miércoles, 21 de diciembre de 2016

6ª ACT. ARTE:FOMOS AO PARQUE

Outra actividade do proxecto de arte foi ir ao parque que temos preto do cole.
A profe Loli amosounos un cadro de dúas señoras sentadas nun banco e nós puidemos comprobar o que podemos facer nun parque:xogar coas follas, sentarse nun banco...                

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

POSTAL DE NADAL

Fixemos unha postal para felicitar as nosas familias.
Quedounos moi bonita!
BO NADAL!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 20 de diciembre de 2016

ESCRIBIMOS A CARTA AOS REIS MAGOS

Hoxe, a primeira hora viñeron @s alumn@s de 6º a nosa clase para axudarlles a  escribir a carta aos Reis Magos.
Moitas grazas a tod@s @s nen@s por axudarnos e tamén a súa profe Juana.

María Muñiz Barreiro's Slidely by Slidely Slideshow

VISITA DO CARTEIRO REAL

Hoxe tivemos unha visita moi especial:visitounos o Carteiro Real.
Estábamos moi emocionad@s e dixémoslle que éramos moi bos.
Despois, deunos uns caramelos.
 agora a agrdar que nos traian todo o que pedimos!

María Muñiz Barreiro's Slidely by Slidely Slideshow

CANCIÓN DE NADAL

Para celebrar o Nadal, estivemos aprendendo a canción de Rudolph.
Ademais, vimos a película que nos encantou.
                              ENLACE PELÍCULA RUDOLPH

viernes, 16 de diciembre de 2016

VOTACIÓN DO PROXECTO DE CENTRO

O venres 9 de decembro tivemos a votación do proxecto de centro.
Había que escoller entre:
-Con rumbo polo mundo
-Miña casiña, meu lar
Os gatiños votamos case todos o segundo pero finalmente gañou "Con rumbo polo mundo".

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 9 de diciembre de 2016

MUSEO DE BELAS ARTES

 O mércores 7 de decembro fomos ao museo de Belas Artes.
Vimos cadros de Luis Seoane. o artista  que estamos a traballar no proxecto de arte e tamén de Urbano Lugrís.
Gustounos moito unha escultura xigante que bautizamos co nome de paxaropeixe porque parecíase a estes dous animais.
Despois fixemos o noso libro con pegatinas dos cadros que vimos e fixemos a nosa propia obra de arte.
Canto sabemos de arte!
María Muñiz Barreiro's Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 2 de diciembre de 2016

5ª ACTIV. ARTE:DEBUXAMOS CUNCHAS

E como aprendimos tanto das mariscadoras e as cunchas que apañan, decidimos debuxalas.Pintamos algunhas marróns, outras negras...
María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 25 de noviembre de 2016

ARTEMARTES:3ª ACTIVIDADE

A seguinte actividade do proxecto Artemartes estivo adicada á danza.
Vimos distintos estilos: clásica , contemporánea... e a que máis nos gustou foi a derradeira porque eran coma flores que bailaban.

                                            ENLACE
                                            ENLACE
                                            ENLACE
                                            ENLACE

viernes, 18 de noviembre de 2016

4ª ACT. ARTE:XOGO SIMBÓLICO

Onte, dentro do proxecto de arte " Creamos un museo" fixemos unha actividade que nos encantou.
Como xa coñecemos a Luis Seoane e vimos o cadro "As Mariscadoras" convertémonos en mariscadores e mariscadoras.
Transformamos a sala de xogos nunha praia con area e algas incluídas, tamén había ameixas, mexillóns e cunchas diversas .
Nós tiñamos que apañalas e metelas nun cesto.
Ata tiñamos unha música de fondo que imitaba o son das ondas do mar.
Parabéns á profe Loli por esta fantástica idea!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 17 de noviembre de 2016

ARTEMARTES:2ª ACTIVIDADE

A segunda actividade do proxecto Artemartes está adicado á arquitectura.Vimos tres vídeos sobre casas moi peculiares con distintas formas ata de gatiños  pero o que máis nos gustou foi o da Casa Batlló.
Quedamos coa boca aberta!

                                    ENLACE
                                    ENLACE
                                    ENLACE

miércoles, 16 de noviembre de 2016

3ª ACTIV. ARTE: OS NOSOS TRABALLOS

Como nos encanta pintar, fixemos as nosas propias obras de arte.
Somos verdadeior@s artistas!                      

