viernes, 18 de diciembre de 2015

FELICITACIÓN DOS GATIÑOS

Esre ano, os gatiños preparamos unha felicitación moi especial.
Era unha sorpresa moi  para as nosas familias.
Cantamos a panxoliña " Vuerla, vuela" que é preciosa pola mensaxe que transmite.
Todos entendimos que o verdadeiro espírito do Nadal é poder estar coas persoas que qaueremos, que ninguén esté só nesta época do ano e que non haxa fame nin guerras no mundo
Esperamos que vos gustase.



Felicitación from marilin garcia on Vimeo.

BO NADAL

Os gatiños  queremos desexarvos un  BO  NADAL.

jueves, 17 de diciembre de 2015

VISITOUNOS O CARTEIRO REAL

Hoxe tivemos unha visita moi especial,pois veu ao cole o Carteiro Real.
Primeiro escribimos a carta.Algúns pedimos moitísimas cousas, outros algunhas menos "porque xa lle pedimos tamén a Papá Noel" pero todos a fixemos con moita ilusión.
Despois, entregámoslla ao Carteiro Real que nos dixo que llas faría chegar aos Reis Magos.
Estábamos entusiasmad@s!

POSTAL DE NADAL

Para felicitar as festas, fixemos unha postal de Nadal. Traballamos moito pero quedounos preciosa.
BO  NADAL

miércoles, 16 de diciembre de 2015

CARTEL DE NADAL

Polo Nadal, tamén fixemos o noso cartel de Nadal desexándolle un
 "Feliz ano"  a todas as familias.
Como estivemos traballando sobre kandinsky, decorámolo con círculos. Despois, puxemos as nosas fotos.
Que bonito!

lunes, 14 de diciembre de 2015

VOTACIÓN DO PROXECTO DE CENTRO

O venres tivemos a votación do proxecto de centro.
Había que elexir entre dous: De tradición / Que pintamos aquí?
O resultado foi:
-De tradición: 156
-Que pintamos aquí? 293
Nós fomos votar e ata levamos o noso carnet da biblioteca para aqmosarllo á mesa electoral.


sábado, 12 de diciembre de 2015

MUSEO DE BELAS ARTES

O mércores 9 de decembro fomos ao museo de Belas Artes.
Alí vimos distintos cadros:de época con princesas e raíñas que levaban perrucas,de paisaxes realistas, un de Luis Seoane titulado "As mariscadoras" no que ata puidemos escoitar o ruído das ondas do mar e tocar as cunchas que colle a xente que se adica a mariscar.
Nesta sala , chamounos moito a atención unha serea que estaba alí por un cadro dunha mariña de Urbano Lugrís.
Tamén vimos cadros de personaxes mitolóxicos coma Hércules e unha escultura de madeira de Francisco Leiro dun xigante.
Nós estábamos buscando cadros de Kandinsky pero a guía xa nos dixo que non había ningún.Que mágoa!
Para rematar, pintamos a Mariana de Austria.
A verdade é que nos encantou a visita e soubemos contestar a moitas preguntas que nos facía a guía grazas aos coñecementos de arte que fomos aprendendo.

jueves, 10 de diciembre de 2015

PANXOLIÑA DE NADAL

Este ano estamos a aprender esta panxoliña.É moi bonita e gústanos especialmente a mensaxe.

jueves, 3 de diciembre de 2015

ADORNOS DA ÁRBORE

Como xa se achega o Nadal , adornamos a clase con motivos navideños.Pintamos os adornos para a nosa árbore de Nadal.
¡Agora está moito máis bonita!

miércoles, 18 de noviembre de 2015

MUSICOLOR

Kandinsky xoga coa cor e coa música que para él é moi importante.
Na clase vilos este vídeo que nos fixo moita gracia.

