aquí tedes o vídeo deste precioso conto.
jueves, 7 de marzo de 2013
miércoles, 27 de febrero de 2013
MURAL DO INVERNO
Os gatiños fixemos un mural do inverno e só con velo tiñamos moito frío.Aprendemos que en moitos sitios, nesta época do ano, neva.
viernes, 22 de febrero de 2013
MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO
Os gatiños e os coelliños vimos a obra de teatro "Consonant" no Fórum.
Nela dúas irmáns, a través da lectura dun libro e coa axuda da imaxinación, viaxan a un mundo fantástico onde as letras teñen vida.
Nela dúas irmáns, a través da lectura dun libro e coa axuda da imaxinación, viaxan a un mundo fantástico onde as letras teñen vida.
jueves, 21 de febrero de 2013
MAGO MARTÍN CAMIÑA
O martes 19 de febreiro visitounos o mago Martín Camiña.
Pasámolo moi ben cos seus trucos e por agora, aínda non sabemos
cómo os fai .
Pasámolo moi ben cos seus trucos e por agora, aínda non sabemos
cómo os fai .
miércoles, 20 de febrero de 2013
MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO
Os gatiños fomos ao Museo de Arte Contemporáneo.
Alí vimos varias esculturas de Francisco Leiro que traballa coa madeira.A primeira chamábase "David" e a segunda " Los vendimiadores".
Ademais vimos uns saltos de auga impresionantes que se nos acercábamos, parecía que estábamos dentro deles.
Por último, puidemos xogar coas sombras e representamos un conto que titulamos "Salmóns en perigo"
REPRESENTACIÓN DO CONTO "SALMÓNS EN PERIGO"

lunes, 18 de febrero de 2013
DÍA DE SAN VALENTÍN
Para celebrar o día de San Valentín, fixemos un corazón para regalarllo a unha persoa á que queremos moito.
viernes, 15 de febrero de 2013
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
Os gatiños celebramos o entroido disfrazándonos de pingas de auga.
Primeiro,fomos dar unha volta polo barrio,despois regresamos ao
cole e desfilamos e vimos os disfraces dos demais cursos:os do 1º
ciclo que ían de choiva, os do 2º ciclo de medusas e os do 3º ciclo
de mergulladores.
E rematamos a festa cantando e bailando.
Agradecemos a colaboración das familias que nos axudaron moitísimo.

Para crear un ambiente de entroido, pintamos caretas para decorar o noso corredor.
viernes, 1 de febrero de 2013
CELEBRACIÓN DA PAZ
Para celebrar o día da Paz, cada aula tiña que pensar unha frase e depositala nun pozo.Dos gatiños, foi Daniel o encargado de facelo.
A nosa frase era:"A auga é fonte de vida".
A nosa frase era:"A auga é fonte de vida".
Despois cantamos a canción "Planeta auga" e bailamos.Primeiro,fixémolo no noso corredor porque chovía e despois puidemos saír ao patio.
Foi un día cheo de desexos de paz e non violencia.
NUBES DE ALGODÓN
Os gatiños e coelliños fixemos as nosas nubes de algodón(coma as da canción de Ana Belén) das que caían pingas cos nosos desexos de paz.
jueves, 31 de enero de 2013
O NOSO DISFRACE:PINGA DE AUGA
Este ano os nenos e nenas de infantil imos disfrazados de pingas de auga.O modelo sería éste:
Hai un modelo exposto na porta de infantil.Aquí tedes o enlace de cómo facelo, pero tede en conta que nós non lle poñemos a tea azul senón que ese día temos que vir vestid@s de azul.
martes, 29 de enero de 2013
MURAL DA PAZ
Os gatiños fixemos un mural para celebrar o Día da Paz.Estampamos as nosas mans con pintura branca e escribimos palabras relacionadas co tema:Amor, cariño,bico,non guerras...
jueves, 24 de enero de 2013
CONTACONTOS
A editorial Kalandraka invitou aos gatiños e coelliños a unha sesión de contacontos.Contaron catro contos moi bonitos:Os petos de Loreto, A galiña roxa, Críctor e Imos cazar un oso.Había música e nós puidemos participar con xestos e cantando.
domingo, 20 de enero de 2013
VOTACIÓNS
Os gatiños tivemos que votar o proxecto de centro elexindo entre dous:Comendo e medrando ou a esfera da auga.Nós preferíamos o segundo para seguir aprendendo máis cousas sobre a auga .
jueves, 17 de enero de 2013
miércoles, 9 de enero de 2013
EXPERIMENTOS
EXPERIMENTOS
Os gatiños aprendemos unha morea de cousas relacionadas coa auga e para iso fixemos varios experimentos nos que tivemos que tocar, ulir...
-A COR DA AUGA
-A QUE ULE A AUGA?
-A QUE SABE A AUGA?
-A AUGA SOA?
-O TACTO DA AUGA
-QUE FORMA TEN A AUGA?
-OS ESTADOS DA AUGA
-A FLOTACIÓN

Suscribirse a:
Entradas (Atom)