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 15 de noviembre de 2016

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Para celebrar o magosto, comemos as castañas, que estaban moi boas e despois, como en toda festa houbo música e bailamos.
Pasámolo xenial!
María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 14 de noviembre de 2016

O NOSO APARELLO PARA AS CASTAÑAS

Para decorar o noso aparello para meter as castañas, pintamos uunha castaña.
Quedounos moi bonito!
María Muñiz Barreiro's Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 11 de noviembre de 2016

ARTEMARTES: 1ª ACTIVIDADE

Preséntovos un proxecto da nosa biblioteca:ARTEMARTES.
Este ano o lema da biblioteca:Territorio das artes.
Comezamos coa séptima arte:o cine.
En infantil tivemos que buscar esta imaxe de Charlie Chaplin.
E por suposto, atopámola.
Ademais,  vimos estos dous vídeos.

OUTONO DE VIVALDI

 O magosto é unha festa que celebramos no outono.Nesta época do ano, caen as follas, chove ,vai máis frío...
Esta semana vimos o vídeo "O outono " de Vivaldi que reflexa moi ben esta época do ano.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                             

2ª ACTIV.:OS NOSOS TRAXES DE ARTISTAS

Como segunda actividade do proxecto, fixemos os nosos traxes de artistas.
Disfrutamos moito  pegándolle gomets e pintándoos.
  Quedaron moi bonitos!

María Muñiz Barreiro's Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 10 de noviembre de 2016

1ª ACTIV. ARTE: CONTO SOBRE UN MUSEO

Para comezar co noso proxecto de arte " Creamos un museo" , Sonia e Loli leron o conto " El museo"  que fala das cousas que podemos ver alí (cadros , esculturas...). Ademais, nós falamos dos museos nos que estivemos.
María Muñiz Barreiro's Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 4 de noviembre de 2016

PRESENTACIÓN DO CONTO " O NOSO SAMAÍN"

O xoves 3 de novembro Loretta, a mamá de Zoe , veunos presentar o seu libro " O noso Samaín".
Estábamos tod@s @s nen@s de infantil.
Ademais, regalounos tres exemplares para a biblioteca e uns caramelos .
Moitas grazas a Lortta por este bonito agasallo.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 2 de noviembre de 2016

MAQUILLAXE TERRORÍFICA!

Polo Samaín tamén nos maquillamos de cousas que dan medo.
Nós fixémolo de gatos negros porque é un animal moi vinculado coa mala sorte, as bruxas...
Estábamos moi guap@s!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

A SANTA COMPAÑA

Veunos visitar a Santa Compaña.Tivemos un pouco de medo pero non moito porque xa nos dixeron que eran nen@s disfrazad@s.
Estábamos moi, moi caladiñ@s.
María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 28 de octubre de 2016

AGASALLO NO SAMAÍN

Para celebrar esta festa fixemos moitas cousas:escoitamos cancións(Hoxe celebramos o Samaín, Incy Wincy araña...), contáronos contos (Corre , corre cabaciña que nos encantou),etc.
Ademais, fixéronnos un agasallo: a mama de Zoe tróuxonos o libro que acaba de publicar "O noso Samaín" no que sae a nosa compañeira.
Moitas grazas Loretta  por este precioso conto que nos axudou a entender un pouco mellor o significado desta festa.


AS NOSAS CABAZAS

Para celebrar o Samaín, pedimos as familias que colaborasen traendo unhas cabazas.
Quedaron moi bonitas!
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 26 de octubre de 2016

INCY WINCY ARAÑA

No Samaín tamén aprendemos que podemos disfrazarnos de araña pero non nos dan medo porque algunhas son moi simpáticas coma Incy Wincy.

martes, 25 de octubre de 2016

MURAL DO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, fixemos un mural.Estampamos as nosas mans facendo que eran pantasmas e despois puxemos as nosas caras.Que guap@s!
Agora xa sabemos que no Samaín hai que disfrazarse de cousas que dan medo: bruxa, araña, pantasma...

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 14 de octubre de 2016

CANTOS PROFES!

Pouco a pouco durante este mes de outubro fomos coñecendo outros profes.Ademais de Sonsoles, a profe de psicomotricidade temos a César que nos da inglés(que nos trae a Cookie un gatiño moi divertido), Angélica , a profe de música, Chus ,a profe de relixión...