MÚSICA DE WAGNER

Onte, os gatiños dentro do proxecto de kandinsky, escoitamos a mísica que lle gustaba escoitar mentres pintaba.

martes, 17 de noviembre de 2015

OBRADOIRO DE CONSUMO:CONSTRUÍR XOGUETES

O xoves 12 de novembro, tivemos un obradoiro de consumo no que tivemos que construír un boneco con material reciclado.
A actividade estivo moi ben e aprendemos que temos moitos xoguetes, pero ás veces, pasámolo mellor imaxinando e construíndo nós os nosos xoguetes.

lunes, 16 de noviembre de 2015

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Para rematar coa celebración do magosto, primeiro comemos as castañas que estaban moi ricas.
Despois, xogamos a distintos xogos:comecastañas, relevos con castaña e a castaña lixeira.Que ben o pasamos!. 

viernes, 13 de noviembre de 2015

COLAR DA CASTAÑA

No magosto, tamén fixemos un colar que tiña unha castaña e as cores típicas do outono: amarela, marrón, vermella...
Estábamos guapísim@s!

CONTO DA CASTAÑA

Para celebrar o magosto, fixemos un conto que fala dun vermiño que vive nunha castaña.
Que bonito nos quedou!

martes, 10 de noviembre de 2015

BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS

O venres 7 de novembro fomos á biblioteca Miguel González Garcés.Alí, Helena explicounos que podemos consultar os libros en papel pero tamén electrónicos a través de internet.
Amosounos distintos tipos de libros e despois vimos o conto da bruxa regañadentes que nos encanta.
Recoméndovos que preguntedes polas actividades dos sábados porque teñen algunhas moi boas.

2ª ACTIVIDADE KANDINSKY: FIXEMOS UN CADRO DE KANDINSKY

Como 2ª actividade do proxecto de Kandinsky, decidimos facer un dos seus cadros, o dos círculos concéntricos.
Recortamos un cadrado e despois puxemos os círculos de distinto tamaño enriba.Despois, asinamos coma artistas que somos.
É un dos típicos cadros de Kandinsky xa que lle gosta moito xogar coas formas xeométricas.

domingo, 1 de noviembre de 2015

FELIZ SAMAÍN

VISITOUNOS A SANTA COMPAÑA

Tamén nos visitou a Santa Compaña.
A verdade, é que aínda que hai moita xente que lle ten medo , nós non e a algúns ata nos fai gracia.Chegou e marchou axiña e nós queríamos que volvese.Iso será o ano que vén.

MAQUILLAXE TERRORÍFICA

Polo Samaín maquillámonos de vampiros e vampiresas. Encantounos a idea de ter ese aspecto tan monstruoso.

miércoles, 28 de octubre de 2015

AS NOSAS CABAZAS

Polo Samaín, levamos as nosas cabazas ao cole.Traballamos moito coa axuda das nosas familias.Que bonitas nos quedaron!

martes, 27 de octubre de 2015

MURAL DO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín.Fixemos un mural con pantasmas, cabazas, bruxas ...
Quedounos terrorífico!.

jueves, 22 de octubre de 2015

O NOSO RECANTO DO OUTONO

Este ano imos traballar o paso do tempo a través das estacións.
Comezamos co outono:as súas características ( chove máis, vai máis frío, caen as follas...).
Para estudalo máis a fondo tróuxemos follas de distintas cores e tamaños a clase e tamén froitas e froitos (castañas, noces , mazás,etc).Un dos que máis nos sorprendeu foi o marmelo porque nós só o imaxinábamos en terrina e de cor marrón e sen embargo e amarelo, semella unha pera e ule moi ben.
Canto aprendemos!.

miércoles, 21 de octubre de 2015

OS NOSOS CADROS DO OUTONO

Unha das primeiras actividades do proxecto de Kandinsky consistiu en ver algúns dos seus cadros.Xa sabemos que ten algúns con paisaxes e outros máis abstractos con formas xeométricas.
Como estamos a traballar sobre o outono, fixámonos nos de outono e despois, pintamos nós o noso propio cadro.
¡Quedaron preciosos!.

lunes, 19 de octubre de 2015

CADROS DE KANDINSKY

Como xa sabedes estamos a traballar a kandinsky.
Déixovos aquí algúns dos seus cadros para que os vaiades coñecendo mellor.

martes, 29 de septiembre de 2015

NOVO CURSO

Os gatiños xa empezamos o novo curso.Este ano é especial para nós porque somos os maiores de infantil e por iso, tamén podemos xogar ao fútbol.
Como xa medramos, temos máis responsabilidades:@ encargad@ é @ que ten que levar e traer o balón.Ademais, xogamos tod@s ao fútbol nenos e nenas porque o importante é pasalo ben .
Falta Samuel Parro que marchou para Cádiz e desexámoslle o mellor.
Neste primeiro trimestre, teremos dúas profes: María e Marilin.

martes, 30 de junio de 2015

CANCIÓN "CON VALOR" (MULÁN)

MVI 6525 from juan luis muñiz barreiro on Vimeo.

CUMPREANOS DOS GATIÑOS

Rematou este ano no que os gatiños medramos moito.Éramos os medianos de infantil.Todos estábamos desexando ter cinco anos.
Aquí vos deixo o momento de soprar as velas.
Encantábanos sentirnos reis e raíñas por un día.

martes, 23 de junio de 2015

CANCIÓN PARA BAÑAR LA LUNA

MVI 6521 from Maria muñiz barreiro on Vimeo.

FOTOS DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O xoves 18 de xuño tivemos  o festival de fin de curso.
Interpretamos 4 cancións relacionadas co proxecto de China: "canción para bañar la luna", "la chinita" e dúas da peli de Mulán que nos encantou: "Mi reflejo" e "Con valor".
Fixémolo xenial e aplaudíronnos moito.
Que artistas somos!
Moitas grazas ás familias por acompañarnos. 

viernes, 19 de junio de 2015

CADROS DE QI BAISHI

Como somos tan artistas decidimos facer os nosos cadros imitando a Qi Baishi.
Que bonitos nos quedaron!

martes, 16 de junio de 2015

ARTE:QI BAISHI

Nestes últimos días de cole estamos a facer actividades máis lúdicas porque xa estamos moi cansos.
Como nos gusta moito pintar, estivemos a ver algúns cadros de Qi Baishi, un pintor chino ao que comparan con Picasso pola beleza dos seus cadros.
Aquí vos deixo un enlace para saber máis cousas del.
ENLACE

CANCIÓN "CON VALOR"(MULÁN)


CANCIÓN " MI REFLEJO"(MULÁN)


CANCIÓN " LA CHINITA"


CANCIÓN PARA BAÑAR LA LUNA


XOGO CHINÉS:MIKADO

Un dos xogos chineses que máis sorprendeu aos gatiños foi o mikado.
É moi complicado aínda que nón intentábamos xogar.
Aquí vos deixo un enlace para saber máis cousas.
ENLACE

A RATIÑA PRESUMIDA

A derradeira obra de teatro que vimos foi "A ratiña presumida" interpretada polos alumnos de 2º A.
Encantounos e fixérono xenial.
Parabéns a súa profe Isabel e aos alumn@s que ademais foron gatiños e coelliños.

miércoles, 10 de junio de 2015

EXCURSIÓN A GANDARÍO

O venres tivemos a xornada de convivencia en Gandarío.
Foi un día para disfrutar nen@s e maiores.
Houbo moitos xogos: papiroflexia, globoflexia, maquillaxe...
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración o que propiciou que  tivéramos un día moi  divertido.

lunes, 1 de junio de 2015

MERENDA CHINESA

O venres tivemos unha merenda chinesa:comemos arroz tres delicias.
Vimos os ingredientes que ten:arroz, chícharos, tortilla francesa, cenoria, gambas....
Intentamos comelo coma se fosemos chineses pero é moi complicado.
Moitas grazas a Nora por prepararnos o arroz.
Estaba riquísimo!.
 