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 4 de octubre de 2016

PSICOMOTRICIDADE

No mes de setembro fomos coñecendo os espazos que hai no cole e tamén os distintos profes.Xa sabemos que Sonsoles é a nosa profe de psicomotricidade e que con ela imos ao ximnasio,
Encantounos facer carreiras, os xogos pero especialmente o túnel de cores.
Qué divertido!

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 3 de octubre de 2016

CARAS FELICES

Unha actividade que nos gustou moito dos primeiros días de cole foi a de debuxar unha cara feliz. Encantounos porque cando as profes inflaban os globos, ás veces estoupaban e parecía unha festa.

María Muñiz Barreiro de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 19 de septiembre de 2016

O NOSO PRIMEIRO DÍA DE COLE

O luns 12 de setembro voltamos ao cole.
Foi un día moi especial xa que por unha banda, a anterior promoción de gatiños voltaron ao colexio pero agora xa coma alumn@s de primaria.Seguro que van estar moi content@s e van aprender moito coas súas profes Ana e Pilar.
Un bico enorme para tod@s eles e para as súas familias.
Por outra banda, eu estaba moi ansiosa por coñecer aos novos gatiños e gatiñas.
No noso primeiro día estivemos acompañados polas nosas familias polo que aínda que tímidos estábamos tranquil@s.
Fixemos unha actividade moi bonita que consistiu en estampar a nosa man e a man da persoa que nos acompañaba.
 
María Muñiz Barreiro de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery<

María Muñiz Barreiro de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

viernes, 1 de julio de 2016

FESTA DAS POMPAS

O derradeiro día de clase tivemos a festa das pompas.Despois @s nen@s bailaron as cancións que tiñan preparadas.
Foi unha maneira moi divertida de rematar o curso.
Dende aquí, quero agradecer ás familias estes tres anos nos que en todo momento me sentín moi arroupada e contei coa vosa axuda en todas as actividades.
Moitísimas grazas por todo e tédesme aquí para o que necesitedes.
Un bico enorme.

jueves, 30 de junio de 2016

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O día 21 tivemos o festival de fin de curso.Os gatiños bailamos a canción "Madre Tierra" de Chayanne.
Fixémolo xenial porque somos verdadeiros artistas!

GRADUACIÓN

O día 20 tivemos a graduación de infantil.Celebramos que xa rematamos unha etapa a de educación infantil e que cando volvamos en setembro seremos nen@s de educación primaria.Foi un día moi emotivo e contamos coa presencia das nosas familias.

viernes, 17 de junio de 2016

MENINAS DE CANIDO

O xoves 16 fomos a Canido e vimos as súas Meninas.
É un barrio de Ferrol que está decorado con Meninas feitas por distintos artistas.
É impresionante!
Ademais contamos cun guía  de luxo Eduardo Hermida que foi un dos impulsores desta idea.
Explicounos todo o proxecto e ata nos amosou a súa casa ,  o seu estudio e as súas obras.
Díxonos que a primeira semana de setembro se reúnen en Canido distintos artistas(fotógrafos, pintores...) e percorren as rúas amosando a súa arte.
Recoméndovos a todas as familias que poidades que o visitedes porque é digno de ver.
Moitas grazas a Eduardo, dende aquí mandámosche un bico enorme.

lunes, 13 de junio de 2016

MURAL NO MURO DO COLEXIO

Unha das actividades que máis nos gustou do proxecto "Que pintamos hoxe" foi pintar no muro do colexio.
Encantounos e seguimos moi atent@s as explicacións de Eduardo Hermida.
Quedounos precioso!

EXCURSIÓN A GANDARÍO

O 3 de xuño fomos a Gandarío.Foi unha xornada de convivencia onde o pasamos moi ben nen@s , familias e mestras.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración para poder disfrutar dun día xenial.

jueves, 9 de junio de 2016

PLANTAMOS NA HORTA

Outra das actividades que máis nos gusta é plantar n a horta.
Plantamos lewitugas, cebolas e chícharos pero penso que non imos ter colleita .