viernes, 29 de mayo de 2015

TANGRAM

Outro xogo chinés é o tamgran.É moi apropiado para traballar a lóxica.
Conta de sete pezas chamadas "tans" coas que hai que facer figuras.
ENLACE
 

XOGO:DOMINÓ

O dominó é outro xogo chinés.
Aquí tedes exemplos para imprimir.
ENLACE

miércoles, 27 de mayo de 2015

AGASALLO DA FAMILIA DE MARÍA

O luns 25 con motivo do cumpreanos de María, o seu papá veunos contar un conto que lle gusta moito "Feliz Navidad Peppa".
Encantounos a sorpresa, especialmente a María que estaba moi emocionada.
Moitas grazas á familia de María!.

jueves, 21 de mayo de 2015

TEATRO:O NACEMENTO DO DRAGÓN

O mércores fomos ver unha obra de teatro dos alumn@s de 2º B con monicreques titulada "O nacemento do dragón".
Nela contáronnos cómo uns nen@s decidiron pensar qué pasaría se xuntamos varias partes do corpo de diferentes animais: as ás do paxaro, as escamas do peixe...
Isto daría lugar a un animal novo: o dragón que está presente en moitas celebracións en China.
Parabéns a tod@s polo ben que o fixeron :a súa profe Anlle e a tódolos nenos e nenas que ademais foron coelliños e gatiños.

miércoles, 20 de mayo de 2015

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS EN INFANTIL

En infantil para celebrar o Día das Letras Galegas reunímonos todos os nenos e nenas.
Os maiores, osiños e tartarugas, explicáronnos que é un día moi importante e que cada ano se adica a un autor. Neste caso a Xosé Filgueira Valverde.
Tamén celebramos que é o aniversario de" Cantares Gallegos"  que
hai 152 anos que se publicou.
Despois,comimos a tarta. Que rica!
Foi unha maneira moi doce de rematar a festa.

martes, 19 de mayo de 2015

ROMARÍA DE PALABRAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas no cole fixemos unha romaría de palabras.
Pedímoslles ás familias que trouxesen unha palabra en galego e puxémolas no noso corredor.
Ademais, cada clase tiña que escoller unha frase que expresase algo que lle gusta facer en galego.
A dos gatiños foi: GÚSTANOS CANTAR EN GALEGO.

lunes, 18 de mayo de 2015

A NOSA FLOR DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Xosé Figueira Valverde, pintamos unha flor co poema que aprendimos.
ESTE MES DE MAIO
É O MES DAS FLORES
EN QUE OS PAXARIÑOS
NOS MOSTRAN OS SEUS AMORES.

DÍA DA FAMILIA

Para celebrar o Día da familia pintamos o noso nome escrito en chinés.
Para iso, contamos coa colaboración do artista Eduardo Hermida que debuxou as letras chinesas para que nos as pintáramos.
Quedamos abraiados do rápido que o facía.
Moitas grazas Eduardo!


viernes, 15 de mayo de 2015

VÍDEO: EL CINTURÓN DE SEGURIDAD


VÍDEO: EL SEMÁFORO DE PEATONES


PARTICIPAMOS NO PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIAL

O xoves tivemos o curso de educación vial.Veu unha policía que se chamaba Silvia e explicounos as normas de circulación: que hai que cruzar polo paso de peóns ou cando o semáforo está en verde...
Despois puxémonos os chalecos reflectantes da policía e saímos a rúa.
Silvia íanos explicando o significado dos sinais. Cruzamos por pasos de peóns sen semáforo e con él.Silvia tamén nos dixo que os policías mandan máis cós semáforos e para demostrárnolo púxose na estrada e parou o tráfico.
O mellor foi que nós tamén o fixemos.Iso de levantar a man e que os coches parasen , encantounos.
Ao chegar ao cole tos@s queríamos ser policías!
Moitas grazas por todo Silvia.
 

TEATRO DE SOMBRAS

Outra das actividades do proxecto de China foi poder ver a representación do conto a qué sabe a lúa con sombras chinesas.
Fixérono cinco rapazas de prácticas da Universidade.
Moitas grazas !

martes, 12 de mayo de 2015

ACTIVIDADES EN LIÑA SOBRE AS LETRAS GALEGAS

+ APRENDE  E  XOGA

VISITA AO MONTE DE SAN PEDRO

O venres fomos ao Monte de San Pedro dentro do programa ambiental " Vexo, vexo".
Previamente, o xoves, explicáronnos cun conto qué animais podíamos ver e ata fixemos uns monicreques.
Na visita aprendimos moitas cousas.:que o toxo é a planta típica de Galicia e a súa flor amarela chámase chorima, cómo distinguir os parrulos macho e femia pola súa cor...
Ademais dixéronnos que para ser bos exploradores hai que ter os ollos ben abertos e ir moi caladiños para poder ver pegadas de animais ou poder oílos. Puidemos ver os excrementos dos coellos e ata as súas casas.
Tamén nos explicaron que antes alí había unha estación militar e  por iso, hai un canón e unha casa que era onde vivían os militares.
Disfrutamos moito coas vistas, dende alí pódese ver toda Coruña.
Ata nos deron un diploma de bos exploradores!



miércoles, 29 de abril de 2015

CORTO " CUERDAS"

Hoxe gustaríame compartir con todos vós o corto "Cuerdas" feito por un pai dun neno de parálise cerebral.
Espero que vos emocione tanto coma a nós que se nos escapou algunha bágoa.
PRECIOSO!


lunes, 27 de abril de 2015

VISITOUNOS LUANA

O 23 de abril, celebramos o Día do Libro.Neste día , recibimos dous agasallos:Cascarilla entregounos o noso carnet da biblioteca e visitounos Luana.
Luana é unha amiga de Cascarilla que veu contarnos o conto " Y la luna sonrió ".
Quedamos abraiados mirando para ela!
Ademais regalounos unha estrela.
Moitas grazas Luana.Desexamos que volvas outro día.


VIMOS OS VERMES DE SEDA

Dentro do proxecto de China, aprendimos que os chineses foron os primeiros en fabricar roupa de seda.Este material, que está tan valorado ,obtense dos vermes de seda.
Vimos un vídeo da transformación dos vermes en bolboretas, fixemos unha ficha sobre o tema e para rematar vimos os vermes na clase .Tróuxonolos Laura.
Encantounos poder velos,observar cómo se movían e comían as follas.


viernes, 24 de abril de 2015

VIMOS PEZAS DE PORCELANA CHINESA

Laura, a coidadora de Noemí, tróuxonos unhas pezas de auténtica cerámica chinesa.
Eran unhas cuncas preciosas que tiñan debuxos relacionados con China.
O que máis nos chamou a atención foi o pouco que pesaban e iso era debido a súa finura.
Ata podíamos ver a cara dunha nena chinesa no fondo da cunca!
Tamén nos trouxo uns cadros das estacións moi curiosos. Estaban feitos de fíos!.
Moitas grazas Laura.

miércoles, 22 de abril de 2015

RUTAS URBANAS: Mª PITA

O martes fomos a Mª Pita dentro do programa de " Rutas Urbanas".
Alí , puidemos entrar ao Concello e recibimos unha carta do capitán Drake que foi o pirata que atacou á Coruña . Non o conseguiu grazas a nosa heroína María Pita e a todos os coruñeses que loitaron nesa batalla.
Tamén nos contaron a lenda de Hércules e  o xigante Gerión que din  está soterrado debaixo da Torre de Hércules.
E ata tivemos a nosa batalla, iso sí, con bólas de papel.
Foi unha saída moi didáctica e divertida.
Canto sabemos agora da historia da Coruña!