LEMOS DO GANCHETE

Unha actividade que nos gustou moito foi " Lemos do ganchete" que consistía en que un nen@ de primaria nos lía un conto .A nós tocounos cos de 4º B.
Para agasallar aos nosos compañeiros de lectura, fixémoslles un debuxo.
Moitas grazas aos nenos de 4º B e a súa profe Begoña.

lunes, 30 de mayo de 2016

AGASALLO DA FAMILIA DE MARÍA

A semana pasada foi o cumpreanos de María.
Por ese motivo, O seu pai agasallounos coa lectura dun libro.
Gustounos moito e estivemos moi atent@s.
Moitas grazas á familia de María.

martes, 24 de mayo de 2016

CELEBRACIÓN CONXUNTA DAS LETRAS GALEGAS

E para rematar coa celebración das Letras Galegas , tivemos a celebración conxunta de todo o cole.
Recitaron poesías de Manuel María e tocaron coa pandeireta unha canción.
Despois, tiñamos que debuxar no patio cousas relacionadas con Manuel María ou con Galicia.Houbo de todo: a bandeira de Galicia, o sol , o caracol...

lunes, 23 de mayo de 2016

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O xoves 19 celebramos a día das Letras Galegas en infantil.Os coelliños e os gatiños como somos os maiores de infantil fomos os encargados de explicar algo da biografía de Manuel María e recitamos algúns versos dos seus poemas.
Ese día celébrase ademais o 153 anoversario de "Cantares Gallegos" o libro de Rosalía de Castro.
Fixémolo moi ben!
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Para rematar a festa, probamos a tarta de chuches que foi a maneira máis doce de celebrar as Letras Galegas.

jueves, 19 de mayo de 2016

TRABALLOS DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas tiñamos que escoller algún poema de Manuel María e ilustralo.
Nós escollimos o da lúa e o do sol.
Puxemos moito empeño e distribuímos o traballo: uns escribimos, outros pintamos...
Quedaron moi ben!
 

DÍA DA FAMILIA

Para celebrar o Día da Familia fixemos unha sorpresa relacionada co proxecto de centro " Que pintamos hoxe?".
Escollimos  o cadro "Os xirasois " de Van Gogh.
Quedaron preciosos!
 

viernes, 13 de mayo de 2016

ACTIVIDADES EN LIÑA

Aquí vos deixo algunhas actividades en liña sobre Manuel María.
Algunhas xa as fixemos na clase e aos nenos encántanlles!
ENLACE

BIOGRAFÍA DE MANUEL MARÍA

Aquí vos deixo un enlace onde podedes aprender algunhas cousas de Manuel María , o autor homenaxeado nas Letras Galegas.
Nós xa sabemos moitísimas cousas porque imos facer unha exposición para os nenos e nenas de infantil.

viernes, 6 de mayo de 2016

CGAI

O mércores 4 de maio fomos ao CGAI e vimos a película"  Kerity la casa de los cuentos".É realmente preciosa polo argumento, personaxes, decorados...
Aquí vos deixo o vídeo por se vos apetece vela.

FOTOS TEATRO CALVO SOTELO

O luns 2 de maio tivemos a nosa representación da nosa obra de teatr "Magia en las nubes" no Calvo Sotelo.
Estábamos guapísim@s vestid@s dos nosos personaxes e fixémolo xenial aínda que pasamos moitos nervios.
Moitos grazas ás familias pola vosa colaboración e especialmente á familia de Dani polas fotos e os vídeos.
Aquí vos deixo as fotos e o vídeo vos darei unha copia a cada familia.
 

viernes, 29 de abril de 2016

RECANTO DAS MATE

Na clase temos un recanto adicado ás matemáticas e en concreto ás sumas e restas.
Se tedes tempo, aconséllovos que fagades un na casa porque @s nen@s aprenden e se divirten e é moi sinxelo de facer.
Primeiro, facemos unha árbore .
Despois, necesitamos números e os signos de sumar , restar e o igual e mazás de dúas cores verdes e vermellas.
Agora xa teño todo o que preciso para poder xogar.
Poño por exemplos  dúas mazás vermellas na árbore.Coloco o 2 no tronco e o signo + para sumar e - para restar.Despois poño tres mazás verdes e coloco o 3 no tronco e o signo = .
Por  último, conto todas as mazás verdes e vermellas e xa teño o resultado e coloco o 5 no tronco.
É así de sinxelo pero moi didáctico!