CONCERTO DIDÁCTICO:JAZZ LITTLE BAND

O xoves fomos a un concerto didáctico da " Jazz Little Band ".
O tema do programa era "  Jazz animados " e o que facía era unir a música cos debuxos animados interpretando as bandas sonoras de películas moi coñecidas coma "Os Picapedra" , " Os Aristogatos", "O libro da selva...

jueves, 16 de abril de 2015

OBRADOIRO: XOGAR SEN XOGUETES

O mércores tivemos un taller de consumo sobre cómo xogar sen xoguetes.
O taller serviunos para pensar que moitas veces temos moitos xoguetes pero non sabemos a qué xogar.
Aprendimos, que cunha simple manta ou cun papel, podemos deixar voar a imaxinación e inventar xogos moi divertidos.

lunes, 13 de abril de 2015

DOMINÓ

Outro xogo de orixe chinés é o dominó.
Os gatiños xa sabemos cómo se xoga, así que podedes xogar na casa.Aquí vos deixo un enlace con modelos que podedes imprimir.
ENLACE 

PLANTAMOS CEBOLAS

E para rematar coa nosa labor de labregos, plantamos cebolas e igual que fixemos coas leitugas e cos chícharos botamos o abono e despois a semente.Logo, regámolas e a esperar que medren.

viernes, 10 de abril de 2015

PLANTAMOS CHÍCHAROS

O martes fomos plantar chícharos.Botamos o abono e despois  a semente dos chícharos.
Chamounos moito a atención o feito de que foran de cor rosa.
Se despois son verdes!.

lunes, 30 de marzo de 2015

PASCUA

Para celebrar que xa chegaban as vacacións da Pascua , pintamos un pitiño e metémolo no seu ovo.
Esperamos que nos regalen un de chocolate!.

PLANTAMOS LEITUGAS

O mércores 25 de marzo fomos á horta plantar cebolas.
Primeiro sachamos a terra para removela un pouco.
Despois, hai que facer os regos, botar abono que é a comida da planta e poñer a semente.Despois hai que tapalo e regar.
E a esperar que medren as nosas leitugas.

viernes, 27 de marzo de 2015

XOGOS CON BEBÉS

A XOGAR!

BAÑAMOS AO BEBÉ

Esta semana fixemos unha actividade sobre o bebé que nos gustou moito: bañámolo.
Primeiro fomos comprobar cómo estaba a auga, botamos a quente e despois a fría. Usamos o termómetro e o cóbado para comprobar que a temperatura era a correcta.
Despois, puxemos unha toalla para que o bebé non resbale, botamos un pouquiño de xabrón e bañámolo con moito coidado.
Para rematar secámolo moi amodiño, puxémoslle o pañal e vestímolo.

DOMUS

O mércores 25 fomos á Domus.
Alí puidemos experimentar con moitas cousas: tocamos a barriga dunha mamá , sentimos cómo se movía o bebé e vimos un parto.Tamén había un home moi alto ( medía  2' 73m) e era o máis alto do mundo que nos impresionou moitísimo.Xogamos con máquinas de precisión , coordinación , pintamos nunha pizarra máxica empregando os dedos pero o que máis nos gustou foi poder chutar co balón para poder medir a nosa forza.
Pasámolo moi ben e disfrutamos moito.

miércoles, 25 de marzo de 2015

FOMOS BOTAR UNHA CARTA AO CORREO

O mércores 18 de marzo fomos botar unha carta ao correo.
É  a maneira de aprender que as cartas métense nun sobre, despois ponse o destinatario que é a nosa familia e no remite poñemos o noso nome.
Esperamos que en pouco tempo vos chegue unha sorpresa.

martes, 24 de marzo de 2015

CONTO EN BRAILLE: EL ÁRBOL MÁGICO

A semana pasada, Eva a profe de prácticas dos coelliños, leunos un conto moi especial: El árbol mágico que estaba en braille.
Aprendimos que as persoas cegas como non poden ver , empregan un sistema distinto ao noso basado nuns puntiños e ao tocalo saben de qué letra se trata: É  o sistema braille.
Encantounos o conto e serviunos para darnos conta da sorte que temos de poder ver porque todo nos resulta máis doado.

jueves, 12 de marzo de 2015

BIBLIOTECA DEL CASTRILLÓN

O mércores fomos á biblioteca do Castrillón.
Queríamos saber porqué rapan ás ovellas.A ovella Tecelá mandounos unha carta na que dicía que estaba moi preocupada porque non sabía o qué lle ían facer e nós quixemos axudala.
Na biblioteca explicáronnos que hai contos e libros informativos nos que aparecen as auténticas ovellas.
Neses libros aparece a razón para rapar as ovellas:facer despois abrigos, luvas, xerseis coa súa la.
Canto aprendemos das ovellas!
Despos fixémonos unha foto coa nosa amiga a ovella.


lunes, 9 de marzo de 2015

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe na clase dos gatiños falamos do que se celebrou onte 8 de marzo.
Ese día celébrase o Día da Muller Traballadora.Explicáronnos que hai mulleres que fixeron cousas moi importantes e que loitaron pola igualdade de homes e mulleres.
Tamén vimos o conto de "Rosa Caramelo" que é un conto que fala da igualdade.
  
Tamén vimos un precioso vídeo de Luar na Lubre que é unha homenaxe ás  mulleres traballadoras.          
                            

                                                   

viernes, 6 de marzo de 2015

OBRADOIRO DE CONSUMO:AS CATRO ESTACIÓNS

O xoves 5 de febreiro tivemos un obradoiro de consumo relacionado coas catro estacións.
Foi moi divertido e xogamos coas prendas que son distintas en cada época do ano.
Despois vimos un conto no que os personaxes vestían con roupa de época eno que estaban as meninas.
Démonos conta de que en cada país teñen unha vestimenta típica e dixémoslle á monitora que os chineses non vestían coma nós.

martes, 24 de febrero de 2015

ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

Durante esta semana estamos a traballar o poema de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes", para conmemorar desta forma o  aniversario do seu nacemento.
Aquí vos deixo a versión que estamos escoitando.

CELEBRACIÓN DO ANO NOVO CHINÉS

Para celebrar o ano novo chinés, vimos vestid@s de vermello que é a cor da felicidade e da boa sorte.Levamos a cabo unha das súas tradicións que consiste na entrega aos nen@s dun sobre vermello con diñeiro.Quedamos abraiados pero démonos conta de que o billete era falso.
Tamén comentamos outros rituais coma o de limpar a casa para desfacerse de toda a enerxía negativa acumulada durante o ano pasado.
Despois , coma en toda festa bailamos e cantamos.
BENVIDO O ANO DA CABRA!

jueves, 19 de febrero de 2015

ANO NOVO CHINÉS

O 19 de febreiro comeza o ano novo chinés.Este ano é o ano da cabra que non gusta moito aos chineses porque o consideran un signo dócil.
Os seus preferidos son o tigre , o cabalo e o dragón.
Aquí vos deixo un enlace para saber máis cousas do zodíaco chinés.
ENLACE

ENTROIDO

No entroido fomos de chineses e chinesas.
Estabamos moi guap@s maquillados e vestidos cos nosos traxes.
Foi unha mágoa que o tempo non nos acompañou e non puidemos facer o desfile.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.

viernes, 13 de febrero de 2015

POSTAL DE SAN VALENTÍN

Para felicitar as nosas familias polo San Valentín fixemos unha postal .
Puxemos moito empeño para que nos quedaran moi bonitas.