RECITADO D@S ALUMN@S DE 2º ESO DO OTERO PEDRAYO

O xoves 28 de abril viñeron ao cole , os rapaces do Otero Pedrayo e recitaron poesías de Manuel María, o autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
Fixérono moi ben e ademais regaláronnos un retrato do homenaxeado e a bandeira de Galicia.
Moitas grazas a tod@s.                  

jueves, 28 de abril de 2016

MAC

O martes 26 de abril fomos ao MAC.É unha das visitas que máis nos gustan porque aprendemos cousas moi interesantes.
Este ano a visita estaba relacionada cos retratos e coas distintas maneiras de facelos:poden ser fotos,vídeos, pintados con pincel ou con cámaras e ordenadores.Encantounos especialmente esta última actividade en que nunha pantalla misturaban a cabeza dun nen@ co corpo doutr@.Tamén quedamos moi impresionados cunha escultura a tamaño real.Nos daba ata medo porque pensábamos que era unha persoa e que se ía levantar.
 Pasámolo xenial!

lunes, 25 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro,fixemos varias actividades:Primeiro, os nenos de 5ºA viñeron contarnos algunhas cousas da obra de Cervantes " Don Quijote de la Mancha".
Cantamos todos xuntos a canción que nos encanta.
Tamén fixemos debuxos do que máis nos gustara e un marcapáxinas.
Que importante é ler para descubrir cousas novas! 
 

martes, 19 de abril de 2016

CASA DAS CIENCIAS

O venres 15 de abril fomos á Casa das Ciencias.Alí primeiro tivemos unha sesión de planetario na que quedamos abraiados mirando para as escenas e debuxos que se proxectaban na cúpula.
Aprendemos moito sobre os planetas.
Despois, puidemos experimentar coa ciencia : fixemos pompas de xabrón, xogos de equilibrio, vimos os pitiños ...
Foi unha saída moi divertida pero tamén moi didáctica porque aprendemos moitas cousas.

CONTO DOS ALUMNOS DE 6º

O mércores 13 Xián e Mario ,dous alumnos de 6,º viñeron contarnos o conto de "Víctor Pedete" que trata dun can que é un pouco porco.
Fíxonos moita gracia e estivemos moi atent@s.Ademais regaláronnos un mural precioso.
Moitas grazas a Xián e Mario.

miércoles, 13 de abril de 2016

viernes, 18 de marzo de 2016

CONTOS DE KALANDRAKA

O xoves tivemos unha sesión de contacontos coa editorial kalandraka.Encantounos porque teñen unha maneira moi divertida de contar os contos acompañados de música.
Recoméndovos calquera destes contos son moi bos e algúns recibiron premios polas súas ilustracións.

jueves, 17 de marzo de 2016

LECTURA DUN CONTO CON LINGUAXE DE SIGNOS

Onte tivemos unha actividade moi especial.A profe Juana leunos o conto "Cierra los ojos" e Natalia unha profe que traballa con xordos facía os xestos propios da linguaxe de signos.
A verdade é que nos sorprendeu moitísimo e estivemos moi atent@s.
Grazas a este tipo de linguaxe as nenas e nenos xordos pódense comunicar.

miércoles, 9 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar o Día daMuller Traballadora vimos o vídeo do conto "Una feliz catástrofe".Despois, falamos e reflexionamos sobre o importante que é axudar na casa.
Chegamos á conclusión de que as mamás traballan moitísimo porque  fan a comidan nos coidan cando estamos enfermos...
Acordamos que cando chegaramos a casa ,felicitaríamos moi efusivamente as nosas mamás.
                                        

martes, 8 de marzo de 2016

TEATRO NO FÓRUM

O venres fomos ao Fórum ver a obra de teatro  "Xoga".
Nela a través da danza e a expresión corporal ían presentando as partes do corpo.
Gustounos moito!

lunes, 7 de marzo de 2016

DESPEDIDA DE LETICIA

O 29 de febreiro despedimos a profe Leticia que estivo con nós o mes de febreiro.
Moitas grazas profe Leti pola túa axuda.

miércoles, 17 de febrero de 2016

MOCHILA VIAXEIRA

Este venres comezamos coa mochila viaxeira.
É unha actividade que realiza a biblioteca do colexio e na que tres nen@s levarán unha mochila con libros a casa os venres para disfrutar coa súa familia.Deben traela o xoves para que o venres seguinte a poida levar outra familia.
Fixemos un sorteo e os primeiros en levala foron:Hugo, Sabela e Carlota.