CONTO "LOS AMANTES MARIPOSA"

Para celebrar o San Valentín vimos o conto "Los amantes mariposa" que é unha lenda oriental sobre unha parella de namorados.
É un conto precioso tanto polo seu argumento como polas súas ilustracións  e  música.
                                  

martes, 10 de febrero de 2015

MAC

O xoves 5 de febreiro fomos ao MAC.Alí puidemos ver cousas impresionantes: cómo coa luz ultravioleta vemos obxectos  e brillan na escuridade coma por exemplo un tatuaxe que nos fixeron.
Tamén vimos que algúns artistas fan obras de arte moi variadas:unha escultura dunha proteína e de virus vistos cun microscopio, cadros feitos con fíos,etc.
Despois, fixemos puzles máxicos que só se ven cando lle poñemos a luz ultravioleta e debuxamos o noso propio virus. 
Para rematar vimos unha dramatización de cómo acabar cos virus que nos encantou.
Pasámolo xenial e aprendimos moitísimas cousas.

lunes, 9 de febrero de 2015

CELEBRACIÓN DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz tiñamos que facer un papaventos    cunha frase relacionada con ese día tan bonito.
O lema dos gatiños foi " Somos distintos pero iguais" porque xa sabemos que no mundo hai distintas razas e culturas pero todos temos os mesmos dereitos.
O venres por fin puidemos saír a festexar este día.
Cada clase foi lendo o seu lema e Hugo foi o representante dos gatiños.
Despois unhas nenas de 3º viñeron bailar unha danza chinesa.
Fixérono xenial!
 E así rematou a celebración do Día da Paz.

FIXEMOS UN VIRAVENTOS DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, fixemos coa profe Angélica e coa profe Chus un viraventos cun debuxo noso no que puxemos unha pombiña.
 

viernes, 6 de febrero de 2015

AGASALLO DA FAMILIA DE HUGO

O mércores 4 de febreiro con motivo do cumpreanos de Hugo , a súa familia fíxonos un agasallo que nos encantou: o papá de Hugo leunos un dos seus contos preferidos "Peligro" que nos ensina  por medio dun lobo moi curioso, qué cousas non debemos facer os nenos(xogar co lume, coa electricidade...).
Foi sen dúbida un conto moi divertido pero tamén didáctico.
Ademais tamén nos trouxeron un biscoito que estaba riquísimo.
Moitas grazas á familia de Hugo.

martes, 3 de febrero de 2015

miércoles, 28 de enero de 2015

TALLER SOBRE O BEBÉ:ASOCIACIÓN EL PARTO ES NUESTRO

Relacionado co proxecto sobre o bebé, tivemos un taller.Levouno a cabo Laura , a coidadora de Noemí que pertence á asociación "El parto es nuestro".
Vimos un conto, explicounos cómo é todo o proceso para ter o bebé e ata fixemos unha dramatización do momento de dar a luz:uns fixemos de papás , outros de mamás e os terceiros de matronas.Ata había unha boneca á que lle había que cortar o cordón umbilical!
Foi moi didáctico pero tamén moi divertido!.

viernes, 23 de enero de 2015

SEDA

Outro invento chino foi a seda que destaca pola súa finura e deseño.
Para saber máis cousas , podedes consultar este enlace.
ENLACE

CERÁMICA E PORCELANA

 Un dos grandes inventos da antiga China foi a cerámica e a porcelana que gozan de fama mundial.Déixovos un enlace para saber máis cousas.
ENLACE

VÍDEO: EN EL VIENTRE MATERNO

Unha das primeiras actividades do proxecto do bebé consistiu no visionado do vídeo: En el vientre materno.
Aprendimos moitas cousas sobre o embrión, o feto , o cordón umbilical...

jueves, 22 de enero de 2015

EDUCACION VIAL

Hoxe tiñamos previsto ter un taller de educación vial pero como  o tempo non o permitiu, terémolo máis adiante.
Aquí vos deixo un enlace no que podemos  ir aprendendo algunhas cousas.
ENLACE DE EDUCACIÓN VIAL

jueves, 8 de enero de 2015

AGASALLOS DOS REIS AOS GATIÑOS.

Como fomos moi bos,os Reis Magos acodáronse dos gatiños  e deixáronnos uns agasallos no cole:un crebacabezas de bloques, outro de Dora , varios bonecos  e unha cámara de fotos moi simpática para Noemí.
Que alegría levamos!