martes, 16 de febrero de 2016

SAN VALENTÍN

Para agasallar as nosas familias polo San Valentín, fixemos un pequeno cadro.Fixémolo con moito esmero e quedounos moi bonito.

lunes, 15 de febrero de 2016

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Para celebrar o entroido, demos unha volta polo barrio.
Despois, desfilamos no patio do cole para que os nos@s compañeir@s e familias visen o noso disfrace.
E para rematar a festa, houbo música.

viernes, 5 de febrero de 2016

AGASALLO DA FAMILIA DE HUGO

O xoves 4 de febreiro era o cumpreanos de Hugo. A súa familia agasallounos cun biscoito e o seu papá e a súa irmá viñeron lernos un conto.
A verdade é que nos encantou e estivemos moi atent@s.
Moitas grazas ao papá de Hugo e a Sara.

jueves, 4 de febrero de 2016

martes, 2 de febrero de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

No Día da Paz,saímos todo o colexio ao patio.
Cada nen@ leu o lema que correspondía a súa clase.
Despois, os alumn@s de primaria bailaron unhas danzas.

lunes, 1 de febrero de 2016

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz fixemos varias actividades:
Cada clase tiña que elaborar un cartel cun lema.O dos gatiños era:"Comparto os xoguetes".
Cada nen@ escribimos unha palabra relacionada coa Paz que despois colocamos na pomba que había na entrada de infantil.Algunhas das palabras eran:amor, acariciar, no peleas, comprensiòn, etc.
Ademais, fixemos un colar para levar o venres 29.

martes, 26 de enero de 2016

VISITA AOS BOMBEIROS

O venres 22 de xaneiro fomos aos bombeiros.
Alí , Ricardo ,un dos bombeiros, explicounos cómo traballan.
Díxonos que o número ao que hai que chamar se hai un incendio é o 080.
Estivemos na sala onde se reúnen, na cociña, no ximnasio...
Ricardo  díxonos que se reparten o traballo e que cada un ten unha función:limpar os camións , comprobar que todo o material está ordenado.Amosounos os materiais cos que trabllan: mangueira, machada...Tamén vimos extintores coma os que hai nos edificios.
Para poder realizar o seu traballo, levan unha roupa especial que pesa 32 Kilos!
Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi poder entrar na cabina do camión e probarnos o casco.
Viñemos encantados da visita.
Moitas grazas a Ricardo que nos explicou todo tan ben e foi moi simpático.

miércoles, 20 de enero de 2016

O NOSO DISFRACE

Este ano imos disfrazad@s  dun cadro de Mondrain porque como xa sabedes ten que estar relacionado  co proxecto de centro, que este ano  é: "Que pintamos".
Escollimos este cadro porque o temos na sala de xogos  e  @s nen@s coñéceno.
O modelo é éste.


Recoméndovos que merquedes a bolsa canto antes porque son as que empregan todos os colexios no entroido e pódense esgotar.

CANCIÓN DO DÍA DA PAZ

Para celebrar o Dia da Paz estamos a realizar varias actividades .
Unha delas é aprender a canción de Diego Torres "Color esperanza".
Encántanos e a mensaxe é preciosa.
                                              

viernes, 15 de enero de 2016

OBRADOIRO DE COCIÑA:TRUFAS DE CHOCOLATE

O xoves estivemos facendo un obradoiro de cociña coa profe de P.T para aprender a cociñar "Trufas de chocolate".
Foi moi divertido.Fomos botando os distintos ingredientes: os biscoitos, o cacao, o zume de laranxa ... e despois removíamos todo.
Logo , fixemos boliñas coa masa e as metémolas no azucre e nos fideos de chocolate.Seguro que están deliciosas!
Hoxe, levámolas para casa!
Como xa tedes a receita, podedes animarvos a facela.

viernes, 8 de enero de 2016

AGASALLOS DOS REIS AOS GATIÑOS

Cando chegamos das vacacións de Nadal tiñamos unha sorpresa na clase.Os Reis Magos nos deixaron dúas cousas:unha roda para Noemí  que fai ruído e un bingo.
Estivemos xogando e  gustounos moito.Ademais, temos que estar moi atent@s para buscar os números.Poñíamos nervios@s porque tod@s queríamos  gañar.